Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45074

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4020/2014).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4020/2014 desta sección, seguido por instancia de Lidia Valeiras Pérez contra Sergas, Fogasa, Clece, S.A., Maconsi, S.L., administración concursal Maconsi, S.L. (Ricardo José Orban Moreno), administración concursal Maconsi, S.L. (Manuel Elías Pérez Álvarez), administración concursal Maconsi, S.L. (Manuela Seguin Nieto), sobre cesión ilegal, se ditou a seguinte resolución do 30.6.2015:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante contra a sentenza do 5.3.2014, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, en autos 1216/2011, confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que sirva de notificación en legal forma á administración concursal de Maconsi, S.L. (Manuela Seguin Nieto), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza