Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de deseño e fabricación dun catálogo de kits para a detección de patóxenos, dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-13-transferencia e difusión de resultados, cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-14-056).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos

c) Número de expediente: AB-SER1-14-056.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de deseño e fabricación dun catálogo de kits para a detección de patóxenos, dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-13-«transferencia e difusión de resultados».

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 73000000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 85.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 85.000 euros. Importe total: 102.850 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6.2.2015.

b) Data de formalización do contrato: 11.2.2015.

c) Contratista: Vacunek, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 83.699,71 euros. Importe total: 101.276,65 euros.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos