Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia licitación para a contratación da adquisición, integración, implantación e soporte dun sistema de información para a realización dun piloto no Servizo de Rehabilitación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado (expediente AB-EIV1-15-013).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avda. das Camelias, nº 109.

3) Localidade e código postal: 36211 Vigo.

4) Teléfono: 986 21 92 33.

5) Telefax: 986 21 91 50.

6) Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es .

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es .

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborables agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIV1-15-013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: adquisición, integración, implantación e soporte dun sistema de información para a realización dun piloto no Servizo de Rehabilitación.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución/entrega: o se especifique no prego de cláusulas administrativas.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 72500000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se for o caso: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:

Concepto Puntuación

Oferta económica 60

Cobertura horaria 10

Calidade técnica da solución proposta 30

4. Valor estimado do contrato: 175.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 87.500,00 €. IVE (21 %): 18.375,00 €. Importe total: 105.875,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se for o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: as ofertas pódense presentar en man antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Se o último día de presentación das solicitudes coincide en sábado ou en día inhábil, na localidade da entidade adxudicadora, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2) Domicilio: avda. das Camelias, nº 109.

3) Localidade e código postal: Vigo 36211.

4) Enderezo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es .

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña, avda. das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Ver cláusula 3.4 do PCAP.

Vigo, 29 de maio de 2015

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo