Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014298PAOS-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 4 de marzo de 2015, a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador número 2014298PAOS-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Berta Darriba Martínez (Ambulancias BDM), con NIF 36068796N, titular dos vehículos dedicados a transporte sanitario con matrículas 6170FST e 9259FSY.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se lle notifica a Berta Darriba Martínez o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43,1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e derradeiro do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA transacción 1316, NIF S1511001H e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 30 de marzo de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2014298PAOS-PO.

Denunciado: Berta Darriba Martínez (Ambulancias BDM), con NIF 36068796N, titular dos vehículos dedicados a transporte sanitario con matrículas 6170FST y 9259FSY.

Último enderezo coñecido: rúa Cochón, núm. 47 interior. Arcade, 36690 Soutomaior (Pontevedra).

Feitos imputados: non cumprir co establecido nos artigos 5 e 7 do Decreto 42/1998, do 15 de xaneiro, polo que se regula o transporte sanitario, modificado polo Decreto 11/2011, do 20 de xaneiro, e no artigo 3 do Real decreto 836/2012, do 25 de maio, polo que se establecen as características técnicas, o equipamento sanitario e a dotación persoal dos vehículos de transporte sanitario por estrada.

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como graves no artigo 42.e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción imposta: doce mil vinte euros con vinte e seis céntimos (12.020,26 €).