Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Burela (expediente IN407A 2015/9-2, 8203 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Polígono Empresarial As Gándaras, Lugo.

Denominación: reforma CT vía (CD5770), sito na rúa Celso Emilio Ferreiro.

Situación: concello de Burela.

Características técnicas:

1. Reforma de obra civil consistente na realización de fosos de recollida de aceite, acondicionamento do local e da súa ventilación.

2. Instalación de dúas celas de liña e dúas de protección de trafo (unha delas de reserva), potencia proxectada 2×630 kVA, potencia inicial 1×630 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla núm. 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 8 de abril de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo