Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx. 51587

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN201H).

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia posúe, entre outras competencias, as referidas á artesanía, ao comercio interior e á planificación e desenvolvemento das estruturas comerciais, nos termos recollidos nos decretos 110/2013, do 4 de xullo, e 129/2015, do 8 de outubro, polos que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria. Dentro destas cabe sinalar, especificamente, a promoción, fomento, modernización e desenvolvemento do comercio e da artesanía e a programación e xestión de axudas destinadas a estes fins.

O comercio e a artesanía teñen unha importancia fundamental para a economía galega, ao tempo que actúan como un elemento vertebrador das nosas vilas e cidades. Estas actividades na actualidade están sometidas a un profundo proceso de cambio, que exixe realizar un esforzo de modernización e adaptación continuo, coa finalidade de acadar unha maior competitividade.

Así, os cambios no sector comercial e artesanal deben de orientarse á súa modernización mediante o establecemento de novas fórmulas de comercialización e distribucións non incorporadas con anterioridade pola persoa comerciante ou artesá, que impliquen cambios significativos na súa actividade e redunden na súa competitividade.

Con esta finalidade, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través desta orde de axudas, dirixida a comerciantes retallistas e artesáns, así como ás federacións de comerciantes sen fin de lucro e ás asociacións profesionais de artesáns, para a posta en marcha daquelas actuacións que requiran de accións conxuntas para acadar unha maior eficacia, ten por obxecto a modernización destes sectores para a súa adaptación ás novas tendencias do mercado e para que sexan un motor de crecemento das nosas vilas e cidades.

O artigo 25 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), posibilita a tramitación anticipada dos expedientes de gasto imputables ao capítulo VII no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos xerais aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do día 19 de outubro de 2015.

De acordo co disposto no artigo 3.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, a tramitación anticipada poderá chegar como máximo ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso de gasto. Así mesmo, segundo o establecido no artigo 5 da devandita orde, todos os actos de trámite ditados en desenvolvemento desta orde enténdense condicionados a que, unha vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento da súa aprobación.

Con este fin, no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, está consignado crédito por importe de 3.100.000 € nas aplicacións orzamentarias e coas desagregacións seguintes para atender as axudas da presente orde:

09.30.751A.770.2: 3.000.000 €.

09.30.751A.781.1: 100.000 €.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuída a Consellería de Economía, Emprego e Industria en materia de comercio interior, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2016.

3. Para a concesión destas subvencións destínanse 3.100.000 €, con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2016:

Aplicación orzamentaria

Importe (€)

Beneficiarios

09.30.751A.770.2 Apoio a modernización e innovación do comercio e das pemes Comerciais

3.000.000

Artigo 3, alínea a) e b) do anexo I

09.30.751A.781.1 Asociacionismo comercial e servizos para pemes comerciais

100.000

Artigo 3, alínea c) e d) do anexo I

Estas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, á existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 2. Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude (anexo IV) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

2. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 18 de xaneiro ao 18 de febreiro de 2016.

Artigo 3. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez finalizado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate de presentación de solicitudes.

Artigo 4. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN201H, poderase obter información a través dos seguintes medios:

1. Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es

2. Páxina web oficial da consellería de Economía, Emprego e Industria http://ceei.xunta.gal/portada, na súa epígrafe de axudas.

3. Nos teléfonos 981 54 55 25 ou 981 54 55 07 da Dirección Xeral de Comercio.

4. No enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.es

5. Presencialmente, na Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, 15071 Santiago de Compostela.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 5. Recursos

Contra a presente orde, que pon fin a vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición ante o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposicións derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Comercio para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2015

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
de subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento
de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante
retallista e artesanal galego e se procede a súa convocatoria para o ano 2016 (código do procedemento IN201H)

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

En concreto, consideraranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19.

1) Para os comerciantes retallistas:

a) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m2. Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie comercial dedicada á venda.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 10.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40 %.

b) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 5.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40 %.

2) Para os titulares de obradoiros artesanais:

a) Sistemas de etiquetas intelixentes, que engadidos ao produto ou ao seu empaquetado ou envase completen a información deste, sinalando o proceso de elaboración, a historia, a rastrexabilidade ou outros valores engadidos.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

3) Para os comerciantes retallistas ou titulares de obradoiros artesanais:

a) Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento/obradoiro e o deseño dos seus produtos.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 4.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

b) Desenvolvemento e implantación de solucións de empaquetado e etiquetaxe dirixido a mellorar a loxística e a comercialización do produto e o deseño da súa presentación.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 5.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

c) Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, poñendo á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos, así como a implantación e actualización de páxinas web ou aplicacións para dispositivos móbiles, dirixidas a mellorar a comercialización dos produtos e que conten con tenda online e pasarela de pagamento. Quedan excluídos neste punto as accións de publicidade, así como os traballos de fotografía cando non exista implantación da web.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

d) Páxinas web comerciais cos seguintes elementos mínimos: portada ou páxina de inicio; formulario de contacto; páxinas de produtos ou servizos facilmente actualizables desde o xestor, incluíndo o servizo de maquetación das 2 primeiras páxinas como mínimo; epígrafe de situación cos datos de contacto da empresa.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 1.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

e) Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Quedan excluídos neste punto as accións de publicidade.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 8.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %. O beneficiario deste punto queda obrigado á inserción de 5 publicacións semanais.

Os beneficiarios poderán solicitar unha actuación por cada epígrafe e o investimento máximo subvencionable por beneficiario será de:

Para comerciantes retallistas 39.000 € (IVE excluído) e para os titulares de obradoiros artesanais 30.000 € (IVE excluido) e a porcentaxe de subvención a que se especifica en cada epígrafe.

4) Para as federacións de comerciantes:

Para o desenvolvemento do m-commerce, aplicacións informáticas (apps) e webs para teléfonos móbiles. No deseño incluirase, como mínimo: o deseño gráfico da aplicación, o desenvolvemento e a publicación nas plataformas, así como os idiomas. Deberán incluír actividades de promoción, publicidade, ofertas, etc.

Os proxectos que se implanten deberán implicar polo menos 50 establecementos comerciais.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

Cada federación só poderá presentar a solicitude para unha aplicación informática (apps).

5) Para as asociacións profesionais de artesáns:

Proxectos de deseño e creación de novos produtos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 56.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 70 %.

En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Así mesmo, non serán subvencionables nesta orde de axudas, os seguintes conceptos:

– Ordenadores.

– Bolsas, etiquetas e caixas convencionais.

– Impresoras.

– Televisores.

– Sistemas de alarma ou similares.

– Os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

Artigo 2. Financiamento e concorrencia

1. As subvencións que se establezan para as actuacións previstas nesta orde financiaranse con crédito correspondente ás seguintes aplicacións orzamentarias 09.30.751A.770.2 e 09.30.751.781.1 Modernización, emprendemento e innovación do comercio e das pemes comerciais, coa seguinte desagregación:

09.30.751A.770.2: 3.000.000 €.

09.30.751A.781.1: 100.000 €.

A concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

2. O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do investimento subvencionable.

3. As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables.

Artigo 3. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, así como as federacións de comerciantes e as asociacións profesionais de artesáns, que en todos os casos cumprirán ademais os seguintes requisitos:

a) Comerciantes retallistas:

– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social e fiscal radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

– Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

– Que estea dado de alta nalgúns dos epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que este constitúa a actividade principal do solicitante.

b) Titulares de obradoiros artesanais:

– Que o obradoiro artesán figure inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

– Que fagan uso da marca «Artesanía de Galicia».

c) As federacións de comerciantes sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) As asociacións profesionais de artesáns de Galicia legalmente constituídas.

– Que polo menos 10 dos seus membros figuren inscritos no Rexistro Galego de Artesanía.

Non poderán ser beneficiarios/as destas axudas: as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 2 número 18 do Regulamento (CE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 26.06.2014, L 187/1); nin aqueles que tendo sido beneficiarios do procedemento IN201H, renunciasen a el ou perderan o dereito ao cobramento total da subvención.

Artigo 4. Solicitudes

1. As solicitudes para participar no procedemento da concesión da subvención presentaranse na forma e prazo que se indica na convocatoria. Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:

4.1.1. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante (orixinal ou copia compulsada) que deberá estar en vigor:

Se é unha persoa física:

– Só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade ou numero de identificación de estranxeiro.

No caso de persoa xurídica:

– Só no caso de denegar a súa consulta número de identificación fiscal.

– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

– Só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade do representante legal da entidade solicitante.

– Documento acreditativo de poder suficiente para actuar ante a Administración do representante legal da entidade solicitante.

No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica:

– Número de identificación fiscal.

– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

Deberán constar expresamente (anexo V) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

No caso de federacións de comerciantes ou asociacións profesionais de artesáns:

– Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se é o caso, e acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente, así como o código de identificación fiscal.

– Poder suficiente de quen represente a entidade solicitante.

– Documento nacional de identidade do representante, só no caso de non autorizar a súa verificación.

– Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da federación ou asociación profesional de artesáns que acredite o número de asociados que a integran.

– No caso de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE), documentación acreditativa da mencionada exención.

– Para as federacións de comerciantes, informe da mesa local de comercio correspondente, relativo á solicitude de subvención, de conformidade co disposto no artigo 3.b) do Decreto 183/2011, do 15 de setembro, polo que se regulan as mesas locais de comercio.

4.1.2. No caso de comerciantes retallistas, certificación expedida pola Axencia Tributaria na cal se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura dada de alta a entidade solicitante. Se dita entidade é unha persoa física e está dada de alta en máis dunha actividade económica, presentará a declaración de IRPF do ano anterior.

4.1.3. Certificacións emitidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

As certificacións e declaración do IRPF indicadas nos puntos 4.1.2 e 4.1.3 só deben presentarse no caso de que a entidade solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para que a solicite de oficio. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración Pública correspondente, poderá presentarse o devandito documento sen compulsar.

Se a persoa solicitante é unha sociedade e está dada de alta en máis dunha actividade económica, deberá xustificar cal delas é a principal: no caso de sociedades presentará a declaración anual do IVE (modelo 390) do ano anterior; no caso de comunidades de bens ou sociedades civís documento acreditativo oficial da actividade principal.

4.1.4. No caso de comerciantes retallistas: informe emitido pola Seguridade Social de vida laboral do último ano, con todos os códigos de conta de cotización do solicitante ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social da non existencia de traballadores.

4.1.5. Memoria de cada unha das actuacións para as cales se solicita subvención, que incluirá a súa descrición, obxectivos e valoración económica das actuacións que se pretenden executar. No caso de comerciantes retallistas que soliciten as actuacións definidas no artigo 1, número 1), a) e b) das bases da convocatoria, remitirán asemade fotografías ou documentos gráficos do local antes de iniciar as actuacións.

4.1.6. Facturas ou, no seu defecto facturas proforma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas polo solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel.

As ofertas presentadas e os provedores elixidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de ser beneficiario da axuda. Non se considerarán subvencionables, parcial ou totalmente, aqueles investimentos dos cales non se presente documentación económica completa conforme o aquí recollido.

4.1.7. Para os efectos sinalados no artigo 10 destas bases, achegarase de selo caso, a seguinte documentación, que en ningún caso, será obxecto de requirimento:

Para os comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais:

– Certificado expedido polo órgano competente de estar integrado nun centro comercial aberto, asociación de comerciantes, empresarios ou artesáns.

– Alta no imposto de actividades económicas ou comunicación previa ao Concello, do local aberto durante o ano 2015.

Para as federacións de comerciantes ou asociacións profesionais de artesáns:

– Certificación emitida pola persoa que exerza a secretaría da entidade solicitante, onde se faga constar a relación de establecementos comerciais ou obradoiros artesáns que están implicados na implantación do proxecto.

– No caso de que o proxecto implique o establecemento dunha política medioambiental que contribúa á mellora da sustentabilidade, emprego de materiais ecolóxicos e reciclables en envases, embalaxes, así como a adopción doutras medidas de redución de impacto ambiental, certificado emitido pola secretaría da entidade.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén se poderá presentar en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Artigo 5. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a verificación de datos en poder das Administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice ao órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. Ás solicitudes das persoas interesadas deberanse xuntar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia nos que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen más de cinco anos dende a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento; deberá presentar neste caso a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, poidan impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

Artigo 6. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación de solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.es

Segundo o artigo 20.4 da Lei xeral de subvencións, a cesión de datos de carácter persoal que, en virtude dos parágrafos precedentes, debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado non requirirá o consentimento do afectado. Neste ámbito non será de aplicación o disposto no apartado 1 do artigo 21 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 7. Órganos competentes

A Dirección Xeral de Comercio será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, así como para realizar a proposta de resolución ao conselleiro, correspondendo ao conselleiro de Economía e Industria ditar a resolución que corresponda, sen prexuízo da delegación noutros órganos.

Artigo 8. Instrución dos procedementos

1. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, terase por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que subministre cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as esixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán a disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 9. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos interesados.

2. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

1º. Presidente: subdirector/a da Dirección Xeral de Comercio.

2º- Vogal: un/unha xefe/a de servizo da Dirección Xeral de Comercio.

3º. Vogal: un/unha xefe/a de sección da Dirección Xeral de Comercio.

4º. Vogal: un/unha técnico/a da Dirección Xeral de Comercio, que fará as funcións de secretario/.

3. Na proposta de concesión que formule a comisión figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obter a subvención, especificándose a valoración que lles corresponde segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada un deles, ata esgotar o crédito dispoñible.

4. O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para ser atendidas, ben co crédito que quedara libre de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben co incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións. Para estes efectos poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 10. Criterios de valoración

a) Para os comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais:

a.1) Adhesión ao sistema arbitral de consumo de forma indefinida: 2 puntos

a.2) Por pertenza a unha asociación de comerciantes, empresarios ou artesáns, ou por estar integrado nun centro comercial aberto: 2 puntos.

a.3) Non ter concedida ningunha axuda convocada pola Dirección Xeral de Comercio nos últimos 3 anos (2013-2015): 3 puntos.

a.4) Por exercer a actividade nun municipio de menos de 5.000 habitantes: 2 puntos.

a.5) No caso de que o local onde se desenvolve a actividade estea situado nos concellos dos plans: Impulsa-Lugo, Impulsa-Ourense, Plan Ferrol, Eume e Ortegal ou Plan Revive Costa da Morte, os cales se indican a continuación: 1 punto.

• Concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal: A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Ares, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño.

• Concellos da Costa da Morte: A Laracha, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo, Zas.

• Concellos da provincia de Lugo.

• Concellos da provincia de Ourense.

a.6) Pola apertura dun novo establecemento comercial durante o ano 2015: 1 punto.

No caso de comerciantes retallistas que non posúan establecemento comercial aberto, para os efectos dos puntos a.4) e a.5), considerarase o municipio de exercicio e desenvolvemento da súa actividade aquel onde radique o domicilio fiscal.

Unha vez esgotado o crédito dispoñible, no caso de que máis dunha solicitude obtivese a mesma puntuación, o desempate realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1. Non percibir ningunha axuda convocada pola Dirección Xeral de Comercio nos últimos 3 anos (2013-2015).

2. Exercer a actividade nun municipio de menos de 5.000 habitantes.

3. Adhesión ao sistema arbitral de consumo.

4. Menor contía no importe da subvención.

b) Para as federacións de comerciantes e asociacións profesionais de artesáns.

b.1) A calidade do proxecto, a adecuación dos obxectivos e a necesidade e coherencia da actuación que se vai subvencionar, de 1 a 5 puntos.

b.2) Implantación dos proxectos.

No caso de federacións de comerciantes:

Se a implantación do proxecto implica a máis de 50 establecementos comerciais, 2 puntos; de 61 a 70 establecementos comerciais, 3 puntos; 71 establecementos comerciais ou máis 4 puntos.

No caso de asociacións profesionais de artesáns:

Se a implantación do proxecto implica a máis de 20 obradoiros, 2 puntos; de 31 a 39 obradoiros, 3 puntos; 40 obradoiros ou máis 4 puntos.

b.3) Se o proxecto implica o establecemento dunha política ambiental que contribúa á mellora da sustentabilidade, emprego de materiais ecolóxicos e reciclables en envases, embalaxes, así como a adopción doutras medidas de redución de impacto ambiental, 2 puntos.

Unha vez esgotado o crédito dispoñible, no caso de que máis dunha solicitude obtivese a mesma puntuación, o desempate realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1. A maior puntuación na calidade do proxecto, na adecuación dos obxectivos e na necesidade e coherencia da actuación a subvencionar.

2. A maior implantación dos proxectos.

A documentación que acredite o cumprimento dos criterios establecidos neste artigo en ningún caso será obxecto de requirimento.

Artigo 11. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñerase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Non obstante, poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 12. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o instrutor formulará a proposta de resolución, que se elevará, a través do órgano instrutor, ao conselleiro.

2. O conselleiro, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a actuación que se subvenciona e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía, ou, se é o caso, a causa de denegación.

En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá superar o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario, ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable establecido.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate de presentación de solicitudes. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Nesa notificación comunicarase o importe previsto da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, e o seu carácter de axuda de minimis, en aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

As resolucións de inadmisión ou desestimación de solicitudes notificaranse individualmente, con indicación das súas causas.

Artigo 13. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1º. Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

2º. Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 14. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión da subvención poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, cumpríndose, en todo caso, os seguintes requisitos:

1º. Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

2º. Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.

3º. Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supoñan a denegación da axuda ou subvención.

3. O beneficiario deberá solicitar a modificación mediante instancia dirixida ao conselleiro de Economía e Industria xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior, cun límite de vinte días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento.

4. O acto polo que se acorde a modificación da resolución ou, se é o caso, se denegue, será ditado polo órgano concedente despois da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia aos interesados na forma prevista no artigo 11 destas bases.

Artigo 15. Renuncia

1. A renuncia á subvención, debidamente motivada, poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. En caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o conselleiro ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1 da mesma lei.

Artigo 16. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas do beneficiario:

1º. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

2º. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

3º. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, ou a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4º. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de mínimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo ao que fai referencia o artigo 1.2 destas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención.

5º. Acreditar con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

6º. Manter os investimentos subvencionados coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos, durante un período de tres anos dende a súa concesión.

7º. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da devandita lei.

8º. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

Artigo 17. Obrigas específicas de publicidade

Adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, as entidades beneficiarias de axudas deberán facer constar o cofinanciamento dos activos adquiridos ao abeiro desta axuda con fondos da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Para isto empregarán adhesivos ou distintivos similares coa lenda «Proxecto cofinanciado», acompañada do escudo normalizados da Xunta de Galicia.

Artigo 18. Subcontratación

Enténdese que un beneficiario subcontrata cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúa o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada.

Será de aplicación o disposto nos artigos 27 da Lei 9/2007 e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007.

Faise especial indicación de que as persoas ou entidades subcontratadas non poderán estar vinculadas coa entidade solicitante salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1ª. Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2ª. Que se solicite e conceda a súa previa autorización (a solicitude de autorización e a súa xustificación presentaranse xunto coa solicitude de subvención).

Artigo 19. Xustificación da subvención

1. O pagamento da subvención quedará condicionada á presentación, nos lugares sinalados no artigo 2 2 da convocatoria e ata o 10 de outubro de 2016, do orixinal ou copia compulsada da seguinte documentación:

a) Xustificantes dos investimentos: facturas dos provedores e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil e con eficacia administrativa nos termos que se establezan regulamentariamente (importe sen IVE e importe total), en relación cos gastos subvencionables, emitidas dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2016 e a data límite de xustificación.

b) Xustificación dos pagamentos: acreditarase a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento comprendido entre data de inicio do proxecto e a data límite da xustificación do proxecto. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, así como o número de factura obxecto do pago e a data do mesmo. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da devandita entidade bancaria.

c) Fotografías das zonas reformadas que amosen as obras realizadas obxecto da subvención, así como das actuacións de mellora de imaxe, que serán tomadas dende o mesmo ángulo dende o que se realizaron as remitidas coa solicitude.

d) Anexo VI da orde de convocatoria debidamente asinado.

e) No caso de que a subvención concedida teña por obxecto a construción dunha páxina web, acreditación do rexistro do dominio da páxina.

f) No caso de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor, certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse dito documento sen compulsar.

2. Os órganos competentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes.

Artigo 20. Pagamento

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Consellería, antes de proceder ao seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

2. O libramento da subvención aboarase nun único pagamento, mediante transferencia bancaria á entidade financeira ao número de conta designado polo beneficiario.

3. As subvencións minoraranse proporcionalmente se o investimento xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión, sempre que estea garantida a consecución do obxecto. En caso de concorrencia con outras subvencións ou axudas observarase o establecido no artigo 2 desta orde.

Artigo 21. Incumprimento, reintegros e sancións

1. Nos supostos de falta de xustificación, de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei de subvencións de Galicia ou de incumprimento dos deberes contidos nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia do xuro de mora correspondente dende o momento do pagamento da subvención incluíndo a data en que se acorde a orixe do reintegro.

2. O procedemento para declarar a orixe da perda deste dereito será o establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia.

3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, a Dirección Xeral de Comercio poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se e o caso, establecendo a obriga de reintegro.

Cando se trate de condicións referentes a contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables e, se é o caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento superase o 65 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

4. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da dita Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Control

1. A Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Á parte do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 23. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados dende a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, e será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases se aplicará o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Regulamento desta lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro e modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro; na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na anualidade, no Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de runcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1) e no resto de normativa que resulte de aplicación.

ANEXO II

Epígrafes do IAE subvencionables:

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio polo miúdo de carnes e refugos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.

643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.

647.1. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.

647.2. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.

647.3. Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas se encontre comprendida entre 120 e 399 metros cadrados.

651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos.

652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.

652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herboristarías.

653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.

654.2. Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos.

654.5. Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria.

657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.

659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.

659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutería.

659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestido, calzado e lacado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.

659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.

661.3. Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección un variado relativamente amplo e pouco profundo de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.

662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos.

663. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente.

ANEXO III
Concellos con menos de 5.000 habitantes
(cifras oficiais da poboación a 1.1.2014)

A Coruña

Lugo

Ayuntamiento

Hab.

Ayuntamiento

Hab.

Ayuntamiento

Hab.

Aranga

2.033

Abadín

2.646

Ribas de Sil

1.011

Baña, A

3.754

Alfoz

1.903

Ribeira de Piquín

583

Boimorto

2.115

Antas de Ulla

2.152

Riotorto

1.395

Boqueixón

4.342

Baleira

1.392

Samos

1.458

Cabana de Bergantiños

4.623

Baralla

2.774

Saviñao, O

4.113

Cabanas

3.294

Barreiros

2.994

Sober

2.453

Capela, A

1.356

Becerreá

3.012

Taboada

3.101

Cariño

4.241

Begonte

3.179

Trabada

1.203

Carnota

4.376

Bóveda

1.571

Triacastela

721

Cerdido

1.249

Carballedo

2.401

Valadouro, O

2.069

Coirós

1.747

Castroverde

2.823

Vicedo, O

1.882

Corcubión

1.672

Cervantes

1.528

Xermade

2.036

Curtis

4.048

Cervo

4.369

Xove

3.456

Dodro

2.913

Corgo, O

3.695

Dumbría

3.137

Cospeito

4.892

Fisterra

4.824

Folgoso do Courel

1.106

Frades

2.485

Fonsagrada, A

3.960

Irixoa

1.421

Friol

4.004

Laxe

3.207

Guntín

2.927

Lousame

3.513

Incio, O

1.797

Mañón

1.455

Láncara

2.789

Mazaricos

4.289

Lourenzá

2.338

Mesía

2.795

Meira

1.731

Moeche

1.303

Mondoñedo

3.991

Monfero

2.089

Monterroso

3.779

Paderne

2.502

Muras

696

Pino, O

4.680

Navia de Suarna

1.254

Rois

4.767

Negueira de Muñiz

211

San Sadurniño

3.019

Nogais, As

1.228

Santiso

1.742

Ourol

1.090

Sobrado

1.965

Palas de Rei

3.601

Somozas, As

1.211

Pantón

2.708

Toques

1.248

Paradela

1.967

Tordoia

3.706

Páramo, O

1.484

Touro

3.853

Pastoriza, A

3.309

Trazo

3.301

Pedrafita do Cebreiro

1.155

Val do Dubra

4.120

Pobra do Brollón, A

1.830

Vilarmaior

1.236

Pol

1.738

Vilasantar

1.316

Pontenova, A

2.534

Zas

4.902

Portomarín

1.624

Quiroga

3.501

Rábade

1.604

Ourense

Pontevedra

Ayuntamiento

Hab.

Ayuntamiento

Hab.

Ayuntamiento

Hab.

Amoeiro

2.274

Monterrei

2.809

Agolada

2.651

Arnoia, A

1.040

Muíños

1.622

Arbo

2.904

Avión

2.053

Nogueira de Ramuín

2.198

Barro

3.705

Baltar

1.019

Oímbra

2.020

Campo Lameiro

1.962

Bande

1.829

Paderne de Allariz

1.515

Catoira

3.402

Baños de Molgas

1.675

Padrenda

1.951

Cerdedo

1.860

Beade

464

Parada de Sil

634

Cotobade

4.327

Beariz

1.112

Peroxa, A

1.999

Covelo

2.719

Blancos, Os

885

Petín

961

Crecente

2.261

Boborás

2.617

Piñor

1.237

Cuntis

4.931

Bola, A

1.350

Pobra de Trives, A

2.280

Dozón

1.209

Bolo, O

1.013

Pontedeva

625

Forcarei

3.696

Calvos de Randín

985

Porqueira

931

Fornelos de Montes

1.784

Carballeda de Avia

1.390

Punxín

749

Lama, A

2.763

Carballeda de Valdeorras

1.697

Quintela de Leirado

651

Mondariz

4.742

Cartelle

2.944

Rairiz de Veiga

1.456

Mondariz-Balneario

682

Castrelo de Miño

1.620

Ramirás

1.643

Moraña

4.362

Castrelo do Val

1.109

Riós

1.684

Neves, As

4.121

Castro Caldelas

1.376

Rúa, A

4.634

Oia

3.042

Cenlle

1.235

Rubiá

1.494

Pazos de Borbén

3.075

Chandrexa de Queixa

545

San Amaro

1.180

Pontecesures

3.092

Coles

3.150

San Cibrao das Viñas

4.972

Portas

3.025

Cortegada

1.191

San Cristovo de Cea

2.418

Rodeiro

2.752

Cualedro

1.808

San Xoán de Río

632

Entrimo

1.323

Sandiás

1.297

Esgos

1.216

Sarreaus

1.313

Gomesende

833

Taboadela

1.561

Gudiña, A

1.461

Teixeira, A

391

Irixo, O

1.637

Toén

2.511

Larouco

544

Trasmiras

1.456

Laza

1.449

Veiga, A

965

Leiro

1.675

Verea

1.059

Lobeira

837

Viana do Bolo

3.113

Lobios

2.025

Vilamarín

2.056

Maceda

2.978

Vilamartín de Valdeorras

1.793

Manzaneda

973

Vilar de Barrio

1.500

Maside

2.906

Vilar de Santos

922

Melón

1.340

Vilardevós

2.024

Merca, A

2.078

Vilariño de Conso

633

Mezquita, A

1.155

Xunqueira de Ambía

1.546

Montederramo

822

Xunqueira de Espadanedo

863

Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes. Extraído de: http://www.ine.es

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file