Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 8917

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 11 de febreiro de 2015 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro autorizado de ensinanzas deportivas Escune, de Ourense.

O representante da titularidade do centro autorizado de ensinanzas deportivas Escune, de Ourense, solicita autorización para impartir as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Fútbol e Fútbol Sala, reguladas no Decreto 353/2003, do 11 de setembro, no Decreto 372/2003, do 16 de setembro, no Decreto 356/2003, do 11 de setembro e no Decreto 374/2003, do 16 de setembro.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas cales se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos cos que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a apertura e funcionamento do centro autorizado de ensinanzas deportivas Escune, que queda configurado como se sinala a continuación:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas deportivas.

Denominación específica: Escune.

Código do centro: 32020872.

Titular: Escune Formación, S.L.

Domicilio: praza de Don Bosco, 1.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Ensinanzas que se autorizan:

Grao medio:

– As conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Fútbol.

– As conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Fútbol Sala.

Grao superior:

– As conducentes á obtención do título de técnico deportivo superior en Fútbol.

– As conducentes á obtención do título de técnico deportivo superior en Fútbol Sala.

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria