Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49224

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 23 de decembro de 2015 pola que se convocan para o ano 2016 as axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014_2020.

Vistos o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, que establece axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, e o Regulamento (UE) nº 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e introduce disposicións transitorias.

Coa finalidade de mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, así como facilitar a entrada no sector agrario de agricultores axeitadamente formados, e en particular a renovación xeracional, de acordo co Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014_2020 aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015.

Precisamente esta recente aprobación do PDR, e por motivos de seguridade xurídica, fai necesario que se difira a produción de efectos desta orde, para os efectos de que tanto os destintarios da mesma coma os posibles interlocutores entre eles a esta Administración, teñan a información suficiente no momento de formalizar as complicadas solicitudes anexas a este procedemento.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2016 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020, en réxime de concorrencia competitiva:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedementos MR405A).

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1 Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A).

– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

Estas axudas teñen como finalidade:

a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.

b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Artigo 2. Definicións

Ademais das definicións establecidas na normativa comunitaria e estatal de aplicación, para os efectos desta orde, enténdese por:

1. Agricultor activo: titular dunha explotación agraria que cumpre coas condicións establecidas no capitulo I do título II do Real decreto 1075/2014.

2. Agricultor mozo: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os dezaoito anos e non teña cumpridos os corenta e un anos, e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación, de xeito individual, como cotitular ou como socio.

Poderá ter a consideración de agricultor mozo aquel que, sendo titular dunha explotación agraria, esta sexa considerada de autoconsumo ou non comercial.

3. Agricultor profesional: a persoa física que, sendo titular dunha explotación agraria, polo menos o 50 % da súa renda total a obteña de actividades agrarias ou doutras actividades complementarias, sempre e cando a parte da renda procedente directamente da actividade agraria da súa explotación non sexa inferior ao 25 % da súa renda total e o volume de emprego dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha unidade de traballo agrario.

Para estes efectos, consideraranse actividades complementarias a participación e presenza da persoa titular, como consecuencia de elección pública, en institucións de carácter representativo, así como en órganos de representación de carácter sindical, cooperativo ou profesional, sempre que estes estean vinculados ao sector agrario. Tamén se considerarán actividades complementarias as de transformación dos produtos da explotación agraria e a venda directa dos produtos transformados da súa explotación, sempre e cando non sexa a primeira transformación especificada no número 1 do artigo 2 de la Lei 19/1995, así como as relacionadas coa conservación do espazo natural e protección do ambiente, o turismo rural ou agroturismo, ao igual que as cinexéticas e artesanais realizadas na súa explotación.

4. Exercer o control da explotación: no caso de mozos que se instalan nunha persoa xurídica, entenderase que o mozo exerce o control efectivo sobre a persoa xurídica cando as accións ou participacións do mozo supoñan polo menos un capital social igual ou superior ao do socio con maior participación e, ademais, formen parte da xunta reitora ou órgano de goberno.

5. Gastos xerais dos proxectos: os custos xerais vinculados ás operacións de investimento, tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade, aos cales se refire o artigo 45.2.c) do Regulamento (UE) 1305/2013, non poderán superar o 12 % do custo subvencionable do investimento.

6. Pequena explotación: aquela explotación que figure inscrita no Rexistro de explotacións agrarias de Galicia e cuxa renda unitaria total (RUT) estea entre os seguintes parámetros:

– Mínimo: a renda unitaria de traballo que se obteña será igual ou superior ao 15 % da renda de referencia.

– Máximo: a renda unitaria de traballo que se obteña será inferior ao 35 % da renda de referencia.

7. Proceso de instalación dun mozo: este proceso iníciase cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

– Alta na Axencia Tributaria, na actividade agraria.

– Alta no réxime especial dos traballadores autónomos, no Sistema especial para traballadores por conta propia agrarios incluído no dito réxime, ou no correspondente réxime da Seguridade Social pola súa actividade agraria.

– Alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia como titular ou socio dunha entidade asociativa titular dunha explotación agraria.

O inicio do proceso de instalación debe ser igual ou anterior, cun prazo máximo de 12 meses, á solicitude da axuda.

No caso dunha instalación nunha entidade asociativa, considerarase como data de instalación a data máis recente entre as seguintes: alta ou modificación da situación censual da persoa xurídica na Axencia Tributaria, alta do mozo na Seguridade Social, alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia como socio e data en que se produza o desembolso total que o mozo ten que realizar ao capital social.

O proceso de instalación enténdese rematado cando se cumpran todas as condicións mencionadas anteriormente.

8. Proxectos de innovación: entenderase que un proxecto é de carácter innovador se cumpre algún dos seguintes requisitos:

a) Proxecto singular.

b) Posta en marcha dunha nova tecnoloxía, creación de novos produtos ou mellorados que incorporen trazos específicos locais.

c) Métodos de cooperación conxunta relacionados co aproveitamento das superficies agrarias de forma sustentable económica e ambientalmente.

O carácter innovador poderá estar presente no contido técnico do proxecto (no produto, no procedemento de obtención ou noutro elemento) ou na forma de organización e participación dos actores locais no proceso de toma de decisións e de aplicación do proxecto.

9. Proxectos integrados: proxectos operativos que inclúen actividades de distinta índole que obteñen financiamento a través de distintas medidas do PDR ou doutros fondos comunitarios.

10. Renda de referencia: indicador relativo aos salarios brutos non agrarios en España. A determinación anual da súa contía farase en concordancia co previsto ao respecto na normativa da Comunidade Europea e tendo en conta os datos dos salarios publicados polo Instituto Nacional de Estatística.

11. Rendemento global da explotación: a mellora das explotacións agrarias en termos de mellora do rendemento global suporá unha mellora integral e duradeira na economía da explotación. O plan de viabilidade que se elabore deberá demostrar, mediante cálculos específicos, que os investimentos materiais ou inmateriais están xustificados desde o punto de vista da situación da explotación e da súa economía, e que a súa realización suporá unha mellora do rendemento global da explotación. Para estes efectos, considerarase que o plan de viabilidade cumpre as condicións establecidas cando, tras a súa realización, non diminúa a renda unitaria de traballo da explotación ou, nos casos en que se incremente número de UTA, non diminúa a marxe neta súa. Tamén se considerará como investimento que mellore o rendemento global da explotación o que supoña unha mellora nas condicións de traballo ou que mellore as condicións ambientais ou de hixiene e benestar na explotación.

12. Unidade de traballo agrario (UTA): o traballo efectuado, de modo directo e persoal, por unha persoa dedicada a tempo completo durante un ano á actividade agraria.

Artigo 3. Requisitos dos beneficiarios

Ademais dos requisitos específicos establecidos para cada beneficiario segundo o tipo de axuda que solicite, todos deben:

1. Cumprir a condición de agricultor activo no momento da solicitude, cun período de graza de 18 meses desde a data de instalación para os agricultores mozos.

2. Dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico, no cal deben estar incluídos os gastos declarados para esta axuda.

3. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirisen a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Ter dado lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

h) Ser sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

i) Ser sancionados por delitos ou infraccións ambientais.

Artigo 4. Prazo de solicitude da axuda

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 18 de xaneiro e rematará o 18 de marzo, ambos incluídos. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 5. Presentación das solicitudes

1. As persoas que estean interesadas en acceder ás axudas previstas nesta orde dirixirán a solicitude de axuda á Consellería do Medio Rural, conforme o modelo normalizado que figura nos anexos.

2. As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Neste caso, a documentación que se xunta á solicitude deberase presentar en documento orixinal ou fotocopia compulsada, de acordo co establecido no artigo 38.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

4. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes dela.

A documentación complementaria tamén se poderá presentar en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que son auténticas.

5. Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada aos interesados nos termos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

7. Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 6. Comezo da subvencionabilidade

Serán subvencionables os gastos efectuados con posterioridade á presentación da solicitude da axuda en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación da solicitude de ningún modo garante a súa aprobación. Os custos xerais vinculados directamente a un proxecto de investimento en materia de produción dos produtos agrícolas serán subvencionados incluso cando se produzan con anterioridade á presentación da solicitude da axuda.

Artigo 7. Presentación dos permisos administrativos

Para esta convocatoria, as obras e construcións que precisen da correspondente licenza municipal deberán contar con ela, de acordo co establecido na normativa urbanística. Para iso deberán presentar a licenza municipal, como máis tarde, antes da aprobación. Establécese o mesmo prazo para o caso de investimentos que deban contar con calquera outro permiso administrativo, de acordo coa correspondente normativa sectorial. O non cumprimento destes requisitos suporá a denegación da axuda.

Artigo 8. Tramitación e resolución das axudas

1. A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural instruirá os expedientes, realizando de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 71.1 e 42.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

2. Verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, emitirase o correspondente informe do órgano colexiado, que formulará a proposta de resolución á persoa titular da Consellería do Medio Rural.

3. A persoa titular desta consellería, vista a proposta, ditará a correspondente resolución de concesión da subvención e o seu importe previsto, segundo as normas e os criterios establecidos nesta orde, no prazo de seis meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude.

Artigo 9. Notificacións

1. Notificaránselles ás persoas interesadas as resolucións e os actos administrativos que afecten os seus dereitos e intereses, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Nesta notificación serán informados os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, así como da medida e da prioridade do PDR de que se trate.

2. As notificacións electrónicas só se poderán practicar cando así o manifeste expresamente a persoa destinataria ou despois da aceptación da proposta do correspondente órgano ou organismo público.

3. As notificacións electrónicas realizaranse mediante a plataforma de notificación electrónica dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). De acordo co artigo 25 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, o sistema de notificación permitirá acreditar a data e hora en que se produza a posta á disposición da persoa interesada do acto obxecto de notificación, así como a de acceso ao seu contido, momento a partir do cal a notificación se entenderá practicada para todos os efectos legais. Sen prexuízo do anterior, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia poderá remitir ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante correo electrónico dirixido ás contas de correo que consten nas solicitudes para os efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada.

4. Se transcorren dez días naturais desde a posta á disposición dunha notificación electrónica sen que accedese ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada e terase por efectuado o trámite seguíndose o procedemento, salvo que de oficio ou por instancia da persoa destinataria se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.

5. Se a notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Calquera modificación dos investimentos aprobados que supoña un cambio de obxectivos, conceptos ou variación do orzamento, así como de calquera condición específica sinalada na resolución de concesión, requirirá a autorización desta consellería, unha vez presentada a correspondente solicitude xustificativa. No caso de redución dos investimentos, sempre que se manteñan os obxectivos iniciais, a subvención concedida verase diminuída na contía proporcional conseguinte. Unha vez concedida a axuda, non se admitirán modificacións do plan de empresa relacionadas coa produción, coas actuacións programadas ou que afecten a orientación técnica da explotación ou a súa viabilidade, salvo que sexan modificacións de menor entidade ou debidas á ampliación do tipo de cultivos e/ou de gandaría (en todo caso, será necesario que a persoa beneficiaria comunique a intención de realizar cambios no plan de empresa aprobado, con anterioridade á súa realización efectiva).

3. Unha vez aprobado o expediente, calquera cambio sobre os investimentos que se aprobaron deberá ser solicitado, como máximo, seis meses antes de que remate o prazo de execución. A autorización destes cambios será anterior á súa execución. Isto supón que os xustificantes do gasto e do pagamento destes novos investimentos autorizados deberán ter data posterior á dita autorización.

Terase en conta o seguinte:

– Os cambios que supoñan a modificación da licenza deben estar autorizados con anterioridade á data da solicitude de pagamento, e deberase entregar o proxecto coas modificacións autorizadas xunto coa licenza modificada e co resto da documentación exixida no artigo 7 da Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación. Isto supón que os xustificantes do gasto e do pagamento destes novos investimentos autorizados deberán ter data posterior á dita autorización.

– Os cambios que non supoñan a modificación da licenza non será necesario solicitalos, e na solicitude de pagamento entregarase o proxecto coas modificacións e coa certificación municipal de non modificación da licenza orixinal xunto co resto da documentación exixida no artigo 7 da Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación. Se este tipo de cambios non son solicitados e posteriormente autorizados, a axuda certificarase con base na resolución da aprobación.

– Os cambios nas características do mesmo tipo de maquinaria inicialmente aprobada deben ser solicitados para a súa autorización posterior.

Estes cambios sobre os investimentos deberán ser autorizados pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da conselleira do Medio Rural, agás aqueles que non supoñan cambios nas características técnicas, que serán autorizados polo xefe do servizo territorial de explotacións agrarias correspondente.

O prazo para resolver estes cambios será de dous meses. Se, transcorrido o prazo para ditar a correspondente autorización, esta non se producise, o beneficiario entenderá denegada a súa petición de cambio de investimento.

4. Nos casos en que a persoa beneficiaria non execute na súa totalidade o plan de mellora para o cal ten concedida a axuda ou se produzan desviacións substanciais entre o investimento realizado e aprobado, deberá indicar na solicitude de pagamento os investimentos polos cales a solicita, recalculándose a axuda segundo corresponda á redución do investimento.

5. Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a ela.

6. A Consellería poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 11. Prazo de xustificación e ampliación

1. O prazo de xustificación destas axudas será:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas baixo esta medida é de 18 meses desde a súa aprobación.

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1 Creación de empresas para os agricultores mozos. Estas submedida están supeditada á execución dun plan empresarial, que terá unha duración de 24 meses a partir da data da instalación do mozo.

– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións. Esta submedida tamén está supeditada á execución dun plan empresarial, que terá unha duración de 18 meses desde a aprobación da axuda.

2. Atendendo ao artigo 49 da Lei 30/1992 poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, un mes antes de que acabe o prazo de execución.

Tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

3. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 12. Recursos administrativos

A resolución da subvención porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada directamente, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución for expresa.

Artigo 13. Incompatibilidade das axudas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda.

2. As persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.

3. Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 14. Reintegro da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial do importe da axuda máis os xuros de demora correspondentes, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009 que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas.

2. Procederá o reintegro nas seguintes circunstancias:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

3. Durabilidade dos investimentos: deberá reembolsarse a axuda se, nos cinco anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, se produce calquera das seguintes circunstancias:

a) Cesamento ou relocalización da actividade produtiva fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cambio da propiedade do elemento que proporcione a un terceiro unha vantaxe indebida.

c) Cambio substancial que afecte a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de xeito que se menoscaben os obxectivos orixinais.

4. No caso dun pagamento indebido, atendendo ao disposto no artigo 7 do Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, de ser o caso, os xuros, que se calcularán en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non se poderá fixar en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

5. Non procederá o reintegro das axudas percibidas cando o incumprimento dalgún dos requisitos exixidos ao beneficiario sexa debido a algunha das seguintes causas de forza maior:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Incapacidade laboral de longa duración do beneficiario.

c) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente a explotación.

d) Destrución accidental dos edificios para o gando da explotación.

e) Epizootia ou enfermidade vexetal que afecte unha parte ou a totalidade do gando ou dos cultivos, respectivamente, do beneficiario.

f) Expropiación da totalidade o dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que presentou a solicitude.

6. Tampouco se producirá o reintegro cando, durante o período de compromiso contraído como condición para a concesión dunha axuda, a persoa beneficiaria transfira a súa explotación a outra persoa que cumpra os requisitos exixidos, e esta asuma os compromisos e as obrigas, durante a parte restante do dito período. De non asumirse o compromiso, a persoa beneficiaria estará obrigada a reembolsar as axudas percibidas.

Artigo 15. Controis, reducións, exclusións e sancións

1. A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias será a responsable de efectuar os controis en aplicación do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, da Comisión.

2. Os incumprimentos poderán derivar nos seguintes tipos de penalizacións:

a) Redución: diferenza entre o importe da solicitude de pagamento e o importe determinado ou admisible tras os controis.

b) Sanción: penalización que se aplica ao importe determinado ou admisible tras os controis.

c) Exclusión da axuda e, en determinados casos, do dereito a participar na mesma medida ou liña de axudas.

Os pagamentos calcúlanse sobre a base do que se considera elixible durante os controis administrativos. Cada unidade xestora determinará:

a) O importe que se lle pode conceder ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión. Para tal efecto, tomarase en consideración a suma dos importes de gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada. No caso de que o importe da solicitude de pagamento sexa superior ao aprobado, axustarase ao límite concedido.

b) O importe que se lle pode conceder ao beneficiario logo de controlar a elixibilidade dos gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada, mediante control administrativo ou sobre o terreo.

A cantidade para pagar ao beneficiario será a definida no importe b). Cando o importe a) supera o importe b) en máis dun 10 %, a cantidade para pagar é igual ao importe b) menos a diferenza entre os dous importes; non obstante, nunca irá máis alá do importe solicitado.

3. Non se aplicará ningunha redución, sanción ou exclusión nos seguintes supostos:

a) Cando o incumprimento obedeza a causas de forza maior.

b) Cando o incumprimento obedeza a erros obvios.

c) Cando o incumprimento obedeza a un erro da autoridade competente ou doutra autoridade, e se á persoa afectada por sanción administrativa non lle fose posible detectar o erro.

d) Cando o interesado poida demostrar de forma satisfactoria para a autoridade competente que non é responsable do incumprimento das súas obrigas ou se a autoridade competente adquire doutro modo a convicción de que o interesado non é responsable.

e) Cando o incumprimento sexa de carácter menor, segundo defina a Comisión.

f) Outros casos en que a imposición dunha sanción non sexa adecuada, segundo defina a Comisión.

4. No caso de que no control administrativo sobre as UTA da explotación na solicitude de pagamento, se o número desas UTA é menor que o que figura na aprobación do expediente na situación prevista, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e levará como consecuencia a perda do dereito á axuda. Así mesmo, se no caso de que no dito control se verifica que non se cumpren os condicionantes para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes e non se acada a puntuación mínima exixida para esa aprobación, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e igualmente levará como consecuencia a perda do dereito á axuda.

5. Antes do pagamento das axudas, as persoas beneficiarias deberán acreditar de novo a xustificación de estaren ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de que non teñen ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma.

6. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios destas axudas seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei xeral de subvencións, e nos artigos 50 a 68 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado comportará a autorización á autoridade de xestión para consultar a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento dos obxectivos e prioridades.

Artigo 17. Publicidade das axudas cofinanciadas polo Feader

Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellaría do Medio Rural farase constar que estas axudas están cofinanciadas nun 7,50 % pola Administación xeral do Estado, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader. Serán informados tamén os beneficiarios do eixe prioritario do programa de desenvolvemento rural en que están incluídas estas axudas.

Conforme o establecido Regulamento de execución (UE) nº 808/2014, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo III do referido regulamento. En particular, no caso de que o investimento total sexa superior a 50.000 €, o beneficiario deberá colocar unha placa explicativa, nun lugar ben visible para o público, con información sobre o proxecto, na cal se destacará a axuda financeira da Unión, así como a bandeira europea e o lema Feader: «Europa inviste no rural».

No caso de operacións cuxo investimento total sexa superior a 500.000 €, deberá colocar un cartel permanente.

Artigo 18. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación destes procedementos require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos e as informacións previstos nesta norma, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso as persoas solicitantes poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se fagan constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos cales se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor durante todo o período de compromisos, para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, e daquela deberá presentar a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 7 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Así mesmo, a presentación da solicitude tamén leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo:

Consellería do Medio Rural/Secretaría Xeral Técnica

Edificio Administrativo San Caetano

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.es

Artigo 20. Xustificantes do gasto dos investimentos

1. Os xustificantes do gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas orixinais acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro).

2. No caso de presentar fotocopias das facturas, achegará tamén os orixinais para seren dilixenciados pola Administración, co texto «cofinanciado con Fondos Comunitarios».

3. As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Número e, se é o caso, serie.

b) A data da súa expedición.

c) Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

d) Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, co que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

e) Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura coma do destinatario das operacións.

f) Descrición das operación. Consignaranse todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no dito prezo unitario.

g) O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

h) A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

i) A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

j) No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

k) Con carácter xeral, só se considerará subvencionable a base impoñible que figure na factura. O IVE non será subvencionable, excepto cando sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre o IVE.

l) Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

m) Unha partida do orzamento auxiliable poderá xustificarse mediante unha ou varias facturas relativas aos conceptos de gasto incluídos na dita partida, sempre que a dita partida admita a desagregación en distintos conceptos.

4. O xustificante do pagamento de facturas realizarase mediante a presentación de orixinal e copia, para a súa compulsa e selaxe, dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

a) Como regra xeral, presentaranse a factura definitiva e o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria, etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria, deberá ser orixinal ou copia compulsada, e estará selado pola entidade bancaria.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio, etc.) achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

Artigo 21. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde, cofinanciadas con fondos Feader nunha porcentaxe do 75 %, efectuarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) 13.03.712B 772.0 (CP 2016 00182), para as axudas previstas aos investimentos nas explotacións agrarias, para o ano 2016, vinte millóns de euros (20.000.000); para o ano 2017, oito millóns de euros (8.000.000), e para o 2018, oito millóns de euros (8.000.000). En total, trinta e seis millóns de euros (36.000.000).

b) 13.03.712B 772.0 (CP 2016 00183), para as axudas previstas á primeira instalación de agricultores mozos, para o ano 2016, catorce millóns de euros (14.000.000); para o ano 2017, dous millóns de euros (2.000.000), e para o 2018, dous millóns de euros (2.000.000). En total, dezaoito millóns de euros (18.000.000).

c) 13.03.712B 772.0 (CP 2016 00185), para as axudas previstas ao desenvolvemento de pequenas explotacións, para o ano 2016, dous millóns de euros (2.000.000); para o ano 2017, un millón de euros (1.000.000), e para o 2018, cincocentos mil euros (500.000). En total, tres millóns cincocentos mil euros (3.500.000).

2. As ditas aplicacións orzamentarias poderán incrementarse con fondos adicionais, comunitarios, estatais e da comunidade autónoma.

3. No suposto de existir remanente nalgunha das anteriores aplicacións poderíase utilizar para financiar solicitudes da outra aplicación.

4. Esta orde tramítase conforme o establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2016, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia.

CAPÍTULO II
Creación de empresas para os agricultores mozos

Artigo 22. Requisitos dos beneficiarios

Os/as agricultores/as mozos/as que desexen acceder ás axudas á incorporación de agricultores mozos á actividade agraria deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser agricultor mozo.

b) Cumprir a condición de agricultor profesional.

c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de 36 meses desde a instalación.

d) A explotación en que se produce a instalación debe alcanzar, como incorporación do mozo, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual e inferior ao 120 % desta.

e) Cumprir o plan empresarial.

f) Non ter rematado o proceso de instalación antes da solicitude da axuda.

g) Exercer o control efectivo da explotación.

Así mesmo deberán:

a) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a instalación.

b) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co Programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea, coa execución do plan empresarial.

Artigo 23. Modalidades de primeiras instalacións

1. A primeira instalación dun/dunha agricultor/a mozo/a deberá realizarse mediante algunha das seguintes modalidades:

a) Acceso mediante titularidade exclusiva dunha explotación preexistente ou de nova creación (modalidade 1).

b) Acceso mediante cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria (modalidade 2),

c) Integración como socio/a nunha entidade asociativa (modalidade 3), preexistente ou de nova constitución, que sexa titular dunha explotación agraria prioritaria ou que adquira esta condición coa incorporación do mozo, no caso de ser de nova creación.

d) Acceso mediante titularidade compartida da explotación (modalidade 4).

2. Os cónxuxes ou parellas de feito legalmente recoñecidas, que acrediten que están en réxime de separación de bens no momento da solicitude, serán asimilados ás axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos/as nalgunha das modalidades indicadas no número 1, podendo ser os dous beneficiarios, dependendo da modalidade de instalación. No caso de cónxuxes ou parellas de feito legalmente recoñecidas, que estean en réxime de gananciais e que non tiveran constituído titularidade compartida, só poderán ser beneficiarios das axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos/as cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

i. Cando o/a mozo/a se incorpore nunha explotación en que o titular sexa o seu cónxuxe ou parella de feito legalmente recoñecida, e constitúan unha sociedade entre si, sempre que a explotación proporcione polo menos unha RUT do 35 % da renda de referencia para cada un dos membros e ambos os dous coticen como UTA na explotación.

ii. Cando se instale por integración como socio/a dunha entidade asociativa, que sexa resultado da fusión de, polo menos, dúas explotacións preexistentes en funcionamento, aínda que figure como socio/a partícipe o outro cónxuxe ou parella de feito legalmente recoñecida, sempre que a explotación resultante proporcione unha RUT para cada mozo, polo menos, do 35 % da renda de referencia e ambo os dous coticen como UTA na explotación.

Artigo 24. Documentación que hai que presentar na solicitude da axuda

1. Para solicitar a axuda do procedemento MR404A, presentarase a seguinte documentación:

a) Anexo I.

b) Copia cotexada do DNI do solicitante, no caso de non autorizar a Consellería do Medio Rural á consulta de datos do DNI no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

c) Copia do DNI do representante legal, no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e acreditación da súa representación (se é o caso).

d) Presentar un plan empresarial, que debe incluír a situación inicial da explotación agraria, as metas e obxectivos para o desenvolvemento das actividades da explotación e o detalle das accións requiridas, incluídas as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia de recursos, que inclúan investimentos e gastos asociados para a instalación do mozo, ademais da formación, asesoramento e calquera outra actividade que se vaia desenvolver. O plan deberá estar realizado segundo o anexo V.

e) Informe de vida laboral de todas as UTA e socios da explotación. No caso de asalariados, a maiores, copia do contrato e informe de vida laboral da empresa.

f) Xustificación do nivel de capacitación profesional suficiente. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante non autorice a súa consulta.

g) Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria sobre as declaracións do IRPF dos últimos catro anos presentadas polo/a solicitante e, se é o caso, copia da declaración do IRPF do último exercicio cuxo prazo para a presentación en período voluntario teña rematado (no caso de haber rendementos do traballo achegarase certificado de retencións). Así mesmo, todos aqueles interesados que xa presentaron a súa declaración da renda no período voluntario que estea aberto no momento da publicación desta orde poderán presentar esta última declaración. Esta documentación só se ten que presentar no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.

h) Solicitude de cambio de titularidade da explotación, no caso de realizar este trámite simultaneamente, en favor do agricultor/a mozo/a, axustado ao modelo normalizado da consellería; ou solicitude de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

i) Solicitudes de transferencia, en favor da nova persoa titular, de ser o caso, dos dereitos de prima que tivese a explotación, agás no caso de instalación nunha explotación asociativa.

j) Escritura pública (arrendamento do predio ou predios, compravenda, cesión, etc.), ou documento de arrendamento a través do Banco de Terras de Galicia, xustificativa da instalación, se é o caso.

k) Para a modalidade 2: a escritura pública onde conste:

i. A relación de todos os elementos que compoñen a explotación, valorados a prezo de mercado dos que, sendo propietario ou titular, estean integrados nela, con expresión detallada dos que se lle transmiten ao/á mozo/a, que deberán representar, polo menos, un terzo do valor total daqueles. Sen prexuízo do anterior, incluirase na transmisión, polo menos, un terzo da propiedade, tanto dos predios rústicos como do conxunto dos restantes bens inmobles. En todo caso, deberá indicarse expresamente que os usos e o aproveitamento de todos os elementos da explotación transmitidos ao/á mozo/a cotitular continuarán integrados na referida explotación.

ii. Un acordo, cunha duración mínima de seis anos, entre a persoa titular e o/a agricultor/a mozo/a conforme este compartirá as responsabilidades xerenciais, os resultados económicos da explotación, os riscos inherentes á súa xestión e aos investimentos que nela se realicen, nunha proporción igual ou superior ao 50 %.

l) No caso de instalarse mediante a modalidade 3:

i. Unha certificación expedida polo órgano reitor da entidade, onde se especifiquen as condicións de participación do/a agricultor/a mozo/a e a súa contribución.

ii. Os estatutos da entidade e acta de constitución.

iii. A relación de socios/as que exercen a dirección técnica e de xestión.

m) De querer optar á bonificación da axuda por volume de gasto necesario para instalarse, presentaranse tres orzamentos ou, no caso de ter realizado gastos xerais dos proxectos, as facturas cos correspondentes xustificantes de pagamento.

2. Os documentos sinalados nas anteriores letras h), i), j), k) e l) poderán ser presentados unha vez aprobada a subvención xunto coa xustificación da realización do plan empresarial. Nestes casos, coa solicitude de axuda á primeira instalación xuntarase un compromiso debidamente asinado.

Artigo 25. Criterios de prioridade

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:

a) Primeira instalación simultánea cun proxecto apoiado pola submedida 4.1: 8 puntos.

b) Instalación do mozo a tempo completo: 6 puntos.

c) Instalación nunha explotación ecolóxica: 4 puntos.

d) Instalación do/a mozo/a mediante as modalidades 1 ou 4: 4 puntos.

e) Instalación nunha explotación cualificada como prioritaria no momento da solicitude: 4 puntos.

f) Creación de emprego adicional a tempo completo: 4 puntos.

g) Explotación localizada nunha zona de montaña recollida no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013: 3 puntos.

h) O plan empresarial inclúe investimentos nun proxecto innovador: 2 puntos.

i) Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013: 1 punto.

2. No caso de empate a puntos, priorizaranse as primeiras instalacións simultáneas ligadas á submedida 4.1 e, se o empate continúa, priorizaranse as situacións na orde indicada no punto anterior.

3. As solicitudes cunha puntuación inferior a 10 puntos non serán subvencionables por non alcanzar os criterios de priorización mínimos.

Artigo 26. Contía e tipo de axuda

A axuda terá carácter de pagamento a tanto global, concederase pola execución do plan empresarial e consistirá nunha prima cuxa contía básica se establece en 20.000 euros, e poderá incrementarse nas seguintes situacións, sen que a axuda total supere os 70.000 euros:

a) De acordo co volume de gasto necesario para a posta en marcha da explotación ou instalación do mozo (exclúese a achega ao capital social):

– De 20.000 a 30.000 €: a prima increméntase en 12.500 €.

– De 30.001 a 40.000 €: increméntase en 17.500 €.

– De 40.001 a 60.000 €: increméntase en 25.000 €.

– De 60.001 a 80.000 €: increméntase en 31.500 €.

– De 80.001 a 100.000 €: increméntase en 40.500 €.

– Máis de 100.001 €: increméntase en 45.000 €.

b) Creación de emprego adicional a tempo completo na explotación, ademais da man de obra correspondente ao mozo instalado: 20.000 €.

c) Instalarase nunha explotación localizada nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013: 5.000 €.

Artigo 27. Xustificación e pagamento da axuda

A axuda aboarase en dous tramos:

– Unha primeira correspondente ao 60 % do importe da axuda total, cando se acredite o inicio das actuacións incluídas no plan empresarial no prazo máximo de 9 meses contados desde a notificación da concesión da axuda. Para o cal se presentará, xunto cunha solicitude de pagamento, a xustificación de ter realizado a fase de inicio do plan empresarial e mais o anexo II.

– O importe restante, o 40 %, cando se comprobe a correcta execución do plan empresarial. Presentaranse, xunto cunha solicitude de pagamento, os documentos que acrediten que exerce o control efectivo da explotación e que levou a cabo o seu plan empresarial, xunto co anexo II.

Dada a natureza da actuación financiada que, en virtude do artigo 19 do Regulamento (UE) 1305/2013, é a creación de empresas para os agricultores mozos e que a axuda se aboará en función da correcta execución do plan empresarial, o cal está sometido a control, con base no artigo 65.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non será necesario constituír garantías.

CAPÍTULO III
Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas

Artigo 28. Requisitos dos beneficiarios

Requisitos dos beneficiarios de axudas aos plans de melloras para agricultores (procedemento MR405A).

1. Ser titular dunha explotación agraria inscrita, no momento da solicitude, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto para os mozos que se instalen nunha explotación de nova creación.

2. Os solicitantes persoas físicas deberán ter dezaoito anos feitos e non ter alcanzado a xubilación.

3. Posuír a capacitación profesional suficiente no momento da solicitude, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de primeira instalación simultánea. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % dos socios posúe a capacitación suficiente.

4. Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data de pagamento da axuda.

5. Levar a cabo un plan que mellore o rendemento global da explotación.

6. Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co Programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.

7. Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, estas deberán acreditar a súa constitución e que polo menos o 50 % dos comuneiros ou comuneiras reúnen os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, e poderán resultar beneficiarias da axuda, coa condición de que cumpran as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. A renda unitaria de traballo, no momento de realizar a solicitude, debe ser igual ou superior ao 35 % da renda de referencia, agás que se trate dun plan de mellora dun agricultor/a mozo/a que presente simultaneamente unha primeira instalación.

9. En calquera caso, serán denegadas aquelas solicitudes de axuda cando a explotación ou o peticionario estivese pendente de presentar a solicitude de pagamento dun plan de mellora aprobado nunha convocatoria anterior, na data en que remata o prazo para a solicitude.

Tamén serán denegadas todas aquelas solicitudes en que a explotación non requira un volume de traballo equivalente, como mínimo, a unha unidade de traballo agrario.

Artigo 29. Custos subvencionables

1. Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade da explotación. En particular:

a) A construción, adquisición ou mellora de bens inmobles.

b) A compra de nova maquinaria.

c) Os custos xerais vinculados aos gastos recollidos nas letras a) e b), tales como honorarios dos enxeñeiros que elaboren os proxectos de construción ou reforma, os estudos de viabilidade, permisos ou licenzas.

d) Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola (árbores e arbustos froiteiros, a excepción dos incluídos na medida 8 do PDR de Galicia 2014-2020).

e) A compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.

f) Adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos.

2. No caso de investimentos que inclúan actuacións de rega, será de aplicación o establecido no artigo 46 do Regulamento (UE) 1305/2013. A este respecto, para que os ditos investimentos sexan elixibles terán que cumprir as condiciones especificadas a continuación:

a) Coherencia coa planificación hidrolóxica e coa Directiva marco da auga; a demarcación hidrográfica en que se localiza a explotación onde se realizará a dotación ou mellora da instalación de rega debe contar cun plan hidrolóxico aprobado e comunicado á Comisión Europea, en termos conformes coa Directiva marco da auga.

A mellora debe ser coherente cos obxectivos, asignacións ou reservas de recursos, programas de medida e demais determinación que conteña o correspondente plan hidrolóxico, que resulten aplicables á agricultura e ao regadío.

b) Sistema de medición do uso da auga; se a operación inclúe a dotación ou mellora dunha instalación de rega, esta debe dispoñer dun contador.

c) Condicións de elixibilidade específicas para proxecto de mellora de instalacións de rega preexistentes:

a. Aforro potencial da auga; este aforro potencial debe superar o 5 % conforme aos parámetros técnicos da instalación. Para o cálculo do dito aforro terase en conta:

i. A redución de perdas por mellora das conducións dentro da explotación.

ii. A redución do volume debida ao sistema de aplicación da rega.

iii. O cambio duradeiro da orientación produtiva das parcelas en que se melloren as instalacións de rega.

b. Redución da auga empregada polos regadíos preexistentes que afecten masas de auga que non alcanzan o bo estado:

i. O investimento deberá garantir unha redución efectiva no uso da auga a nivel da instalación de, polo menos, o 50 % do aforro potencial da auga.

ii. A redución efectiva apreciarase sobre o volume da auga empregada na instalación, xa sexa procedente dunha infraestrutura de regadío ou procedente dunha captación propia. A dita redución calcularase como diferenza entre a dotación da explotación despois da modernización, e da dotación antes desta, en volume ao ano (m3/ano).

d) Condicións de elixibilidade específicas dos investimentos para a ampliación da superficie regada; só serán subvencionables os obxectivos de bo estado de acordo coa planificación hidrolóxica, ou ben que non cumpran por razóns diferentes ás cuantitativas, neste caso deberá cumprir as condicións do punto anterior.

e) Investimentos de ampliación de regadío combinados con outros de modernización de instalacións; neste caso a redución no uso da auga determinarase considerando conxuntamente as dúas instalacións: A (preexistente) e B (nova). Calcularase restando a auga empregada en A antes da modernización, tanto a auga empregada en A despois da modernización como a auga empregada en B.

Débese cumprir a condición de que a redución conxunta no uso da auga das dúas instalacións A e B dividida entre o aforro potencial derivado da modernización da instalación A orixinal sexa polo menos superior a 0,5.

3. Non serán subvencionables os investimentos que se limiten a substituír un edificio ou unha máquina existentes, ou partes destes, por un edificio ou unha máquina novos e modernos, sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou sen introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou a tecnoloxía correspondente. Non se considerarán investimentos substitutivos a demolición total dun edificio agrario de máis de 30 anos e a súa substitución por outro moderno nin a renovación xeral dun edificio. Unha renovación considerarase xeral cando o seu custo supoña como mínimo o 50 % do valor do edificio novo. No referente ás máquinas, tampouco se considerará substitución cando teñan máis de 10 anos.

A maquinaria agrícola só será elixible nos casos en que estea claramente xustificada e acorde ao dimensionamento da explotación.

A compra de dereitos de produción; plantas anuais e a súa plantación; investimento de simple substitución; maquinaria de segunda man; custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación; os montes baixos de ciclo curto; maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, e a maquinaria e equipamentos de carácter forestal non serán subvencionables.

4. Para dar cumprimento ao requisito de moderación de custos propostos que se establece no artigo 48.2.e) do Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, fixaranse custos de referencia ditados en virtude da disposición derradeira primeira, definidos na norma complementaria que se publicará na web da Consellería do Medio Rural, independentemente da exixencia de presentar un mínimo de tres ofertas de distintos provedores

5. Establécese un investimento mínimo de 5.000 € para poder ser subvencionable. O volume total do investimento máximo subvencionable para cada beneficiario será de 120.000 €/UTA, cun máximo de 500.000 €, nun período de catro anos. Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo por UTA, consideraranse as UTA iniciais, agás que se trate dun plan de mellora dun agricultor/a mozo/a que presente simultaneamente unha primeira instalación, onde o límite máximo de investimento por UTA se calculará en función do número de UTA correspondente á situación posterior á instalación.

Artigo 30. Documentación que hai que presentar na solicitude da axuda

1. Para solicitar a axuda do procedemento MR405A presentarase a seguinte documentación:

a) Anexo III.

b) Copia cotexada do DNI da persoa física solicitante, no caso de non autorizar a Consellería do Medio Rural á consulta dos datos de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009 (se é o caso).

c) Copia cotexada do NIF da persoa xurídica solicitante, no caso de que se denegue expresamente a súa verificación (se é o caso).

d) Copia do DNI do seu representante legal, no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e acreditación da súa representación (se é o caso).

e) Informe de vida laboral de todas as UTA e socios da explotación. No caso de asalariados, a maiores, copia do contrato e informe de vida laboral da empresa.

f) Xustificante da capacitación profesional. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante non autorice a súa consulta.

g) Declaración do IRPF do último exercicio cuxo prazo para a presentación en período voluntario teña rematado (no caso de haber rendementos do traballo achegarase certificado de retencións). Así mesmo, todos aqueles interesados que xa presentaron a súa declaración da renda no período voluntario que estea aberto no momento da publicación desta orde poderán presentar esta última declaración, ou ben as declaracións de tres dos últimos cinco anos sempre que inclúa a do último exercicio, para a acreditación da condición de explotación agraria prioritaria. Esta documentación só se ten que presentar no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.

h) Fotocopia cotexada dos documentos acreditativos da constitución da entidade (acta de constitución e estatutos) e, de ser o caso, das súas modificacións, debidamente inscritos no rexistro correspondente (se é o caso).

i) Certificado do número de socios e dos que cumpren os requisitos de agricultor profesional (se é o caso).

j) Memoria do plan de mellora, onde se xustificarán os investimentos que se van realizar e o rendemento global da explotación.

k) Planos e bosquexo, ou proxecto en soporte papel e dixital (ficheiro pdf).

l) Tres orzamentos, en que se detallen claramente os conceptos dos bens polos que se solicita axuda (fabricante, características técnicas, no caso de maquinaria que inclúa extras detallaranse e valoraranse por separado). No caso de ter realizado gastos xerais dos proxectos, as facturas cos correspondentes xustificantes de pagamento.

m) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades.

n) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo III os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. Así mesmo, presentarán o documento de nomeamento do seu representante ou apoderado único, e o xustificante de que se ten asinado un pacto de indivisión por un período mínimo de cinco anos contados a partir da data de concesión da axuda.

Artigo 31. Criterios de prioridade

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:

a) Investimentos en proxectos innovadores: 5 puntos.

b) Investimentos en proxectos integrados: 5 puntos

c) Axuda á primeira instalación de agricultores mozos simultánea ou nos últimos cinco anos: 5 puntos.

d) Agricultor profesional. Nas persoas físicas titulares de explotación: 5 puntos. No caso de persoas xurídicas, se todos os socios son agricultores profesionais: 5 puntos, se polo menos a metade dos socios son agricultores profesionais: 2 puntos.

e) Explotación agraria cualificada como prioritaria no momento da solicitude: 5 puntos.

f) Titular da explotación socio dunha cooperativa ou dunha entidade asociativa agroalimentaria prioritaria: 4 puntos.

g) Solicitante ao cal non se lle concedeu subvención por criterios de priorización, na convocatoria anterior: 3 puntos; nas dúas convocatorias anteriores: 4 puntos.

h) Creación de UTA asalariadas a tempo completo (sen ter destruído emprego no último ano): 1 UTA: 2 puntos; 2 UTA: 3 puntos, e 3 ou más UTA: 5 puntos.

i) Explotación localizada nunha zona de montaña recollida no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013: 3 puntos.

j) Explotación ecolóxica: 3 puntos.

k) Explotación de titularidade compartida: 3 puntos.

l) Investimentos en aforro enerxético que supoñan máis do 50 % do investimento elixible: 2 puntos.

m) Investimentos en novas tecnoloxías eficaces para reducir as emisións de CO2 e amoníaco: 2 puntos.

n) Investimentos en xestión de xurro ou esterco: 2 puntos.

o) Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013: 1 punto.

2. No caso de empate a puntos, priorizaranse segundo a orde indicada no punto anterior.

3. As solicitudes con una puntuación inferior a 10 puntos non serán subvencionables por non alcanzar os criterios de priorización mínimos.

Artigo 32. Contía e tipo de axuda

O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 80 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

• 10 % cando o beneficiario sexa un agricultor mozo ou que se tivese instalado durante os cinco anos anteriores á solicitude da axuda. Neste último caso, os solicitantes deben seguir sendo mozos na data da solicitude da axuda.

• 10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais segundo o Regulamento (UE) 1305/2013.

• 10 % no caso de operacións subvencionadas no marco da Axencia Europea da Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola.

• 10 % no caso de investimentos relacionados con operacións en medidas agroambientais ou agricultura ecolóxica.

Artigo 33. Xustificación e pagamento da axuda

1. Só serán subvencionables os investimentos que se realicen e que se xustifique o seu gasto e pagamento con posterioridade á data de presentación da solicitude, agás no caso dos gastos xerais dos proxectos, e ata a data límite de realización dos investimentos, sempre e cando recaia resolución aprobatoria da axuda sobre os ditos investimentos.

2. Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos, e cumpridos, de ser o caso, os compromisos adquiridos, as persoas interesadas deberán comunicalo, presentando tamén a documentación e os xustificantes dos investimentos efectuados, en que se incluirán os correspondentes ao gasto e pagamento destes. Esta comunicación terá a consideración de solicitude de pagamento, para os efectos do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión.

3. Cando se trate de investimentos en maquinaria, a maiores, achegarase xustificante da inscrición no Rexistro de Maquinaria Agrícola. No caso de ser necesaria, presentarase a documentación de matriculación.

4. Respecto das condicións de admisibilidade da adquisición de bens mediante fórmulas de financiamento e pagamento que difiren a adquisición da plena propiedade do ben, terase en conta o seguinte:

a) Os bens deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de financiamento que condicionen a adquisición da propiedade do ben a un momento posterior (contratos de financiamento de bens con reserva de dominio, leasing, etc.) só se consideran subvencionables sempre que os bens pasen a ser da propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de xustificación da axuda. En concreto, a adquisición de maquinaria e equipamento a través de operacións de arrendamento financeiro só será subvencionable se o contrato inclúe o compromiso de compra en que se prevexa que o beneficiario chegue a ser propietario da maquinaria ou equipamento de que se trate dentro do prazo límite de xustificación da axuda. O importe máximo subvencionable non superará o valor de mercado do activo arrendado.

b) En ningún caso serán subvencionables outros custos ligados ao contrato de arrendamento financeiro, tales como impostos, marxe do arrendador, custos de refinanciamento dos xuros, gastos xerais ou gastos de seguros.

c) Non serán subvencionables as adquisicións de bens no marco dun sistema de venda e arrendamento retroactivo (lease-back).

5. Unha vez presentada a solicitude de pagamento dos investimentos, o persoal técnico das oficinas agrarias comarcais, dos servizos territoriais de explotacións agrarias ou outro designado pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, realizará os correspondentes controis administrativos previos ao pagamento das axudas. Non se proporán para pagamento as certificacións inferiores a 5.000 euros de investimento.

6. Os investimentos realizados, no caso de variación sobre os aprobados, deben garantir suficientemente que se cumpre o obxectivo de mellora perseguido no momento da solicitude. De non ser así, poderase iniciar o procedemento de revogación da aprobación da solicitude.

CAPÍTULO IV
Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións

Artigo 34. Requisitos dos beneficiarios

Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser titular dunha pequena explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

b) Residir na comarca onde radique a explotación ou nunha comarca limítrofe.

c) A explotación debe requirir un volume de traballo equivalente, como mínimo, á metade dunha unidade de traballo agrario imputable ao titular da explotación. Esta unidade de traballo agrario manterase durante os cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda.

d) Presentar un plan empresarial que mostre a viabilidade da iniciativa e a mellora do rendemento global da explotación.

e) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co Programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.

Artigo 35. Documentación que hai que presentar na solicitude da axuda

1. Para solicitar a axuda do procedemento MR405B presentarase a seguinte documentación:

a) Anexo IV.

b) Copia cotexada do DNI da persoa física solicitante, no caso de non autorizar a Consellería do Medio Rural á consulta dos datos de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009 (se é o caso).

c) Copia cotexada do NIF da persoa xurídica solicitante, no caso de que se denegue expresamente a súa verificación (se é o caso).

d) Copia do DNI do seu representante legal, no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e acreditación da súa representación (se é o caso).

e) Informe de vida laboral de todas as UTA e socios da explotación. No caso de asalariados, a maiores, copia do contrato e informe de vida laboral da empresa.

f) Declaración do IRPF do último exercicio cuxo prazo para a presentación en período voluntario teña rematado (no caso de haber rendementos do traballo achegarase certificado de retencións). Así mesmo, todos aqueles interesados que xa presentaron a súa declaración da renda no período voluntario que estea aberto no momento da publicación desta orde poderán presentar esta última declaración para a acreditación da condición de agricultor activo. Esta documentación só se ten que presentar no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.

g) Fotocopia cotexada dos documentos acreditativos da constitución da entidade (acta de constitución e estatutos) e, de ser o caso, das súas modificacións, debidamente inscritos no rexistro correspondente (se é o caso).

h) Plan de empresarial, onde se xustificará a viabilidade económica da explotación, de acordo co establecido no anexo V.

i) Documentación que acredite a residencia habitual. Esta documentación só se ten que presentar no caso de que a persoa solicitante non autorice a súa consulta.

j) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades.

k) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo IV os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. Así mesmo, presentarán o documento de nomeamento do seu representante ou apoderado único, e o xustificante de que se ten asinado un pacto de indivisión por un período mínimo de cinco anos contados a partir da data de concesión da axuda.

Artigo 36. Criterios de prioridade

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:

a) Investimentos en proxectos innovadores: 5 puntos.

b) Proxecto en cooperación cunha operación financiada a través da medida 16 do PDR: 5 puntos.

c) Explotación con orientación produtiva principal hortícola ou frutícola: 5 puntos.

d) Explotación ecolóxica: 4 puntos.

e) Explotación localizada nunha zona de montaña recollida no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013: 3 puntos.

f) Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013: 1 punto.

2. No caso de empate en puntos priorizaranse as situacións na orde indicada no punto anterior.

3. As solicitudes cunha puntuación inferior a 5 puntos non serán subvencionables por non alcanzar os criterios de priorización mínimos.

Artigo 37. Contía e tipo de axuda

A axuda consistirá nunha prima 15.000 euros con carácter de pagamento a tanto global, e concederase pola execución do plan empresarial que terá unha duración de 18 meses desde a aprobación da axuda.

Artigo 38. Xustificación e pagamento da axuda

A axuda aboarase en dous tramos:

– Unha primeira correspondente ao 60 % do importe da axuda total, cando se acredite o inicio das actuacións incluídas no plan empresarial no prazo máximo de 9 meses contados desde a notificación da concesión da axuda, para o cal se presentará, xunto cunha solicitude de pagamento, a xustificación de ter realizado a fase de inicio do plan empresarial e mais o anexo II.

– O importe restante, o 40 %, cando se comprobe a correcta execución do plan empresarial. Presentarase, xunto cunha solicitude de pagamento, os documentos que acrediten que levou a cabo o seu plan empresarial, xunto co anexo II.

Dada a natureza da actuación financiada, que en virtude do artigo 19 do Regulamento (UE) 1305/2013 é a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións e que a axuda se aboará en función da correcta execución do plan empresarial, o cal está sometido a control, con base no artigo 65.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non será necesario constituír garantías.

Disposición adicional primeira. Cualificación de explotacións agrarias prioritarias

Nos casos en que a documentación presentada pola persoa solicitante das axudas previstas nesta orde sexa suficiente e se reúnan os requisitos exixidos, a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias efectuará a cualificación da explotación como prioritaria, de acordo co establecido na Lei 19/1995, de modernización de explotacións agrarias, e no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Disposición adicional segunda. Réxime xurídico

As axudas a que se refire esta orde, ademais do previsto por ela e polas súas normas de desenvolvemento, rexeranse:

– Pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira primeira. Execución

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para que dite os actos necesarios para a execución da presente orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día 18 de xaneiro de 2016.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2015

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

CLAVES PARA CUBRIR A SOLICITUDE (MR404A, MR405A e MR405B)

CLAVES

1. TIPO DE TITULAR

2. CAPACITACIÓN PROFESIONAL

0. Agricultor individual muller

1. Agricultor individual home

2. Sociedade

3. SAT

4. Cooperativa agraria

6. Outras

7. Comunidade de bens

8. Agrupación de servizos

9. Cooperativa de explotación comunitaria da terra ou de traballo asociado na actividade.

a) Capataz agrícola, FP1 agraria ou nivel de formación agraria máis alto.

b) Exercicio da actividade agraria polo menos durante 5 anos, desde a certificación dos investimentos.

c) Actividade agraria e cursos de capacitación suficientes.

d) Mozo que ten realizados cursos por un mínimo de 250 horas.

e) Mozo que se compromete a realizar cursos por un mínimo de 250 horas.

ANEXO V
Plan empresarial. Descrición e contido

O mozo que se incorpora á actividade agraria debe facer una valoración completa da rendibilidade da orientación produtiva que elixa. Deberá ter en conta os distintos factores de produción e as posibilidades de mellorar a dita rendibilidade, facendo plenamente viable a explotación.

Para iso, en cumprimento do disposto no artigo 19, número 4 do Regulamento (UE) nº 1305/2014, coa solicitude de axuda ten a obriga de presentar un plan empresarial e comezar a aplicalo dentro dos nove meses seguintes á data de resolución de concesión da axuda.

O plan empresarial que se presente terá un contido mínimo común para todas as orientacións produtivas e en todas as modalidades de acceso á incorporación de mozos á actividade agraria, que consistirá, de acordo co artigo 24, letra e), das bases reguladoras, redactado segundo o disposto no artigo 5, número 1, do Regulamento delegado (UE) nº 807/2014:

a) Na descrición da situación inicial da explotación agraria.

b) As metas e obxectivos para o desenvolvemento das actividades da explotación.

c) O detalle das accións requiridas, incluídas as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia de recursos, que inclúan investimentos e gastos asociados para a instalación do mozo, ademais da formación, asesoramento e calquera outra actividade que se vaia desenvolver.

Para dar cumprimento a esta premisa presentarase un documento coa seguinte estrutura:

MEMORIA.

A memoria consistirá nunha descrición xeral da explotación e das súas condicións. Deberá reflectir entre outros a localización, orientación ou orientacións produtivas e demais datos xerais de interese.

Do mesmo xeito, farase unha sinopse da situación inicial de acceso á actividade, dos fins e obxectivos finais que se pretenden acadar e das condicións de negocio que inclúan a produción e as súas canles de distribución.

Conterá un resumo dos bens tanto materiais como inmateriais que forman e formarán parte da explotación, da cualificación da man de obra empregada, dos medios de asesoramento empregados e das condicións de integración no contorno.

Estarán claramente especificados os medios empregados para facer un uso eficiente dos recursos hídricos e evitar a contaminación de acuíferos e, de igual xeito, aqueles que contribúan á eficiencia enerxética. Definirá que tipo de medidas existen ou se adoptarán para contribuír á mitigación do cambio climático.

ANÁLISE ECONÓMICA QUE INCLÚA MATRIZ DAFO (DEBILIDADES/FORTALEZAS).

Será responsabilidade do solicitante da axuda, por medio do plan empresarial, analizar a viabilidade económica e rendibilidade da explotación, por esta razón exíxese que este sexa realizado por un técnico competente (enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao universitario equivalente).

Quérese indicar, con isto, que todos os plans empresariais deberán cumprir coas dimensións mínimas exixibles, pero que poderán ser validados polos técnicos responsables da Consellería do Medio Rural sempre que sexa convenientemente demostrada a súa viabilidade.

Para facilitar a toma de decisións utilizaranse indicadores económicos que recollan as dimensións económicas e financeiras. Tratarase de medidas verificables, para contar cun estándar con que poder avaliar o proceso e a posibilidade de acadar os obxectivos.

Incluirase a determinación da renda unitaria de traballo (RUT) da explotación.

Poderá determinarse a renda unitaria de traballo baseándose nos datos da contabilidade documentalmente acreditados para aquelas explotacións xa existentes.

Nesta epígrafe realizarase unha descrición mediante unha matriz DAFO das debilidades e fortalezas do plan empresarial presentado.

CADROS DESCRITIVOS.

O documento pecharase cos cadros que figuran a continuación, que deberán estar completamente cubertos e de cuxa veracidade deberá facerse responsable o solicitante.

Poderanse incluír os gastos de instalación realizados nos doce (12) meses anteriores á solicitude.

Para poder solicitar o pagamento do primeiro tramo de axuda será necesario que na fase de inicio se acadaran, cando menos, as metas dos números 11, altas relacionadas coa instalación, e 12, trámites de instalación, permisos e licenzas.

A certificación e avaliación do plan empresarial coa verificación do cumprimento dos requisitos exixidos serán realizadas por un funcionario competente da Consellería do Medio Rural.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file