Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11036

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 11 de marzo de 2015 pola que se convocan os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición adicional décimo segunda, punto 1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, establecen que o sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición convocado polas respectivas administracións educativas.

O título III do citado Real decreto 276/2007, regula o sistema de ingreso. O capítulo III do título IV regula o acceso ao corpo de inspectores de educación e o título V o procedemento de adquisición de novas especialidades.

Aprobada polo Decreto 35/2015, do 5 de marzo (DOG do 10 de marzo), a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, esta consellería acorda anunciar as seguintes convocatorias e as correspondentes bases:

– Convocatoria do procedemento selectivo para acceso ao corpo de inspectores de educación.

– Convocatoria de procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres.

– Convocatoria do procedemento para a adquisición de novas especialidades no corpo de mestres.

Índice

Acto de presentación: 8.6

Acreditación do coñecemento do castelán: 6.1

Acreditación do coñecemento do galego: 7.1

Adaptación de tempo e medios: 5.11

Admisión de aspirantes: 4

Adquisición doutra especialidade: 20

Aprazamento da fase de prácticas: 16.4

Citación dos aspirantes: 8.3

Comezo do procedemento selectivo: 8.1

Concurso, fase de: 9.3

Acceso á fase de concurso: 12

Puntuación provisional: 9.3.2

Prazo de reclamación contra a puntuación provisional: 9.3.2

Puntuación definitiva: 9.3.3.

Recurso contra a puntuación definitiva: 9.3.4

Criterios de distribución do persoal aspirante entre os tribunais: 1.4

Cualificación da fase de oposición: 11.7

Cualificación do tribunal: 11.8

Dereitos de exame: 3.8

Documentación acreditativa: 3.2

Exclusión dos aspirantes: 8.5

Exención da realización da fase de prácticas: 16.5 e 16.6

Identificación dos aspirantes: 8.4

Indemnizacións por razón do servizo: 5.9

Listas de aprobados: 14.7

– Listas de interinos:

Titulacións: 21

Lista provisoria de persoal admitido e excluído: 4.1

Lista definitiva de persoal admitido e excluído: 4.3

Nomeamento de persoal funcionario de carreira: 19

Nomeamento de persoal funcionario en prácticas: 16

Normativa aplicable: 1.2

Obriga de participación: 3.3

Oposición corpo de inspectores: 10

Oposición corpo de mestres: 11

Primeira proba: 11.3

Segunda proba: 11.4 e 11.5

Orde de actuación: 8.2

Pagamento dos dereitos de exame: 3.9

Prácticas, fase de: 17 e 18

Prazas: 1.1

Asignación aos tribunais: 1.5

Prazas convocadas: 1.1

Prazas de reserva, forma de cubrir: 13

Prazo en que se deben reunir os requisitos: 2.4

Presentación de documentos: 15

Presentación de méritos ante o tribunal: 9.3.1

• Probas:

– Comezo: 8.1

– De coñecemento do castelán: 6.2

– Lugares de realización para o corpo de mestres. 1.3

Probas nos idiomas modernos: 11.1

• Quenda:

imposibilidade de concorrer a máis dunha: 2.5

Reclamación contra a lista provisoria de admitidos e excluídos: 4.2

Reclamación contra a puntuación provisional da fase de concurso: 9.3.2

Recurso contra a lista definitiva de persoal admitido e excluído: 4.4

Recurso contra a puntuación definitiva da fase de concurso: 9.3.4

Reintegro dos dereitos de exame: 4.5

• Requisitos específicos :

Para o corpo de inspectores de educación: 2.2.1

Para o corpo de mestres: 2.2.2

Requisitos específicos na quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacitado: 2.3

Requisitos xerais: 2.1

Solicitudes: 3.1

Cursadas no estranxeiro: 3.6

Instrucións para cubrir a solicitude: 3.4

Lugar de presentación das solicitudes: 3.5

Prazo de presentación de solicitudes: 3.7

Superación do procedemento selectivo: 14

Temarios: 9.2

Tribunais:

Abstención e recusación: 5.7

Categoría: 5.8

Composición: 5.3

Constitución: 5.6

Funcións: 5.10

Nomeamento: 5.2

Sorteo: 5.5

Tribunais suplentes: 5.4

Tribunal de valoración da proba de coñecemento do castelán: 6.3

Tribunal de valoración da proba de coñecemento do galego: 7.3

Valoración da proba de coñecemento do castelán: 6.4

Valoración da proba do coñecemento do galego: 7.4

Título I

Procedementos de ingreso e acceso

Base primeira. Normas xerais

1.1. Prazas convocadas.

Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir 446 prazas, 14 para o corpo de inspectores de educación e 432 para o corpo de mestres, situadas no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, coa desagregación por corpos, especialidades e quendas que a seguir se indican:

Corpo: inspectores de educación.

Reserva de discapacitados

Libre

Total

1

13

14

Corpo: mestres.

Código/especialidade

Reserva discapacitados

Libre

Total

031

Educación Infantil

12

163

175

032

Lingua estranxeira: Inglés

3

47

50

034

Educación Física

3

32

35

035

Música

3

34

37

036

Pedagoxía Terapéutica

3

47

50

037

Audición e Linguaxe

4

51

55

038

Educación Primaria

2

28

30

Total

30

402

432

1.2. Normativa aplicable.

A estes procedementos selectivos seranlle de aplicación: a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, de mellora da calidade educativa; a Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; a Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea; o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, acceso e adquisición doutras especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei; o Decreto 35/2015, do 5 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, modificado polas leis 2/2009, do 23 de xuño, 15/2010, do 28 de decembro, 1/2012, do 29 de febreiro, e a Lei 26/2011, do 1 de agosto, de adaptación da normativa á Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade e demais disposicións de aplicación xeral, así como o disposto nesta convocatoria.

1.3. Lugares de realización das probas para o corpo de mestres.

As probas selectivas que se convocan terán lugar na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, sen prexuízo de que non se realicen probas dalgunha especialidade nalgunha das localidades citadas, en función do número de solicitantes. Na resolución pola cal se nomeen os tribunais sinalarase a localidade ou localidades en que se deberán realizar as probas.

O feito de matricularse nunha provincia determinada e superar o proceso selectivo non lle atribúe ao persoal aspirante un dereito a ser destinado nela, senón que, unha vez ingresado e chamado a exercer, a Administración educativa poderao destinar, dentro da Comunidade Autónoma, a calquera provincia, de acordo co procedemento de adxudicación de destinos de carácter provisional e as normas que regulan o concurso de traslados.

1.4. Criterios de distribución do persoal aspirante aos tribunais.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizará a distribución do persoal aspirante de cada especialidade, cando sexa o caso, en proporción ao número de tribunais, respectando, no caso de mestres e sempre que sexa posible, a localidade que o citado persoal consigne na súa solicitude de participación.

Cando non sexa posible a localidade solicitada serán asignados a outra localidade os aspirantes cuxo primeiro apelido se inicie pola letra «S» e de ser necesario polas letras inmediatamente seguintes.

O persoal aspirante pola quenda de reserva de discapacidade e polo procedemento de adquisición doutra especialidade será asignado ao tribunal número 1 da especialidade, cando sexa o caso, correspondente.

1.5. Asignación de prazas aos tribunais.

Nas especialidades en que se nomee máis dun tribunal, ou no corpo de inspectores de educación, se é o caso, as prazas serán atribuídas a cada tribunal por resolución do director xeral de Centros e Recursos Humanos en proporción ao número de aspirantes da quenda libre que acudiron ao acto de presentación establecido na base 8.6 da presente orde e, se é o caso, aspirantes da quenda de reserva de discapacitados que superaron a fase de oposición e non entraron na lista de aprobados do concurso-oposición por esta quenda. Do mesmo xeito distribuiranse as prazas que, se é o caso, queden vacantes da quenda de reserva de discapacitados. De existir empate no resto dos cocientes a adxudicación das prazas iniciaraa o tribunal que resulte do sorteo que realizará a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e, se for necesario, os seguintes.

Base segunda. Requisitos que debe reunir o persoal aspirante

Para ser admitido aos procesos selectivos convocados nesta orde, o persoal aspirante deberá reunir os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos xerais.

a) Ser español ou ter a nacionalidade doutro país membro da Unión Europea ou de calquera outro dos Estados aos cales, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.

Tamén poderán participar o cónxuxe, os descendentes e os descendentes do cónxuxe, tanto dos cidadáns españois como dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea ou de Estados en que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados polo Estado español, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores cando así o prevexa o correspondente tratado, sexa cal sexa a súa nacionalidade, sempre que os cónxuxes non estean separados de dereito e, con respecto aos descendentes, sexan menores de vinte e un anos ou maiores desta idade pero vivan a cargo dos seus proxenitores.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación.

c) Estar en posesión das titulacións que se especifican nesta base. No caso de que as ditas titulacións se obtivesen no estranxeiro, deberá terse concedida a correspondente credencial de homologación, segundo o Real decreto 967/2014, do 21 de novembro (BOE núm. 283, do 22 de novembro), e o Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE do Consello, do 20 de novembro, relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos da profesión de avogado (BOE do 20 de novembro).

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes ao corpo e especialidade a que se opta.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.

Os aspirantes a que se refire a alínea a) desta base, cunha nacionalidade que non sexa a española, deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

f) Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento do mesmo corpo a que se aspira a ingresar, agás que se concorra ao procedemento para a adquisición de nova especialidade a cal se refire o título II desta orde, no que o persoal funcionario de carreira poderá participar.

g) Acreditar o coñecemento do galego.

h) Acreditar, se é o caso, o coñecemento do castelán.

2.2. Requisitos específicos para participar polo procedemento de acceso e ingreso libre.

Para participar polo procedemento de acceso e ingreso libre, o persoal aspirante deberá reunir:

2.2.1. Para o corpo de inspectores de educación.

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dalgún dos seguintes corpos: catedráticos de ensino secundario; catedráticos de escolas oficiais de idiomas; catedráticos de artes plásticas e deseño; catedráticos de música e artes escénicas; profesores de ensino secundario; profesores técnicos de formación profesional; profesores de escolas oficiais de idiomas; profesores de artes plásticas e deseño; mestres de taller de artes plásticas e deseño; profesores de música e artes escénicas e mestres.

b) Estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou grao correspondente ou título equivalente.

c) Acreditar unha antigüidade mínima de seis anos, como funcionaria ou funcionario nalgún dos corpos que integran a función pública docente e unha experiencia docente de igual duración.

2.2.2. Para o corpo de mestres.

Estar en posesión ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición dalgún dos seguintes títulos:

– Título de mestre ou o título de grao correspondente.

– Título de profesor de educación xeral básica.

– Título de mestre de ensino primario.

2.3. Requisitos específicos para participar pola quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacitado.

2.3.1. De conformidade co establecido na disposición adicional sétima do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e o Decreto 35/2015, do 5 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes, resérvase o 7 % das prazas a que poderán concorrer as persoas que teñan a condición legal de discapacitado, sempre que reúnan as condicións xerais establecidas nesta convocatoria e, no seu momento, acrediten un grao de diminución de, polo menos, o 33 % e a compatibilidade entre a diminución e o desenvolvemento das tarefas e funcións docentes propias do corpo a que accedan, na correspondente especialidade, mediante certificación dos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, doutras comunidades autónomas ou, se é o caso, da Administración central do Estado.

2.3.2. Os procedementos selectivos realizaranse en condicións de igualdade cos aspirantes de libre acceso, sen prexuízo das adaptacións previstas no punto 11 da base 5 desta convocatoria.

2.3.3. Se na realización das probas se lle presentan dúbidas ao tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal funcionario do corpo ou escala a que se opta, poderá pedir o correspondente ditame do órgano competente conforme o previsto no punto 2.3.1 desta base.

O persoal aspirante que concorra por esta reserva non se poderá presentar á mesma especialidade pola quenda libre; só poderá participar nunha única especialidade por este procedemento.

2.4. Prazo en que se deben reunir os requisitos.

Todas as condicións e requisitos relacionados nesta base deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

2.5. Imposibilidade de concorrer a máis dunha quenda.

Ningún aspirante poderá presentarse, dentro desta convocatoria ou outras dentro da mesma oferta de emprego, a prazas dun mesmo corpo e especialidade correspondentes a distintas quendas de ingreso ou acceso entre corpos de funcionarios docentes.

Base terceira. Solicitudes e pagamento dos dereito

3.1. Solicitudes.

A solicitude deberá efectuarse pola internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no seguinte enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions e debe imprimirse a instancia que se presentará, xunto coa documentación acreditativa, nalgún dos lugares previsto no punto 3.5 desta convocatoria.

Na instancia consignaranse os códigos do corpo e, no caso de mestres, as disciplinas que figuran nas bases desta convocatoria.

Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización da proba de máis dunha especialidade.

3.2. Documentación acreditativa.

a) Fotocopia do documento nacional de identidade, agás o persoal aspirante que autorice na instancia a consulta de datos do servizo de verificación de identidade.

b) Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso no correspondente corpo ou certificación académica que acredite que realizou todos os estudos para a obtención do título, xunto coa fotocopia compulsada do recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de mestre.

Persoal aspirante que non teña a nacionalidade española.

O persoal aspirante incluído no primeiro parágrafo do punto 2.1.a) que resida en España, deberá presentar unha fotocopia do documento de identidade ou pasaporte e da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario ou, se é o caso, de tarxeta temporal de residente comunitario ou de persoal traballador comunitario fronteirizo, en vigor.

O persoal aspirante incluído no segundo parágrafo do punto 2.1.a) deberá presentar unha fotocopia do pasaporte ou do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a tarxeta ou a exención do visado e da dita tarxeta. No caso contrario, deberá presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración xurada ou promesa da persoa coa cal existe este vínculo, de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, de que o persoal aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

3.3. Obriga de participación.

De conformidade co previsto no punto décimo segundo da Resolución do 31 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto, o persoal interino ou substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia estará obrigado a participar no procedemento selectivo para ingreso nalgún corpo da función pública docente que se convoque neste ano por calquera das especialidades ofertadas, agás que non se convoquen prazas de ningunha da ou das súas especialidades nesta convocatoria. No suposto de que o dito persoal se presente a procedementos selectivos convocados por outras administracións educativas, deberá remitir á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos certificación de ter realizado a proba ou probas, con anterioridade ao 20 de xullo de 2015.

De non participar no procedemento selectivo decaerá dos seus dereitos unicamente na lista da especialidade convocada.

3.4. Instrucións para cubrir a solicitude.

3.4.1. O persoal aspirante deberá especificar cun X o corpo e a quenda pola cal participa, así como o nome e, se é o caso, o código da especialidade.

O persoal aspirante que alegue estar exento de realizar a proba de coñecemento de lingua galega, presentará o correspondente documento xustificativo debidamente cotexado.

Así mesmo, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española e, de conformidade co disposto no punto 6.1.1 desta orde, estea exento da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán, deberá achegar para tal efecto o diploma superior do español como lingua estranxeira ou certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas ou título de licenciado en Filoloxía Hispánica ou Románica, ou certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no corpo.

3.4.2. As persoas con discapacidade deberán indicar, no escrito que presenten coa solicitude, a discapacidade que padecen e solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios para realizar os exercicios nos casos en que estas adaptacións sexan necesarias.

3.5. Lugar de presentación das solicitudes.

As instancias dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e poderán ser presentadas:

a) No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

c) En calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo coas condicións establecidas no citado precepto. No caso de que se opte por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

O requirimento establecido para emendar defectos, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, efectuarase mediante a resolución provisional pola que se publica a relación de persoal aspirante admitido e excluído para participar no procedemento selectivo.

3.6. Solicitudes cursadas no estranxeiro.

As solicitudes subscritas polas persoas que residan no estranxeiro deberán cursarse no prazo sinalado no punto seguinte a través das representacións diplomáticas ou oficinas consulares españolas, que as remitirán seguidamente á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. O pagamento dos dereitos de exame realizarase de acordo co establecido no punto 3.8 desta convocatoria.

3.7. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.8. Importe e pagamento dos dereitos de exame.

Os dereitos de exame serán os seguintes:

– Corpo:

Inspectores de educación: 40,74 euros.

Mestres: 35,08 euros.

Estarán exentos do pagamento dos dereitos de exame, logo de xustificación documental:

a) Persoas con minusvalidez igual ou superior ao 33 %.

b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicaráselle unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada por:

Persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

Persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria de probas selectivas na cal solicite a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

O importe dos dereitos de exame e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes faranse utilizando o impreso de autoliquidación sinalado no anexo VI da presente convocatoria. O dito impreso débese cubrir cos códigos que figuran no referido anexo.

A non presentación deste anexo, dentro de prazo, en que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.

Tamén poderá efectuarse o pagamento de forma electrónica accedendo á Oficina Virtual Tributaria a través da seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es

Neste caso é obrigatorio enviar o xustificante que se imprime ao efectuar o pagamento.

Base cuarta. Admisión de aspirantes

4.1. Lista provisoria de persoal admitido e excluído.

Transcorrido o prazo de presentación de instancias, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos fará pública no Diario Oficial de Galicia a lista provisoria de admitidos e excluídos, por corpos, reserva e, no caso de mestres, especialidades. Nesta lista aparecerán, cando menos, apelidos, nome e número de documento nacional de identidade dos aspirantes, e se están exentos ou non da realización da proba de coñecementos de lingua galega e de lingua castelá. No caso dos aspirantes excluídos, especificarase a causa de exclusión.

4.2. Reclamación contra a lista provisoria.

Contra a lista provisoria, o persoal interesado poderá interpoñer, no prazo máximo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, as reclamacións que coiden oportunas, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

4.3. Lista definitiva do persoal admitido e excluído.

As reclamacións presentadas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos, que igualmente se publicará no Diario Oficial de Galicia, así como no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es/.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lle recoñeza ao persoal interesado a posesión dos requisitos exixidos nos procedementos que se convocan mediante esta orde. Cando, da documentación que debe presentarse no caso de seren aprobados, se desprenda que non posúe algún dos requisitos, o persoal interesado decaerá de todos os dereitos que poidan derivar da súa participación nestes procedementos.

4.4. Recurso contra a lista definitiva.

Contra a resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos o persoal interesado poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 115 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

4.5. Reintegro dos dereitos de exame.

Os dereitos de exame seranlles reintegrados, por petición do persoal interesado, ao persoal aspirante que sexa excluído definitivamente da realización dos procedementos selectivos, por falta dalgún dos requisitos para tomar parte nas devanditas probas.

Base quinta. Órganos de selección

5.1. Tribunais.

A selección do persoal aspirante será realizada polos tribunais nomeados para o efecto, sen prexuízo do previsto nos puntos 6.3 e 7.3 desta orde respecto aos tribunais de valoración das probas previas de coñecemento do castelán e da lingua galega.

5.2. Nomeamento.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procederá ao nomeamento dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo , e fará pública a súa composición no Diario Oficial de Galicia.

Poderanse nomear todos os tribunais que se xulguen necesarios.

5.3. Composición dos tribunais.

Os tribunais estarán constituídos, de acordo co disposto no artigo 7 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, por funcionarios de carreira en activo dos corpos docentes correspondentes ou dos corpos de inspectores de Educación ou de inspectores ao servizo da Administración educativa que se vai extinguir.

Na súa designación velarase polo cumprimento do principio de especialidade, polo que, cando sexa posible, a maioría dos seus membros deberán ser titulares da especialidade obxecto do proceso selectivo e tenderase á paridade entre profesoras e profesores. Non obstante, cando a porcentaxe de mulleres sexa superior á de homes manterase esa porcentaxe na composición dos tribunais.

En todo caso, os membros dos tribunais pertencerán a corpos de igual ou superior grupo ao do corpo ao cal optan os aspirantes.

Con carácter xeral, os tribunais estarán compostos por:

Prazas do corpo de inspectores de educación.

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entre persoal funcionario de carreira do corpo de inspectores de educación ou do corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa.

– Catro vogais, designados por sorteo público mediante aplicación informática entre los funcionarios y funcionarias de carreira dos corpos de inspectores de educación ou do corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa en situación de servizo activo.

Prazas do corpo de mestres.

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Catro vogais, designados por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira do corpo e especialidade correspondente, e que estean impartindo esta.

Se con posterioridade se ten que substituír algunha persoa titular ou suplente do tribunal, o titular será substituído polo correspondente suplente ou, no seu defecto, pola persoa que o siga segundo a orde en que figuren na disposición que os nomeou. Se non pode actuar o suplente número catro pasaríase ao suplente número 1.

De non poder actuar tampouco os suplentes, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos designará a seguinte persoa segundo a relación alfabética da especialidade ou, no caso de inspectores, dos corpos de inspectores de educación ou inspectores ao servizo da Administración educativa, empezando pola letra «A» que fai mención no número 2.b da base oitava desta convocatoria.

Quedarán exentos da participación no sorteo aqueles mestres que presten servizos na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas xefaturas territoriais.

5.4. Tribunais suplentes.

Para cada tribunal designarase polo mesmo procedemento un tribunal suplente.

5.5. Sorteo público.

O sorteo público terá lugar o día 7 de maio de 2015, ás nove horas, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sita en Santiago de Compostela, San Caetano, s/n.

5.6. Constitución dos tribunais.

5.6.1. Logo da convocatoria do presidente ou presidenta constituiranse os tribunais no prazo máximo de quince días desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e será precisa a asistencia do presidente ou presidenta titular ou, se é o caso, do ou da suplente, e de, polo menos, tres vogais, titulares ou suplentes.

Na citada sesión acordarán todas as decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento dos procedementos selectivos.

Actuará como secretario ou secretaria o ou a vogal con menor antigüidade no corpo, agás que o tribunal acorde determinalo doutra maneira.

5.6.2. Salvo que concorran circunstancias excepcionais, que serán apreciadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, unha vez constituídos os tribunais só poderán actuar os membros presentes no acto de constitución e abondará coa asistencia de tres deles para a validez das sesións. Non obstante, se chegado o momento da actuación dos tribunais, estes non poden actuar polo menos con tres membros, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará as medidas oportunas necesarias co fin de garantir o dereito dos aspirantes á participación no proceso selectivo.

5.6.3. A suplencia do presidente ou presidenta será autorizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, segundo corresponda; a dos vogais, polo presidente ou presidenta que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no vogal suplente respectivo ou, no seu defecto, nos que o sigan, segundo a orde en que figuren na disposición que os nomeou.

5.6.4. A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro. Sen prexuízo do anterior, as presidencias dos tribunais concederán a suplencia, ademais de nos supostos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, a aquelas persoas que a soliciten e que actuasen como membros dun tribunal de oposicións durante o ano 2011 ou seguintes ou sexan directores ou directoras dun centro ou as que teñan permiso sindical a tempo total.

5.7. Abstención e recusación dos tribunais.

Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se dan as circunstancias sinaladas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 8.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de aspirantes aos procedementos selectivos para o mesmo corpo e especialidade, nos cinco anos anteriores a esta publicación.

Así mesmo, o persoal aspirante poderá recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

5.8. Categoría dos tribunais e comisións de avaliación da fase de prácticas.

Para os efectos previstos no artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), estes tribunais considéranse incluídos na categoría primeira.

5.9. Indemnizacións por razón do servizo.

Os tribunais terán dereito ás indemnizacións por razón do servizo previstas na normativa vixente.

5.10. Funcións dos tribunais.

Os tribunais, con plena autonomía funcional, serán responsables da obxectividade do procedemento e garantirán o cumprimento das bases da convocatoria.

Correspóndelles aos tribunais:

a) A elaboración dos exercicios a que se refiren as bases décima e décimo primeira.

b) A determinación dos criterios de actuación.

c) A determinación e publicidade dos criterios de avaliación, antes do inicio da primeira parte da proba ou da primeira parte da primeira proba.

d) A valoración dos méritos da fase de concurso.

e) A cualificación das distintas probas da fase de oposición.

f) A agregación das puntuacións da fase de concurso ás adxudicadas na fase de oposición, a ordenación dos aspirantes e a elaboración das listas dos aspirantes que superen ambas as dúas fases.

g) A declaración dos aspirantes que superaron as fases de concurso e oposición e resulten seleccionados, a publicación das listas correspondentes a eles, así como a súa elevación á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

h) A conformación do expediente administrativo cubrindo os modelos que lles sexan facilitados pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Deberán facer uso das aplicacións informáticas que se poñan á súa disposición, mantendo actualizados os datos para asegurar o desenvolvemento do procedemento.

A actuación dos tribunais axustarase en todo o proceso ao disposto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.11. Adaptación de tempo e medios.

Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas necesarias para que os aspirantes con discapacidade gocen de similares oportunidades para a realización das probas que o resto dos participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización, conforme as instrucións dadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunicará a cada persoa interesada a adaptación ou adaptacións autorizadas.

Base sexta. Proba de acreditación de coñecemento do castelán para persoas que non posúan a nacionalidade española

6.1. Acreditación do coñecemento do castelán.

6.1.1. De conformidade co previsto no artigo 16 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, as persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español, deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a presentación dalgún dos títulos ou certificados seguintes:

– Diploma superior de español como lingua estranxeira.

– Certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas.

– Título de licenciatura en Filoloxía Hispánica ou Románica.

– Certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no corpo.

6.1.2. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do castelán da forma prevista no punto anterior deberán acreditalo mediante a realización dunha proba, na cal se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión escrita desta lingua. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria establecerá a data en que se realizará a dita proba.

6.2. O contido da proba de acreditación do coñecemento do castelán axustarase ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE) (BOE do 8 de novembro).

6.3. Tribunal de valoración.

A valoración da proba realizaraa un tribunal designado por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos composto por un presidente ou presidenta e catro vogais, pertencentes ao corpo de catedráticos ou profesores de ensino secundario, especialidade lingua castelá e literatura. Os catro vogais serán designados mediante sorteo público. Da mesma forma designarase un tribunal suplente.

6.4. Valoración da proba.

O tribunal valorará esta proba de «apto» ou «non apto». Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas cualificadas como «non aptas».

Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante no taboleiro de anuncios do centro en que actuase e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.

Base sétima. Acreditación do coñecemento do galego

7.1. A acreditación do coñecemento da lingua galega realizarase coa presentación do certificado de coñecemento da lingua galega (Celga 4), ou da súa validación, do curso de perfeccionamento en lingua galega ou a súa validación, feita polo órgano competente, o título de licenciado en filoloxía galego-portuguesa ou certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.

7.2. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego da forma prevista no punto anterior deberán acreditalo mediante a realización dunha proba.

Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, na data que fixe a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo III e nunha tradución do castelán para o galego.

7.3. Tribunais de valoración.

A valoración da proba realizaraa o tribunal designado por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, composto por un presidente ou presidenta, designado directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e catro vogais, designados por sorteo público, pertencentes ao corpo de catedráticos ou de profesores de ensino secundario, especialidade Lingua e Literatura Galegas. Da mesma maneira designarase un tribunal suplente.

7.4. Valoración da proba.

Os tribunais valorarán esta proba de «apto» e «non apto». Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas cualificadas como «non aptas».

Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante no taboleiro de anuncios do centro en que actuasen e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.

Base oitava. Comezo e desenvolvemento do procedemento selectivo

8.1. Comezo.

O procedemento selectivo dará comezo a partir do 19 de xuño de 2015.

8.2. Orde de actuación.

A actuación dos aspirantes, cando non sexa simultánea, será realizada pola seguinte orde:

a) Se é o caso, os aspirantes que concorran polo procedemento de adquisición doutra especialidade, pola orde que se establece na letra seguinte.

b) A orde de actuación dos restantes aspirantes iniciarase alfabeticamente por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra «S», conforme o sorteo feito pola Consellería de Facenda no ano 2015, e publicado no Diario Oficial de Galicia do 11 de febreiro. Os tribunais que non conten con aspirantes cuxo apelido empece pola letra indicada, iniciarán a orde de actuación coa letra ou letras seguintes.

8.3. Citación dos aspirantes.

8.3.1. O persoal aspirante será convocado, a través do Diario Oficial de Galicia, para a realización da proba, de ser o caso, da acreditación do coñecemento do castelán, da proba de coñecementos da lingua galega, do acto de presentación e a primeira parte da proba prevista na base novena desta convocatoria, con dez días naturais de antelación, como mínimo, indicando a data, a hora e o lugar en que se realizarán estes actos.

8.3.2. O persoal aspirante será convocado para cada parte de cada proba en único chamamento e serán excluídos do proceso selectivo os que non comparezan, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

8.3.3. Unha vez comezado o procedemento selectivo non será obrigatoria a publicación dos sucesivos chamamentos aos aspirantes no Diario Oficial de Galicia. Estes anuncios deberán facelos públicos os tribunais nos locais en que se realicen as probas e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions, con 24 horas, como mínimo, de antelación.

8.4. Identificación dos aspirantes.

O tribunal poderá requirir en calquera momento aos aspirantes para que acrediten a súa identidade.

8.5. Exclusión dos aspirantes.

Se en calquera momento do proceso selectivo os tribunais teñen coñecemento de que algún dos aspirantes non posúe algún dos requisitos exixidos por esta convocatoria, logo de audiencia á persoa interesada, deberán propoñer a súa exclusión ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, comunicándolle, así mesmo, as inexactitudes ou falsidades formuladas pola persoa aspirante na solicitude de admisión ás probas selectivas, para os efectos que procedan.

Así mesmo, os tribunais teñen a facultade de poder excluír do procedemento selectivo aquela persoa aspirante que leve a cabo calquera actuación de tipo fraudulento durante a realización dos exercicios.

Contra a exclusión, a persoa aspirante poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

8.6. Acto de presentación.

Na data, a hora e o lugar que se estableza, conforme o previsto no punto 8.3.1, celebrarase o acto de presentación de asistencia obrigatoria para todas as persoas aspirantes dos procedementos selectivos. Este acto de presentación, que terá lugar con posterioridade á realización das probas de coñecemento do castelán e da lingua galega, ten carácter persoal e, en consecuencia, non se admitirán acreditacións nin poderes de representación.

As persoas aspirantes que non asistan ao dito acto decaerán nos seus dereitos e serán excluídas do procedemento, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal; igualmente, será motivo de exclusión o feito de presentarse nun tribunal ao cal non se estea adscrito.

Se este acto de presentación ou a realización dalgunha das partes da proba coincide co ingreso hospitalario dalgunha das aspirantes ou do informe facultativo se deduce a imposibilidade de asistir ao acto de presentación ou á realización da proba por causas derivadas do embarazo, o tribunal adoptará as medidas oportunas para impedir a discriminación por razón de sexo.

Neste acto de presentación os tribunais identificarán as persoas aspirantes, que deberán ir provistas do documento nacional de identidade ou documento similar que acredite a identidade. Darán as instrucións que consideren convenientes e aclararán as dúbidas suscitadas para o mellor desenvolvemento do procedemento selectivo.

Base novena. Sistema de selección

9.1. Sistema selectivo.

O sistema de ingreso e acceso na función pública docente será o de concurso-oposición. Existirá, ademais, unha fase de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

9.2. Temarios.

Nestes procedementos selectivos rexerán os seguintes temarios:

– Corpo de inspectores de educación: Orde EDU/3429/2009, do 11 de decembro, pola que se aproba o temario da fase de oposición do procedemento selectivo de acceso ao corpo de inspectores de educación (BOE núm. 306, do 21 de decembro).

– Corpo de mestres: Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de Educación (BOE do 21 de setembro), no que se refire á parte A, e quedará sen vixencia para a súa aplicación a este procedemento selectivo o disposto en canto á parte B.

Para a especialidade de Educación Primaria: Orde ECI/592/2007, do 12 de marzo (BOE do 15 de marzo).

9.3. Fase de concurso.

9.3.1. Presentación de méritos ante o tribunal.

Nesta fase, que en ningún caso terá carácter eliminatorio, valoraranse os méritos que concorran no persoal aspirante ata finalizar o prazo de presentación de solicitudes sinalado no punto 7 da base terceira, conforme o baremo que se inclúe como anexo I e II desta convocatoria, segundo se trate de persoal aspirante a acceso ao corpo de inspectores de educación ou de persoal aspirante a ingreso no corpo de mestres.

A alegación dos méritos deberá efectuarse pola internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions, e debe imprimirse o documento que relaciona os méritos.

A documentación acreditativa dos méritos alegados, na forma que se establece no anexo I e II desta orde, só deberá presentala ante o propio tribunal o persoal aspirante a acceder ao corpo de inspectores de educación que supere a primeira parte da proba ou o persoal aspirante a ingreso no corpo de mestres que supere a primeira proba, no prazo que estableza o propio tribunal ao publicar no taboleiro de anuncios da sede de actuación, a resolución que faga pública a relación do persoal aspirante que superou a primeira parte da proba ou a primeira proba. A documentación acreditativa achegarase xunto cunha relación dos méritos alegados nos modelos que poderán cubrirse e imprimirse a través da aplicación informática, no enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions

Independentemente da data de presentación ante o tribunal da citada documentación, todos os méritos alegados deben posuírse con anterioridade a data de final do prazo de presentación de solicitudes.

A documentación acreditativa dos méritos de cada aspirante quedará baixo a custodia da presidencia do tribunal, que a entregará á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, unha vez finalizado o procedemento selectivo, xunto co expediente administrativo.

9.3.2. Puntuación provisional da fase de concurso e prazo de reclamacións.

A valoración dos méritos realizaraa o tribunal tendo en conta o disposto no anexo I ou II, segundo se trate de aspirantes do corpo de inspectores ou de aspirantes a ingreso no corpo de mestres e, se é o caso, as instrucións que poida ditar a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

A puntuación provisional da fase de concurso, por epígrafes, publicarase no taboleiro de anuncios da sede de actuación do tribunal e, para os efectos informativos, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es. Contra ela poderá presentarse reclamación perante o propio tribunal, mediante escrito dirixido a el, no prazo de tres días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

9.3.3. Puntuación definitiva.

Resoltas as reclamacións contra a resolución provisional, o tribunal fará pública a puntuación definitiva da fase de concurso no taboleiro de anuncios da sede de actuación e no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es. Soamente é preceptivo publicar a puntuación definitiva da fase de concurso do persoal aspirante que supere a fase de oposición.

9.3.4. Recurso de alzada

Contra a resolución que fará publicas as puntuacións definitivas da fase de concurso poderase interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Base décima. Desenvolvemento da fase de oposición de acceso ao corpo de inspectores de Educación

10.1. Fase de oposición.

A fase de oposición consistirá nunha proba na cal se valorarán os coñecementos pedagóxicos, de Administración e lexislación educativa adecuada á función inspectora que van realizar os aspirantes, así como os coñecementos e técnicas específicas para o desempeño desta. A proba constará de tres partes, nas cales terá que obter unha cualificación mínima de cinco puntos en cada unha delas.

10.2. Partes da proba.

a) Parte primeira. Consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema referido á parte A do temario, elixido polo aspirante de entre dous extraídos ao chou polo tribunal.

Para a realización deste exercicio escrito o persoal aspirante disporá dun máximo de tres horas.

Este exercicio será lido polo persoal aspirante ante o tribunal, que poderá formular as preguntas ou aclaracións que coide pertinentes, durante un período máximo de quince minutos.

b) Parte segunda. O persoal aspirante que obteña, polo menos, un cinco na primeira parte da proba, realizará esta segunda parte consistente na exposición oral dun tema, referido á parte B do temario, elixido polo persoal aspirante de entre dous extraídos ao chou polo tribunal.

O persoal aspirante disporá de trinta minutos para a preparación deste exercicio e dun máximo de sesenta minutos para a súa exposición oral. Terminada a exposición, o tribunal poderá formular as preguntas ou aclaracións que coide pertinentes, durante un período máximo de quince minutos.

c) Parte terceira. O persoal aspirante que obteña, polo menos, un cinco na segunda parte da proba, realizará esta terceira, que consistirá na análise por escrito dun caso práctico sobre as técnicas adecuadas para a actuación da Inspección de Educación, que será proposto polo tribunal.

Para a realización deste exercicio escrito o persoal aspirante disporá dun máximo de tres horas. O exercicio será lido polo persoal aspirante ante o tribunal.

10.3. Cualificación da fase de oposición.

O tribunal cualificará cada unha das partes da proba de cero a dez puntos; será necesario alcanzar en cada unha delas unha puntuación igual ou superior a cinco para considerar que o persoal aspirante superou a fase de oposición e, polo tanto, poder acceder á valoración dos méritos da fase de concurso.

A cualificación correspondente a cada parte da proba será a media aritmética da puntuación de todos os membros presentes no tribunal; deberase calcular con aproximación de ata as dez milésimas, para evitar dentro do posible que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, a puntuación media calcularase entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, só será excluída unha delas.

A puntuación final da proba, unha vez superadas as tres partes dela, será o resultado de ponderar nun 40 % a puntuación obtida na parte terceira e un 30 % cada unha das outras partes.

Base décimo primeira. Desenvolvemento da fase de oposición de ingreso no corpo de mestres tanto pola quenda libre como pola reserva de discapacitados

Nesta fase valorarase a posesión dos coñecementos específicos, científicos e técnicos da especialidade docente á cal opta o persoal aspirante, así como a aptitude pedagóxica e o dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente.

11.1. De conformidade co establecido no artigo 20.2 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal aspirante á especialidade de inglés deberá desenvolver as probas neste idioma.

11.2. As dúas partes que integran a primeira proba deberán realizarse no mesmo día. As dúas partes que integran a segunda proba realizaranse nunha mesma sesión.

11.3. Primeira proba. Esta proba terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos da especialidade docente á cal se opta, e constará de dúas partes que serán valoradas conxuntamente:

11.3.1. Parte A: incluirá unha proba práctica consistente na realización dunha serie de exercicios por escrito que se axustará, para cada especialidade, ao disposto no anexo IV desta orde, e que permitirá comprobar que o persoal aspirante posúe a formación científica e o dominio das habilidades técnicas correspondentes á especialidade á cal se opte. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.

11.3.2. Parte B: consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante de entre dous temas dos temarios que compoñen o temario oficial de cada especialidade, extraídos ao chou polo tribunal.

Os aspirantes disporán de dúas horas para a realización desta parte da primeira proba.

No suposto de que a primeira parte da proba se realice por escrito procederase á súa lectura conxunta coa segunda e a cualificación de cada parte realizarase por separado. O tribunal poderá informar, se é o caso, no acto de presentación que o persoal aspirante poderá optar pola renuncia á lectura pública do exercicio.

11.3.4. Cualificación da primeira proba.

A primeira parte e a segunda parte da proba cualificaranse de 0 a 10 puntos e ponderaranse do seguinte xeito:

– Parte A: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.

– Parte B: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0.4 a cualificación obtida.

Para superar esta proba o persoal aspirante deberá obter unha puntuación de polo menos o 25 por 100 do valor de cada unha das partes da proba e unha puntuación total, resultado de sumar as puntuacións ponderadas correspondentes ás dúas partes, igual ou superior a 5 puntos. Finalizada esta proba, os tribunais exporán no taboleiro de anuncios do local onde se realizou e no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es/oposicions as puntuacións obtidas polos aspirantes que a superaron.

11.4. Segunda proba nas especialidades de Educación Infantil, Lingua Estranxeira: Inglés, Música, Educación Física e Educación Primaria. Proba de aptitude pedagóxica.

O persoal aspirante que supere a primeira proba realizará esta segunda proba que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:

Parte A. Presentación e defensa dunha programación didáctica.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha área relacionado coa especialidade pola cal se participa, e nela deberán especificarse, no caso de Educación Infantil, os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e metodoloxía, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, e nas restantes especialidades os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables, os criterios de avaliación, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Esta programación corresponderase cun curso escolar da etapa educativa en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 folios, formato DIN-A4, escritos a unha soa cara e dobre espazo interlineal, con letra tipo Arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos.

Na extensión máxima de 60 folios non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.

Resultarán excluídos do procedemento selectivo aqueles aspirantes cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso se poderán excluír as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.

As programacións versarán sobre os currículos aprobados polo Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, e para a especialidade de Educación Infantil o Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

A programación deberá ser entregada ao tribunal polo persoal aspirante que supere a primeira proba no centro en que están actuando, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións da primeira proba.

Parte B. Preparación e exposición oral dunha unidade didáctica ante o tribunal.

A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica. A preparación e exposición oral, ante o tribunal, dunha unidade didáctica poderá estar relacionada coa programación presentada polo aspirante ou elaborada a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou por el mesmo, da súa programación. No segundo caso, o aspirante elixirá o contido dunha unidade didáctica dun tema de entre tres extraídos ao chou por el mesmo, do temario oficial da especialidade. Na elaboración da citada unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que perseguen con ela, as competencias, os seus contidos, os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables e as actividades de ensino e aprendizaxe que se van formular na aula.

O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación da unidade didáctica, e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá levar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá dun folio e que se entregará ao tribunal ao final desta.

O persoal aspirante disporá dun tempo máximo dunha hora para a defensa oral da programación, a exposición da unidade didáctica e posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da programación didáctica presentada, que non poderá exceder os vinte minutos, e a continuación realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá os trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez minutos.

11.5. Segunda proba nas especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. Proba de aptitude pedagóxica.

No caso de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, esta segunda proba terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio da súa función de asesoramento e orientación educativa. Consistirá na presentación dun plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas e na elaboración e exposición oral dun programa de intervención.

Parte A. O plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas deberá conter, como mínimo, seis programas de intervención e basearse na normativa vixente e nas necesidades do alumnado, do centro e do contexto, e recollerá obxectivos, contidos, actividades, estratexias metodolóxicas, recursos materiais, humanos e organizativos, temporalización das accións, avaliación e propostas. Neste plan deberá prestarse especial relevancia á actuación do persoal aspirante como profesor de apoio.

O plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas que terá as mesmas características establecidas para a programación didáctica, deberá entregarse ao tribunal por aqueles que superen a primeira proba, no centro en que están actuando e no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións daqueles que superaron a citada proba.

Parte B. Elaboración diante do tribunal e exposición oral dun programa de intervención relacionado co plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas presentado polo persoal aspirante, ou elaborado a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o persoal aspirante elixirá ao chou un programa de intervención con alumnado con necesidade educativas específicas (alumnado estranxeiro, con sobredotación intelectual ou con necesidades educativas especiais). No segundo caso, o aspirante elixirá o contido do programa de intervención dun tema de entre tres elixidos ao chou por el mesmo, do temario oficial da especialidade.

O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación do programa de intervención e poderá utilizar o material que considere oportuno.

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión que non excederá un folio e que entregará ao tribunal unha vez rematada a súa exposición.

O persoal aspirante disporá dun período máximo dunha hora para a defensa do plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas, a exposición do programa de intervención e posterior debate diante do tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa do plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas, que non poderá exceder os vinte minutos, e a continuación realizará a exposición do programa de intervención, que non excederá os trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez minutos.

11.6. Cualificación da segunda proba.

Esta segunda proba valorarase globalmente de cero a dez puntos, debendo alcanzar o persoal aspirante, para a súa superación, unha puntuación igual ou superior a cinco puntos.

11.7. Cualificación da fase de oposición.

A cualificación correspondente a esta fase de oposición será a media aritmética das puntuacións obtidas nas dúas probas que a integran cando ambas as dúas fosen superadas.

11.8. Cualificación do tribunal.

A cualificación de cada parte da proba correspondente á fase de oposición será a media aritmética das puntuacións de todos os membros presentes no tribunal; deberase calcular con aproximación de ata dez milésimas, para evitar no posible que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

Estas cualificacións individuais de cada membro do tribunal faranse constar no expediente administrativo.

Base décimo segunda. Acceso á fase de concurso

A cualificación final da fase de oposición expresarase en números de cero a dez; será necesario obter, polo menos, cinco puntos para poder acceder á fase de concurso.

O número de aspirantes que acceda á fase de concurso poderá ser superior ao número de prazas convocadas.

Base décimo terceira. Forma de cubrir as prazas de reserva

Os tribunais números 1, para os efectos de cubrir as prazas obxecto desta convocatoria pola reserva de discapacitados, axustarase ás seguintes normas:

a) Se houber un número suficiente de persoal aspirante que cumpra os requisitos mínimos para aprobar, entre o persoal aspirante que concorra ás prazas reservadas para persoas con discapacidade, a totalidade destas prazas adxudicaráselles a estes opositores, calquera que sexa a súa puntuación.

b) Aqueles opositores que concorran ás prazas reservadas para persoas con discapacidade e que, reunindo os requisitos mínimos para aprobar, excedan o número de prazas asignadas ao tribunal para esta reserva, concorrerán á formación da lista de aprobados do tribunal en igualdade de condicións que os das prazas libres, segundo a súa puntuación e tal e como se determina na base décimo cuarta.

c) No caso de que existan prazas da reserva que non poidan ser cubertas por non existir un número suficiente de aspirantes con puntuación mínima requirida, estas acumularanse ás libres e serán distribuídas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de acordo co procedemento establecido na base primeira, epígrafe 5.

Base décimo cuarta. Superación do procedemento selectivo

14.1. Obtida a cualificación da fase de oposición, os tribunais avaliarán definitivamente a fase de concurso do persoal aspirante que superou a fase de oposición, resultando seleccionados para pasaren á fase de prácticas aqueles aspirantes que, unha vez ordenados segundo a puntuación global da fase de oposición e concurso, teñan un número de orde igual ou menor que o número total de prazas asignadas ao tribunal.

De conformidade co establecido nos artigos 25 e 47 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, a ponderación das puntuacións das fases de oposición e concurso para formar a puntuación global será de dous terzos da fase de oposición e un terzo da fase de concurso.

14.2. As prazas que poidan quedar vacantes nalgún tribunal serán asignadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos á persoa que superou a fase de oposición e que teña maior puntuación na fase de concurso-oposición, unha vez efectuadas as ponderacións pertinentes, do tribunal da mesma especialidade que proceda segundo o sistema de distribución de prazas establecido na base 1.5 desta convocatoria.

14.3. Criterios de desempate.

No caso de que se produzan empates, estes resolveranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación na fase de oposición.

b) Maior puntuación en cada un dos exercicios da oposición, pola orde en que estes aparecen nesta convocatoria.

c) Maior puntuación nas epígrafes do baremo de méritos, pola orde en que estas aparecen nesta convocatoria.

d) Maior puntuación nas subepígrafes do baremo de méritos, pola orde en que estas aparecen nesta convocatoria.

e) En caso de persistir o empate, este dirimirase a través da realización dunha proba que se realizará por escrito sobre cuestións breves referidas ao temario da especialidade no caso de mestres, e á parte B do temario no caso do corpo de inspectores de educación.Esta proba será elaborada, organizada e avaliada polo tribunal correspondente. As persoas aspirantes serán convocadas para esta proba polo propio tribunal cunha antelación mínima de 48 horas.

14.4. Orde de relación.

Os tribunais confeccionarán a correspondente relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición ata o número máximo de prazas que lle foron asignadas a cada un deles, ordenados de acordo co establecido nas bases anteriores.

Esta relación farase pública no taboleiro de anuncios do local ou locais en que se realizaron as probas, así como no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es outorgándose un prazo de dous días hábiles para reclamar contra posibles erros.

Contra as listas definitivas poderán os interesados interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 107 e 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos.

14.5. En ningún caso os tribunais poderán aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas asignadas a cada un deles. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido neste punto será nula de pleno dereito.

14.6. O persoal aspirante que supere no mesmo corpo os procedementos selectivos convocados por esta consellería ou polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou noutra comunidade autónoma con competencias en materia educativa, se optan polo posto de traballo correspondente ao ámbito da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, deberá presentar instancia neste sentido dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, xunto coa copia de renuncia ao outro posto de traballo, no prazo de dez días, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da lista de aspirantes seleccionados. De non realizar esta opción, a aceptación do primeiro nomeamento como funcionario en prácticas entenderase como renuncia tácita aos restantes.

14.7. Publicación da lista de aprobados.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia, así como no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es, as listas únicas de aprobados por especialidade, no caso de mestres, ou do corpo de inspectores de educación, segundo se detalla nos puntos anteriores.

A renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas dará lugar a que se declare aprobada a persoa que, se é o caso, lle corresponda conforme os criterios establecidos nesta base común 14.

Base décimo quinta. Presentación de documentos

15.1. No prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte a aquel en que se fagan públicas as listas de aprobados no Diario Oficial de Galicia, os aspirantes aprobados deberán presentar perante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria os seguintes documentos:

a) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

A persoa aspirante que fixese valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Traballo e Benestar Social que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

b) Declaración responsable de que non foron separados mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública e de non estar inhabilitados para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que figura como anexo V a esta convocatoria.

Igualmente, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española deberá presentar declaración responsable de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o mesmo modelo do anexo V.

15.2. Excepcións.

Os que teñan a condición de funcionarios públicos de carreira e estean en situación de servizo activo estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento, e deberán presentar, en tal caso, unha certificación ou folla de servizos do organismo de que dependan, na cal se consignen de forma expresa os seguintes datos: corpo a que pertencen, número de rexistro persoal e se están en servizo activo.

Cando as certificacións ou follas de servizos se refiran a funcionarios que tendo destino na Comunidade Autónoma de Galicia superaron o proceso selectivo polos procedementos de acceso a corpos docentes clasificados no mesmo grupo e nivel de complemento de destino ou a outro corpo docente de grupo superior, serán expedidas pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e incorporadas de oficio ao correspondente expediente.

15.3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados nas bases anteriores, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

15.4. Os que, dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, non presenten a documentación ou se do exame dela se deduce que carecen dalgún dos requisitos xerais establecidos na base segunda, non poderán ser nomeados funcionarios de carreira, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Base décimo sexta. Nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas

16.1. Destino provisional e nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas.

As persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de discapacitados quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas. No caso de que non se incorporen aos citados destinos no prazo que se estableza, entenderase que renuncian ao proceso selectivo.

Se se incorporan e reúnen as condicións requiridas para o ingreso no corpo respectivo, serán nomeados funcionarios en prácticas.

A toma de posesión como persoal funcionario en prácticas será con efectividade da data que se determine para o comezo do curso.

Coa finalidade da adxudicación de destino de carácter provisorio para a realización do período de prácticas, o persoal aspirante que supere o procedemento selectivo deberá efectuar a solicitude, conforme o sistema previamente publicado no Diario Oficial de Galicia por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo de cinco días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de aprobados polos tribunais cualificadores no centro onde se realizaron as probas e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

16.2. Destino definitivo.

As persoas aspirantes que superen o proceso selectivo deberán obter o seu primeiro destino definitivo nun dos centros ou nunha das sedes, no caso da Inspección educativa,directamente xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e están obrigadas, para estes efectos, a participaren nos sucesivos concursos ordinarios de traslados que se convoquen, na forma que determinen as correspondentes convocatorias.

16.3. Réxime xurídico-administrativo do persoal aspirante nomeado funcionario ou funcionaria en prácticas.

Desde o nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas ata o nomeamento como persoal funcionario de carreira, o réxime xurídico-administrativo das persoas opositoras será o de persoal funcionario en prácticas, sempre que estea desempeñando un posto docente ou un posto da Inspección educativa.. En todo caso, a súa incorporación á realización das prácticas producirase con ocasión de vacante.

16.4. Aprazamento da fase de prácticas.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá, por causa xustificada e por petición da persoa interesada, conceder o aprazamento da fase de prácticas.

16.5. Exencións á realización da fase de prácticas no corpo de inspectores de educación.

Estará exento da realización da fase de prácticas o persoal aspirante seleccionado que acredite ter prestado servizos, polo menos durante un ano, como inspector ou inspectora de Educación, con carácter provisional. Esta exención deberá ser solicitada pola persoa interesada ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos e Humanos.

Sen prexuízo do recoñecemento como exento da avaliación da fase de prácticas, a situación administrativa destes, ata o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de inspectores de Educación, será a de persoal funcionario en prácticas, e estarán obrigados a desempeñar os destinos provisionais que lles asigne a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

16.6. Exencións á realización da fase de prácticas no corpo de mestres.

Estarán exentos da avaliación da fase de prácticas aqueles aspirantes que acrediten unha experiencia dun ano como persoal funcionario de carreira dun corpo docente.

16.7. Opción da remuneración dos funcionarios en prácticas.

O persoal aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo e que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como funcionario de carreira, interino, contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co previsto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo). Na falta de opción expresa, enténdese que se opta pola retribución de persoal funcionario en prácticas.

Base décimo sétima. Fase de prácticas no corpo de inspectores de Educación

17.1. Obxecto e duración da fase de prácticas.

As prácticas terán por obxecto garantir que o persoal aspirante que superou a fase de concurso-oposición posúa a adecuada preparación para levar a cabo as funcións atribuídas ao corpo de inspectores de Educación. Serán tuteladas por un funcionario ou funcionaria de carreira do corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa ou do corpo de inspectores de Educación.

Realizaranse nos destinos provisionais que lles correspondan co desempeño da función inspectora con plena validez.

A súa duración será de catro meses.

17.2. Constitución das comisións cualificadoras.

En cada xefatura territorial constituirase unha comisión cualificadora da fase de prácticas integrada pola xefatura da inspección, que exercerá a presidencia, e dous funcionarios ou funcionarias de carreira do corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa ou do corpo de inspectores de Educación.

17.3. Funciones do titor ou titora.

As funcións do inspector ou inspectora titora consistirán en asesorar, informar e avaliar, tal como se indica no punto seguinte, o persoal en prácticas, sobre as funcións propias das inspectoras e inspectores de Educación. Ao final do período de prácticas, o titor ou titora emitirá un informe sobre todos os datos que considere de interese e remitirao á comisión cualificadora.

17.4. Actividades de inserción e formación.

As actividades de inserción no posto de traballo consistirán no desenvolvemento de actividades tuteladas polo inspector ou inspectora titora en relación co plan de actuación da Inspección educativa.

As actividades de formación serán programadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ben como actividades específicas para o persoal aspirante, ben dentro da oferta xeral de formación. Versarán sobre as competencias propias da Inspección educativa. A súa duración non será inferior a sesenta horas. Sobre o desenvolvemento destas actividades emitirán informe as persoas responsables da actividade, se se trata dunha oferta específica, ou mediante o certificado correspondente se se trata de actividades incluídas na oferta xeral.

17.5. Memoria final.

O persoal aspirante elaborará un informe-memoria final no cal fará unha valoración global da súa actividade, así como das dificultades encontradas e dos apoios recibidos. Este informe entregarase ao final da fase de prácticas á comisión cualificadora.

17.6. Avaliación das inspectoras e dos inspectores en prácticas.

A avaliación do persoal aspirante será efectuada pola comisión cualificadora a partir dos informes emitidos pola inspectora ou inspector titor, do persoal responsable das actividades de formación e do informe-memoria presentado pola persoa aspirante.

A comisión cualificadora trasladará ao director xeral de Centros e Recursos Humanos a relación de persoas en prácticas coa cualificación obtida.

As prácticas cualificaranse como apto ou no apto.

Os aspirantes cualificados de non aptos na fase de prácticas poderán repetir esta fase por unha soa vez no curso académico seguinte. Os que non se incorporen ou sexan declarados ou declaradas non aptos por segunda vez perderán todos os dereitos ao seu nomeamento como funcionarios ou funcionarias de carreira.

Base común décimo oitava. Fase de prácticas do corpo de mestres

18.1. Obxecto e duración da fase de prácticas.

A fase de prácticas forma parte do procedemento selectivo e ten por obxecto a comprobación de que o aspirante posúe as capacidades didácticas necesarias para o exercicio da docencia. Realizaranse nos destinos provisionais que lles correspondan, conforme o procedemento que estableza a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ben en postos vacantes ben en substitucións, con desempeño de función docente con plena validez académica.

A duración da fase de prácticas será de catro meses. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá flexibilizar este período por causas xustificadas.

18.2. Constitución das comisións cualificadoras.

En cada departamento territorial constituirase unha comisión cualificadora integrada pola xefatura da inspección provincial, que actuará como presidente; dous inspectores de educación e dous directores de centros designados pola xefa ou xefe territorial.

18.3. Profesor ou profesora titora da fase de prácticas.

O exercicio da docencia durante a fase de prácticas desenvolverase baixo a titoría dun profesor ou profesora experimentada do mesmo corpo, preferentemente da especialidade correspondente, designada pola comisión cualificadora da provincia.

18.4. Funcións do titor ou titora.

As funcións do profesor titor consistirán en asesorar, informar e avaliar o funcionario en prácticas sobre a organización e funcionamento do centro e dos seus órganos de goberno, de participación e de coordinación didáctica, sobre a programación didáctica da materia, a programación de aula e a avaliación dos alumnos. Ao final do período de prácticas, o profesor titor emitirá un informe sobre todos os datos que considere de interese e remitirao á comisión cualificadora.

O profesorado que tutele as prácticas dos aspirantes seleccionados nos concurso-oposición de ingreso aos corpos docentes terán un recoñecemento de 50 horas de formación pola función desenvolvida.

18.5. Actividades de formación.

Formando parte da fase de prácticas, os aspirantes seleccionados deberán realizar un curso de formación de lingua galega de 20 horas de duración. Este curso, que será programado polo Servizo de Formación do Profesorado, consistirá nunha formación específica sobre a terminoloxía, os estilos, os aspectos sociolingüísticos e a linguaxe propia da especialidade que lles permita aos funcionarios en prácticas desenvolver correctamente en galego as súas funcións e tarefas. Este curso poderá realizarse pola modalidade de teleformación.

18.6. Avaliación do profesorado en prácticas.

As persoas aspirantes elaborarán un informe-memoria final no cal farán unha valoración global da súa actividade, así como das dificultades encontradas e dos apoios recibidos. Este informe seralle entregado ao remate da fase de prácticas á comisión cualificadora.

A avaliación do persoal aspirante será efectuada pola comisión cualificadora a partir dos informes emitidos polo profesor-titor, a dirección do centro, o persoal responsable das actividades de formación e, se é o caso, o inspector ou inspectora responsable do centro e do informe presentado polo propio aspirante.

A presidencia da comisión cualificadora, en caso de informes desfavorables, disporá que o inspector ou inspectora de educación do centro en que presta servizos o funcionario ou funcionaria que está realizando as prácticas, visite o dito centro e avalíe na aula as súas aptitudes didácticas como docente. O informe da inspección engadirase aos do director e profesor-titor para que, xunto co informe-memoria final realizado polo funcionario ou funcionaria en prácticas, sirvan para a avaliación que debe facer a comisión cualificadora.

18.7. A comisión cualificadora trasladaralle ao director xeral de Centros e Recursos Humanos a relación de funcionarios e funcionarias en prácticas coa cualificación obtida.

18.8. Cualificación da fase de prácticas.

As prácticas cualificaranse como apto ou non apto.

18.9. Persoas aspirantes non aptas na fase de prácticas.

As persoas aspirantes cualificadas de non aptas na fase de prácticas poderán repetila, incorporándose no curso seguinte co persoal seleccionado da seguinte promoción, ocupando, nesta promoción, o número de orde seguinte ao do último seleccionado na súa especialidade. No caso de que non houber convocatoria do seu corpo e especialidade, efectuará igualmente as prácticas no curso seguinte. As persoas que non se incorporen ou sexan declaradas non aptas por segunda vez, perderán todos os dereitos ao seu nomeamento como funcionarios ou funcionarias de carreira.

Base décimo novena. Nomeamento de funcionarias e funcionarios de carreira

19.1. Proposta de nomeamento como funcionarias e funcionarios de carreira.

Rematada a fase de prácticas e verificado que os que a superaron reúnen os requisitos xerais e específicos de participación establecidos nesta convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aprobará o expediente do proceso selectivo e remitirá as listas do persoal ingresado nos correspondentes corpos ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para o nomeamento e expedición dos títulos de funcionarias e funcionarios de carreira, con efectividade do 1 de setembro de 2016.

19.2. Destino definitivo en Galicia.

De acordo co previsto no artigo 10.d) do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal que ingrese en virtude desta convocatoria deberá obter o seu primeiro destino definitivo en centros xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da súa participación forzosa nos procedementos de provisión que se convoquen.

Título II
Procedemento de adquisición doutras especialidades

Base vixésima

Convócase procedemento para que os funcionarios de carreira do corpo de mestres poidan adquirir nova especialidade, de conformidade co establecido nas seguintes bases:

20.1. Normas xerais.

As especialidades que se poderán adquirir no corpo citado anteriormente mediante o procedemento regulado neste título serán as mesmas que as convocadas para o procedemento de ingreso libre. Non poderán presentarse para acadar a especialidade de «educación primaria» aquelas persoas ás cales xa lle é recoñecida de oficio en virtude da súa titulación.

A estes procedementos seranlles de aplicación as disposicións establecidas no punto 1.2. desta orde, así como as restantes bases do título I que non se opoñan ao disposto neste título.

20.2. Requisitos das persoas candidatas.

Para poderen participar neste procedemento, as persoas candidatas deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser persoal funcionario de carreira do corpo de mestres, con destino no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Reunir os requisitos que se exixen para o ingreso libre na especialidade que se pretenda adquirir.

20.3. Solicitudes e pagamento dos dereitos.

As solicitudes e pagamento dos dereitos formularanse conforme o establecido na base 3 desta convocatoria.

20.4. Órganos de selección.

Os órganos de selección para este procedemento serán aqueles a que se refire a base 5 desta convocatoria e exercerán respecto deste procedemento as mesmas funcións que se enumeran na mencionada base.

20.5. Comezo e desenvolvemento das probas.

O comezo e o desenvolvemento das probas realizarase de conformidade co disposto na base 8 desta convocatoria.

20.6. Sistema de selección.

– Para todas as especialidades.

A proba consistirá na exposición oral dun tema da especialidade a que se opta, elixido polo aspirante de entre tres extraídos ao chou polo tribunal,

O candidato disporá de dúas horas para a súa preparación, e poderá utilizar o material que considere oportuno. A exposición terá unha duración máxima dunha hora.

Na especialidade de Lingua Estranxeira: Inglés, a exposición realizarase nesta lingua.

20.7. Cualificación da proba.

Os tribunais cualificarán a proba a que se refire o punto anterior de apto ou non apto e obterán a nova especialidade unicamente os cualificados con apto.

20.8. Publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez verificado polo órgano convocante que a persoa aspirante que obtivo a cualificación de apto reúne os requisitos exixidos na base décimo quinta desta convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se declaran aptos ao persoal aspirante, coa indicación da nova especialidade adquirida.

20.9. Exención da fase de prácticas.

O persoal que adquira unha nova especialidade por este procedemento estará exento da fase de prácticas.

20.10. Inclusión nas listas de interinos.

Accederán ás listas de interinos ou substitutos, ademais daqueles aspirantes que superen a primeira proba, aqueles aspirantes que para cada especialidade posúan unha das titulacións que a seguir se relaciona e que deberán presentar xunto coa solicitude, como se establece na base 3.2 desta convocatoria.

Especialidades

Titulación

Educación Infantil

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Infantil.

Mestra/mestre, especialidade de Educación Infantil. (RD 1440/1991)

Diplomado/a en profesorado de Educación Xeral Básica, especialidade Preescolar.

Especialidade en Educación Preescolar ou en Pedagoxía Preescolar das licenciaturas de Filosofía e Letras (sección Ciencias da Educación) ou de Filosofía e Ciencias da Educación (Sección Ciencias da Educación).

Educación Primaria

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Primaria.

Mestre/a especialidade de Educación Primaria (RD 1440/1991).

Mestre/a (RD 1440/1991) en calquera das súas especialidades.

Diplomado/a en profesorado de Educación Xeral Básica en calquera das súas especialidades.

Mestre/a de primeira ensinanza (plan de estudos de 1967).

Mestre/a de Ensinanza Primaria (plan de estudos de 1950).

Música

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Primaria, que inclúa unha mención en música.

Mestre/a especialidade de Educación Musical (RD 1440/1991).

Título superior de música da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, ou da Lei 1/1990, do 3 de outubro, ou titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia.

Licenciado/a en Musicoloxía ou en Historia e Ciencia da Música.

Título profesional de música da Lei orgánica 1/1990 ou da Lei orgánica 2/2006.

Educación Física

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Primaria, que inclúa unha mención en Educación Física.

Título de graduado ou graduada no ámbito da Actividade Física e do Deporte.

Mestre/a especialista de Educación Física (RD 1440/1991).

Licenciado/a en Educación Física.

Diplomado/a en Educación Física.

Lingua Estranxeira: Inglés

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Primaria, que inclúa unha mención en Lingua Estranxeira: Inglés.

Títulos de graduado ou graduada no ámbito dunha lingua estranxeira no idioma inglés.

Mestre/a especialidade de Lingua Estranxeira Inglés (RD 1440/1991).

Diplomado/a en Profesorado de Educación Xeral Básica especialidade de Filoloxía Inglesa.

Certificado de nivel avanzado ou certificado de aptitude da Escola Oficial de Idiomas, no idioma inglés.

Licenciado/a en Filoloxía Inglesa.

Diplomado/a polas escolas universitarias de idiomas (tradutores e intérpretes) no idioma inglés.

Pedagoxía Terapéutica

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en Pedagoxía Terapéutica, en Educación Especial ou en Atención á Diversidade.

Mestre/a, especialidade de Educación Especial (RD 1440/1991)

Diplomado/a en profesorado de Educación Xeral Básica, especialidade de Educación Especial.

Licenciado/a en Psicopedagoxía.

Licenciado/a en Filosofía e Letras, sección de Pedagoxía, subsección de Educación Especial.

Audición e Linguaxe

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en Audición e Linguaxe.

Mestre/a, especialidade en Audición e Linguaxe (RD 1440/1991).

Diplomado/a en Logopedia.

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de Logopedia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de acceso

Méritos

Puntos

Documentos xustificativos

I. Traxectoria profesional.

Ata 3

1.1.1. Por cada ano de experiencia docente, que supere os seis exixidos como requisito, como funcionario de carreira dos corpos que integran a función pública docente.

0,500

Folla de servizos certificada pola xefatura territorial correspondente.

1.1.2. Por cada ano de servizos en postos da Administración educativa de nivel 26 ou superior.

0,500

Fotocopia compulsada do nomeamento e, se é o caso, do cesamento.

1.2. Por pertencer aos corpos de catedráticos.

2,000

Fotocopia compulsada do título administrativo ou credencial, ou, se é o caso, fotocopia simple do boletín oficial en que apareza o nomeamento.

Por esta epígrafe só se valorarán como máximo cinco anos posteriores aos seis anos de exercicio profesional exixidos pola convocatoria.

II. Exercicio como inspector accidental.

Ata 2,000

Por cada ano de servizos en postos de inspector ou inspectora accidental, sempre que se accedese ao posto mediante concurso público de méritos

0,750

Fotocopia compulsada do nomeamento acompañado da toma de posesión e, se é o caso cese, ou folla de servizos expedida pola xefatura territorial correspondente

III. Exercicio de cargos directivos e de coordinación didáctica.

Ata 3

3.1. Por cada ano como director ou directora dun centro público, con avaliación positiva, cando se realizase, ou como director ou directora dun centro de formación e recursos.

0,750

Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración do cargo e, se é o caso, do cesamento.

3.2. Por cada ano de exercicio da vicedirección, xefatura de estudos, secretaría, administrador ou administradora, profesor ou profesora delegada nas seccións de formación profesional ou outros análogos.

0,500

Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración do cargo e, se é o caso, do cesamento.

3.3. Por cada ano como xefe de departamento, coordinador de ciclo na educación primaria, xefe de división, xefe de departamento de normalización e dinamización lingüística, coordinador de área. Asesor de formación permanente ou figuras análogas, así como director de agrupacións de lingua e cultura españolas.

0,100

Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración do cargo e, se é o caso, do cesamento.

IV. Preparación científica e didáctica e outros méritos.

Ata 2,000

4.1. Preparación científica e didáctica.

Ata 0,700

4.1.1. Por cada titulación superior distinta á exixida para acceder ao corpo.

0,150

Fotocopia compulsada do título.

4.1.2. Por publicacións de carácter científico ou didáctico.

Ata 0,500

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN, en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, ou se é caso, ISSN ou ISMN, carezan del, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor sexa o autor delas.

No caso de libros os exemplares correspondentes, así como o certificado da editorial onde conste o número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.

Para a valoración de libros editados polas universidades, organismos ou entidades públicas, será necesario achegar certificación en que conste a distribución destes.

No caso de revistas, certificación en que conste o número de exemplares, lugares de distribución e venda, ou asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista.

Nos supostos en que a editorial ou asociación desaparecesen, o dito dato terá que xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

No caso de publicación que só se dea en formato electrónico, presentarase un informe oficial en que o organismo emisor certificará que a publicación aparece na base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, os autores, a revista, o volume, o ano e a páxina inicial e final.

4.2. Preparación específica para o exercicio da función inspectora.

0,01 punto por cada 10 horas de formación.

Ata 0,500

Fotocopia compulsada das actividades de formación convocadas polas administracións educativas ou homologadas especificamente relacionadas coa función inspectora.

4.3. Coñecementos de idiomas.

Ata 0,300

4.3.1. Por cada titulación universitaria superior de idiomas.

0,200

Fotocopias compulsadas ou cotexadas dos títulos que se posúen ou, se é o caso, os certificados de estudos ou de ter aboados os dereitos de expedición dos títulos.

4.3.2. Por cada certificado de nivel avanzado ou equivalente de escolas oficiais de idiomas ou polo curso de especialización de galego.

0,100

Fotocopias compulsadas ou cotexadas dos títulos que se posúen ou, se é o caso, os certificados de estudos e de ter aboado os dereitos de expedición dos títulos.

ANEXO II

Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de ingreso

I. Experiencia docente previa: máximo 5 puntos.

1.1. Por cada ano de experiencia docente en especialidades do corpo a que opta o aspirante, en centros públicos dependentes das administracións educativas.

1,000 punto

Folla de servizos certificada pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos, ou no seu defecto certificación do secretario ou secretaria do centro co visto e prace da dirección, na cal debe constar a data de toma de posesión e cesamento na especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou fotocopia compulsada deles na cal conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade.

1.2. Por cada ano de experiencia docente en especialidades de distintos corpos a que opta o aspirante, en centros públicos dependentes de administracións educativas.

0,500 puntos

Folla de servizos certificada pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos, ou no seu defecto certificación do secretario ou secretaria do centro co visto e prace da dirección, no cal debe constar a data de toma de posesión e cesamento e a especialidade así como os documentos xustificativos do nomeamento ou fotocopia compulsada deles, na cal conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade.

1.3. Por cada ano de experiencia docente en especialidades do mesmo nivel ou etapa educativa que o impartido polo corpo a que opta o aspirante, noutros centros.

0,500 puntos

Certificación da dirección do centro co visto e prace do Servizo de Inspección Técnica, na cal conste a data de toma de posesión e cesamento, área ou materia impartida e nivel educativo ou etapa educativa ou fotocopia dos contratos de traballo xunto coa certificación da vida laboral.

1.4. Por cada ano de experiencia docente en especialidades de distinto nivel ou etapa educativa que o impartido no corpo a que opta o aspirante, noutros centros.

0,250 puntos

Certificación da dirección do centro co visto e prace do Servizo de Inspección Técnica, na cal conste a data de toma de posesión e cesamento, área ou materia impartida e nivel ou etapa educativa ou fotocopia dos contratos de traballo xunto coa certificación da vida laboral.

Enténdese por centros públicos os centros aos que se refire o capítulo II do título IV da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, integrados na rede pública de centros creados e sostidos polas administracións educativas.

Para os efectos desta subepígrafe terase en conta un máximo de cinco anos, cada un dos cales deberá ser avaliado nunha soa das epígrafes anteriores.

Non será necesario xustificar os méritos das subepígrafes 1.1 e 1.2 cando os servizos fosen prestados en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

II. Formación académica: máximo 5 puntos.

2.1. Expediente académico no título alegado, sempre que o título alegado se corresponda co nivel de titulación exixido con carácter xeral para ingreso no corpo (doutor, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, para corpos docentes grupo A1; ou mestre, para corpos docentes grupo A2); valorarase exclusivamente a nota media do expediente académico, do modo que a seguir se indica:

Escala de 0 a 10 puntos:

Desde 6,00 ata 7,50:

Desde 7,51 ata 10:

1,000 punto

1,500 puntos

Certificación académica persoal orixinal ou fotocopia cotexada, na cal consten as puntuacións obtidas en todas as disciplinas e cursos exixidos para a obtención do título alegado, con indicación expresa da nota media.

Escala en créditos, de 1 a 4:

Desde 1,50 a 2,25:

Desde 2,26 a 4:

1,000 puntos

1,500 puntos

2.2. Postgraos, doutoramento e premios extraordinarios:

2.2.1. Polo certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados, o título oficial de máster (Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, BOE do 30.10.2007), suficiencia investigadora ou calquera outro título equivalente sempre que non sexan requisito para o ingreso na función pública docente:

1,000 punto

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título ou, se é o caso, do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

2.2.2. Por posuír o título de doutor:

1,000 punto

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título de doutor ou, se é o caso, do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

2.2.3. Por obter premio extraordinario no doutorado:

0,500 puntos

Documento xustificativo.

2.3. Outras titulacións universitarias:

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non fosen as alegadas como requisito para o ingreso na función pública docente, valoraranse da forma seguinte:

2.3.1. Titulacións de primeiro ciclo:

Por cada diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría:

1,000 punto

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo). No caso de estudos correspondentes ao primeiro ciclo, certificación académica na cal se acredite a súa superación.

No caso de aspirantes a corpos de funcionarios docentes grupo A2, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, o primeiro título ou estudos desta natureza que presente o aspirante.

No caso de aspirantes a corpos de funcionarios docentes grupo A1, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que fosen necesarios superar para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que presente o aspirante.

2.3.2. Titulacións de segundo ciclo:

Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes:

1,000 punto

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo). No caso de estudos correspondentes ao primeiro ciclo, certificación académica na cal se acredite a súa superación.

No caso de aspirantes a corpos de funcionarios docentes grupo A1, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, os estudos que fosen necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo ou, se é o caso, ensinanzas complementarias), para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que presente o aspirante.

Valorarase neste apartado estar en posesión do título de grao.

2.4. Titulacións de ensinanzas de réxime especial e da formación profesional específica:

a) Por cada título profesional de Música ou Danza:

0,500 puntos

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título alegado para ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

b) Por cada certificado de nivel avanzado ou equivalente de escolas oficiais de idiomas:

0,500 puntos

c) Por cada título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño:

0,200 puntos

d) Por cada título de técnico superior de Formación Profesional:

0,200 puntos

e) Por cada título de técnico Deportivo Superior:

0,200 puntos

III. Outros méritos: máximo 2 puntos

3.1. Dominio de linguas estranxeiras

3.1.1. Nivel C1 ou superior:

Por cada certificado oficial de recoñecemento dunha lingua estranxeira, que acrediten un nivel de coñecemento de idiomas, expedidos por centros oficiais, segundo a clasificación do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER).

1 punto

Fotocopia compulsada do título correspondente co certificado de acreditación dunha lingua estranxeira clasificado polo Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER).

3.1.2. Por cada título estranxeiro do nivel equivalente ao nivel B2 (nivel avanzado), sempre que non se acreditase o título equivalente da Escola Oficial de Idiomas do número 2.4.b) no mesmo idioma.

0,50 puntos por cada título

3.2. Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades de corpo de mestres, ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou os órganos correspondentes doutras comunidades autónomas ou o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, por institución sen ánimo de lucro sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.

Puntuaranse con 0,1 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos, sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuarán o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades estean expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Fotocopia compulsada do certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro deberase ademais acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

3.3. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicadas na subepígrafe 3.2.

Puntuarase con 0,1 puntos por cada 5 horas. Con esta finalidade sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto de horas inferiores a 5. Cando as actividades veñan expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Fotocopia compulsada do certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro deberase ademais acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

Disposición complementaria primeira

Unicamente serán baremados aqueles méritos perfeccionados e xustificados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Disposición complementaria segunda

Para os efectos do punto dous non se poderán acumular as puntuacións cando os servizos fosen prestados simultaneamente en máis dun centro docente.

Os servizos prestados no estranxeiro acreditaranse mediante certificados expedidos polos ministerios de Educación dos respectivos países ou autoridades públicas competentes, no cal deberán constar o tempo de prestación de servizos e o carácter de centro público ou privado, o nivel educativo e a materia impartida. Cando non se acredite a materia impartida ou esta non coincida con algunha das especialidades obxecto desta convocatoria, os servizos entenderanse prestados en distinta especialidade a que se opta, segundo corresponda. Os ditos certificados deberán presentarse traducidos ao castelán ou galego.

Disposición complementaria terceira

Nas seguintes epígrafes, por cada mes súmanse as seguintes puntuacións: na epígrafe 1.1, 0,084 puntos; na epígrafe 1.2, 0,042 puntos; na epígrafe 1.3, 0,042 puntos; na epígrafe 1.4, 0,021 puntos.

Disposición complementaria cuarta

A experiencia docente na universidade baremarase polo número 1.4.

Disposición complementaria quinta

No caso de que non se remita a certificación académica persoal e, no seu defecto, se presenta fotocopia compulsada do título ou da certificación do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo), considerarase que o aspirante obtivo a nota media de aprobado.

Para os efectos de valoración do expediente académico do título alegado, os aspirantes que obteñan o título no estranxeiro presentarán certificación expedida pola Administración educativa do país en que obtivo o título que indique a nota media deducida das cualificacións obtidas en toda a carreira e exprese, ademais, a cualificación máxima e mínima que se poden obter, de acordo co sistema académico correspondente, para os efectos de determinar a súa equivalencia coas cualificacións españolas.

Disposición complementaria sexta

En ningún caso serán valorados aqueles cursos que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

Disposición complementaria sétima

Non se valorará o curso de aptitude pedagóxica ou o máster de formación.

Disposición complementaria oitava

De conformidade co artigo 6 da Orde do 11 de novembro de 1998, as equivalencias entre distintos cursos e probas de lingua galega terán a mesma consideración legal que os cursos presenciais de iniciación e perfeccionamento.

Disposición complementaria novena

Nas certificacións dos cursos organizados polas universidades deberá figurar a sinatura do seu reitor ou vicerreitor competente. Non son válidas as certificacións asinadas polos departamentos ou polos relatores destes.

Disposición complementaria décima

Os aspirantes non poderán ter máis de 10 puntos pola valoración dos seus méritos.

ANEXO III

Lingua galega.

Tema 1. Formación da lingua galega. Niveis de lingua e tratamento escolar.

Tema 2. A realidade actual da lingua: estatus legal e escolar. A normalización lingüística no ensino.

Tema 3. Particularidades fonéticas, morfosintácticas e léxicas do galego en relación coas linguas limítrofes. Tratamento escolar das interferencias.

Tema 4. Vocalismo e consonantismo.

Tema 5. O texto. Temas e subtemas. Esquema oracional. Oración simple e composta. Coordinación e subordinación.

Tema 6. O substantivo e o adxectivo. Oracións subordinadas substantivas. Oracións subordinadas adxectivas.

Tema 7. Pronomes persoais. Formas, funcións e colocación con respecto ao verbo.

Tema 8. Artigos, posesivos, demostrativos, numerais, indefinidos e interrogativos.

Tema 9. O verbo. Verbos irregulares. A perífrase.

Tema 10. Adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións. As oracións subordinadas adverbiais.

ANEXO IV

O exercicio práctico a que fai referencia a base 11.3 da presente orde de convocatoria versará sobre un ou varios dos aspectos seguintes:

Educación infantil.

– Etapas máis significativas no desenvolvemento do neno de 0 a 6 anos.

– Correntes pedagóxicas e psicolóxicas e influencia na educación infantil.

– Conceptos básicos que debe dominar o neno, previos á lecto-escritura.

– Metodoloxía sobre a prelectura e a preescritura.

– Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

Lingua estranxeira: inglés.

Versará sobre a lectura comprensiva dun texto neste idioma con preguntas e respostas por escrito referidas ao texto.

Educación física.

Incluirá:

– Resolución dun ou varios supostos prácticos elaborados polo tribunal. Estes supostos versarán sobre os temas da parte A do temario e/ou sobre os bloques dos contidos da educación física na educación primaria.

Música.

Constará de dúas partes:

a) Escrita, que deberá incluír:

– Composición dunha peza vocal e instrumental para utilizar na aula, sobre un texto dado polo tribunal.

– Composición libre dunha peza musical, xustificando a súa adaptación ao estado madurativo dos alumnos.

– Análise dun fragmento musical de tipo folclórico.

b) De interpretación:

– Lectura dun fragmento musical seleccionado polo tribunal.

– Interpretación, coa voz ou cun instrumento achegado polo opositor, dun fragmento musical sobre unha partitura seleccionada polo tribunal.

Pedagoxía terapéutica.

– Organización da atención á diversidade nun centro ordinario que escolariza alumnado con necesidades educativas especiais.

– Características fundamentais do proxecto educativo dun centro específico de educación especial.

– Criterios básicos para a elaboración de adaptacións curriculares significativas e ampliación e desenvolvemento das mesmas.

– Competencias do profesorado de apoio (alumnado NEAE, aula, centro e familias).

– Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

Audición e linguaxe.

– Organización da atención á diversidade nun centro ordinario que escolariza alumnado con necesidades educativas especiais.

– Características fundamentais do proxecto educativo dun centro específico de educación especial.

– Criterios básicos para a elaboración de adaptacións curriculares significativas e ampliación e desenvolvemento das mesmas.

– Competencias do profesorado de apoio (alumnado NEAE, aula, centro e familias).

– Bases anatómicas, fisiolóxicas e neurolóxicas da linguaxe.

– A estimulación precoz na adquisición e desenvolvemento da linguaxe.

– Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

– Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

Educación primaria.

– Diferentes aspectos das programacións didácticas de educación primaria e a súa aplicación na aula.

– Titoría, orientación e medidas de atención á diversidade.

– Incorporación das TIC na programación didáctica da aula para fomentar o desenvolvemento da competencia dixital.

– Proxecto lector de centro: actuacións para a biblioteca de centro, biblioteca de aula, propostas de animación a lectura, fomento da escritura.

ANEXO V

Don/Dona……………………………., con domicilio en……………………………………...., e con DNI…………………....., declaro baixo a miña responsabilidade, para os efectos de ser nomeado/a funcionario/a do corpo de ......................................, que non foi separado/a do servizo de ningunha das administracións públicas e que non está inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

…………………..., ... de…………………... de 2015

Asdo.:

missing image file