Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49642

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2015 pola que se corrixen os erros advertidos na Resolución do 20 de novembro de 2015 pola que se publica o plan de estudos de graduado ou graduada en Estudos de Arquitectura.

Logo de advertir erros no texto da Resolución de 20 de novembro de 2015 (DOG núm. 230, do 2 de decembro), pola que se publica o plan de estudos de graduado ou graduada en Estudos de Arquitectura pola Universidade da Coruña, esta reitoría, de acordo co que se dispón no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, rectifica e publica os ditos erros da forma que se indica a seguir:

Na páxina 45379, onde di:

«5. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 300 créditos ECTS, distribuídos de acordo co punto 3, para obter o título de grao en Estudos de Arquitectura sen mención.

Para obter o título de grao en Estudos de Arquitectura nunha das mencións indicadas no punto 4, o alumnado deberá superar 306 créditos ECTS, distribuídos de acordo co punto 3, pero, como se indica no punto 7, deberá realizar 21 créditos optativos da mención elixida, en vez de 15 do total dos créditos optativos ofertados».

Debe dicir:

«5. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 300 créditos ECTS, distribuídos de acordo co punto 2, para obter o título de grao en Estudos de Arquitectura sen mención.

Para obter o título de grao en Estudos de Arquitectura nunha das mencións indicadas no punto 3, o alumnado deberá superar 306 créditos ECTS, distribuídos de acordo co punto 2, pero, como se indica no punto 4.3, deberá realizar 21 créditos optativos da mención elixida, en vez de 15 do total dos créditos optativos ofertados».

A Coruña, 17 de decembro de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña