Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de almacenamento de residuos no porto de Vigo, no concello de Vigo (Pontevedra) (clave 2014-IPPC-I-68).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– O proxecto para a autorización ambiental integrada para a planta de almacenamento de residuos sita no porto de Vigo. Memoria.

– Proxecto para a autorización ambiental integrada para a planta de almacenamento de residuos sita no porto de Vigo. Anexos.

– Proxecto para a autorización ambiental integrada para a planta de almacenamento de residuos sita no porto de Vigo. Documento de síntese.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, na Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>medio ambiente e sostibilidade>prevención e control de actividades>autorización ambiental integrada>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-68.

Peticionario: UTE Botamavi Servicios Generales Marítimos, S.L.; Tradebe, S.A. e Urbaser, S.A.

Domicilio social: Cánovas del Castillo, 10, 3º G, 36202 Vigo.

Localización da instalación: peirao de reparacións de Bouzas, 36208 Vigo.

Actividade: almacenamento de residuos.

Descrición: na nave realízase a recepción e o almacenamento temporal de residuos Marpol xerados en barcos. Para isto, conta con varias zonas de almacenamento: unha área de recipientes móbiles (residuos Marpol V), unha área de tanques fixos que consta de 4 tanques horizontais de 33 m3 situados nun cubeto con equipamentos de bombeo (residuos Marpol I), unha área de carga e descarga de residuos para camións, unha área de aprovisionamento de tanques móbiles e compactadora de residuos non perigosos e unha área de almacenamento de residuos Marpol IV.