Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx. 52281

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.

Os artigos 21.1 e 26 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), establecen a posibilidade de conceder axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais e na transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais. As súas disposicións de aplicación desenvólvense nos Regulamentos de execución (UE) nº 808/2014 e 809/2014 da Comisión de 17 de xullo de 2014.

Como resposta ás disposicións do citado Regulamento (UE) nº 1305/2013, a Comunidade Autónoma de Galicia, xa presentou a Comisión o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) para o período 2014-2020; e a Decisión de execución da Comisión do 18 de novembro de 2015, pola que o Programa de desenvolvemento rural de Galicia aos efectos da concesión de axudas do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, no que se inclúe a medida 8.3 axudas para a prevención dos danos causados os bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes e 8.5 investimentos para incrementar a capacidade de adaptación e o valor medioambiental dos ecosistemas forestais.

Estas axudas sométense ao Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

A Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 27.10 do Estatuto de Autonomía ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais.

A Consellería do Medio Rural, segundo o establecido no Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e tendo en conta o Decreto 116/2015, do 4 de outubro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e o Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, é o organismo competente para a xestión destas axudas, que teñen como obxectivos os seguintes:

a) Fomentar a competitividade do sector forestal.

b) Garantir a xestión sostible dos recursos naturais e a acción polo clima.

c) Lograr un desenvolvemento territorial equilibrado das economías e comunidades rurais, incluíndo a creación e conservación do emprego.

d) A mellora silvícola das masas forestais existentes, con especial atención á consolidación dos bosques de frondosas caducifolias e sobreiras.

e) O aumento da superficie forestal arborizada.

f) A obtención de montes arborizados con producións elevadas e de calidade suficiente, que posibiliten o desenvolvemento da industria de transformación da madeira e a consolidación de aproveitamentos complementarios.

g) A promoción da silvicultura de xeito que contribúa como fonte de xeración de emprego das persoas que viven no rural.

h) Actuacións preventivas contempladas na lexislación galega sobre incendios forestais.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento teñen por obxecto a regulación do réxime xurídico propio das subvencións cuxo establecemento e xestión correspóndelles á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismos e demais entidades vinculadas ou dependentes desta, así como tamén ás entidades locais de Galicia, incluídos os organismos e entidades dependentes delas.

A Lei 7/2012, 28 de xuño, de montes de Galicia establece o ámbito normativo dos montes ou terreos forestais da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, constitúe a norma básica de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, os artigos 12 núm. 1.e), 15 núms. 2 ao 8 e 17 do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, regula as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais, e a Orde de 31 de xullo de 2007 establece os criterios para a xestión da biomasa vexetal.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia e no uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente e demais normativa concorrente,

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para fomentar a silvicultura en bosques no medio rural, en réxime de concorrencia competitiva, a través de dúas liñas de axuda.

As liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:

a) Liña I: Axudas para realización de prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permita crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, clareos, claras e podas, coa finalidade de prevención de incendios.

b) Liña II: Axudas para tratamentos silvícolas (claras, clareos, podas, talas de formación, rozas, etc) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques.

Un mesmo solicitante poderá solicitar unha ou varias liñas de axuda se non coinciden na mesma superficie.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión de:

a) Os bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da administración central ou autonómica.

b) Os bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.

c) Os bosques que pertenzan a empresas públicas.

d) Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

Artigo 3. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC).

2. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto a propietarios como arrendatarios ou xestores. Non se admite a cesión por partigo do propietario do terreo a un terceiro.

3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2º e 10.3º da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

5. Non poderán ser beneficiarios aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, apartado 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014. Conforme a este regulamento, unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

a)Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida no punto c).

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria, comprobándose a veracidade desta declaración nos controis sobre o terreo que se realicen.

6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 4. Intensidade da axuda

A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 % calculándose a axuda sobre o custo real do investimento determinado no correspondente proxecto técnico e no anexo VIII de cadro de importes subvencionables.

Artigo 5. Actuacións obxecto de axuda e importes

Os tipos de actuacións obxecto de axuda e os importes por actuación son os seguintes:

Liña I: Axudas para realización de tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais.

1. Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 12 cm e con unha densidade inicial de 2.000 pés/ha ou superior.

a) Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 12 cm acadando unha densidade final entre 900 e 1.100 pés/ha: 1.031,41 €/ha.

b) Trituración dos restos, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa: 682,68 €/ha.

No caso das masas de Pinus sylvestris L., as densidades máximas deste apartado poderán incrementarse nun 20 %.

Non se poderá solicitar a trituración dos restos, a picadura, nin a extracción para o seu aproveitamento como biomasa, no caso que o rareo se realice totalmente de forma sistemática e mecanizada, salvo que os restos que se obteñan despois do tratamento permitan o seu aproveitamento como biomasa.

2. Rozas previas ás podas, e podas en masas de coníferas: esta actuación irá dirixida á creación de descontinuidade tanto horizontal coma vertical en masas de coníferas.

a) Rozas previas á realización de podas en masas de coníferas: 515,16 €/ha.

b) Primeiras podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima 4 m, con diámetro normal medio comprendido entre 7 e 15 cm e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha: 605,70 €/ha.

c) Trituración de restos de poda, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa: 682,68 €/ha.

No caso das masas de Pinus sylvestris L., as densidades máximas deste apartado poderán incrementarse nun 20 %.

Dentro deste apartado, terá que solicitarse obrigatoriamente a poda podéndose solicitar sobre a mesma superficie as rozas previas á realización de podas.

Liña II: Axudas para tratamentos silvícolas (claras, clareos, podas, talas de formación, rozas, etc) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques.

1. Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa entre 10 cm e 20 cm, considerando como tales aquelas cun mínimo dun 80 % de superficie ocupada por frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras e cunha densidade mínima destas de 400 pés/ha e altura media superior a 1,5 m:

a) Rozas: 696,73 €/ha.

b) Formación de guías nas que se manifeste nitidamente a dominancia apical e poda ata 1/3 da altura como mínimo: 508,40 €/ha.

c) Selección de abrochos: 694,87 €/ha.

d) Rareos: 837,08 €/ha.

Dentro deste apartado, poderán solicitarse e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 2.212,00 €.

2. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 100 pés/ha:

a) Rozas: 696,73 €/ha.

b) Podas: 661,40 €/ha.

c) Tratamento fitosanitario: 131,87€/ha.

d) Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro resistente á tinta: 194,77 €/ha.

Dentro deste punto, poderán solicitarse e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 1.544,00 €.

As actuacións indicadas nas liñas I e II deste artigo non poderán obter axuda sobre unha mesma superficie.

Poderase subvencionar os honorarios de redacción de proxecto, previa solicitude, segundo o tope por hectárea indicado no anexo VIII de traballos, e só naqueles casos onde é obrigatoria a súa presentación.

Non se poderán obter axudas sobre superficies xa subvencionadas nos 5 anos anteriores a presente convocatoria e nunca se poderá obter axuda para o mesmo traballo subvencionado en convocatorias anteriores ou noutras liñas de axuda.

O IVE non é subvencionable, salvo que segundo o disposto no artigo 69.3 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, o IVE non será subvencionable a través dos Fondos EIE, salvo que non sexa recuperable conforme á lexislación nacional sobre o IVE.

Artigo 6. Condicións técnicas xerais

1. Non se poderá obter axuda sobre hábitats prioritarios.

2. Nos terreos obxecto de subvención, unha vez aprobada a axuda, colocarase en lugar visible desde o acceso, como mínimo, un cartel identificativo, segundo o modelo indicado no anexo VII, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual cunha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas nas que non é necesaria a colocación do cartel.

3. Nos terreos obxecto de solicitude de axuda deberá cumprirse, en todo caso, o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nos artigos 12 núm. 1.e), 15 núms. 2 ao 8 e 17 do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, que regula as medidas relativas á prevención de incendios forestais, e o disposto na Orde de 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa forestal.

4. Poderán tramitarse peticións de axuda co obxecto de realizar traballos forestais en montes que teñan subscrito un convenio coa Xunta de Galicia, previo informe de viabilidade do Servizo Provincial de Montes correspondente. No caso de montes consorciados coa Xunta de Galicia poderá solicitarse axuda naquela superficie non consorciada.

5. En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas en terreos nos que o acordo de concentración parcelaria sexa firme. Non obstante, poderanse aprobar as axudas nos casos en que, non sendo firme o acordo, o Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias emita un certificado no que indique o nome do propietario e a manifestación de que o dito predio non vai cambiar.

6. Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse das presentes axudas.

7. No caso de existir valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico, literario e paisaxístico delimitarase a súa localización e zona de influencia e se excluirán da superficie de actuación.

8. Os restos que se obteñan como consecuencia da realización dos coidados culturais do voo con diámetro en punta grosa superior a 6 cm., serán triturados in situ, picados a menos de 50 cm de lonxitude e con distribución homoxénea, ou ben extraídos do predio obxecto de axuda para o seu aproveitamento como biomasa, debéndose xustificar documentalmente o dito aproveitamento xunto coa notificación de remate dos traballos.

9. As rozas previas ás podas en masas de coníferas soamente poderán solicitarse naqueles terreos onde a altura do mato impida a realización da poda. En ningún caso a altura das podas poderá superar a metade da altura da arbore.

10. A ferramenta a empregar nos traballos de rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros deberá estar desinfectada ou esterilizada, cando se cambie de pé, para evitar a propagación de enfermidades ou pragas.

11. Nas superficies de actuación os beneficiarios comprométense a cumprir co establecido no Manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable.

12. Os montes con superficies superiores a 25 hectáreas en couto redondo deben contar cun plan técnico, proxecto de ordenación ou plan de xestión no que se considere a realización dos traballos solicitados ó abeiro da presente orde, ou presentar xunto coa solicitude de axuda unha copia da súa adhesión aos modelos silvícolas, segundo a Orde de 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

13. A planta empregada na rexeneración de soutos deberá cumprir o Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución e supletoriamente os requisitos de procedencia e calidade exterior esixidos polo Real decreto 289/2003, así coma os sanitarios, regulados polo Real decreto 58/2005, de 21 de xaneiro. Empregarase castiñeiro do país a altitudes superiores a 550 m e os clons híbridos resistentes a tinta a altitude inferior salvo xustificación expresa na memoria ou no proxecto.

14. En cumprimento do establecido no artigo 45 do Regulamento (UE) 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, as operacións de investimento Feader irán precedidas dunha avaliación de impacto medioambiental, cando poida ter efectos negativos para o medio ambiente. Neste suposto no caso de que o investimento requira unha avaliación de impacto ambiental esta realizarase conforme ao establecido na Lei 21/2013 de avaliación ambiental, debendo o solicitante acreditar a súa dispoñibilidade en sentido favorable, especialmente no caso de terreos en Rede Natura 2000.

Artigo 7. Condicións técnicas para a redacción do proxecto das actuacións

1. O proxecto coas actuacións deberá conter como mínimo o seguinte:

a) Estado legal do predio obxecto de solicitude de axuda: superficie, localización, estremeiros, accesos, ...

b) Descrición das actuacións a levar a cabo coa desagregación dos traballos a nivel de parcela SIXPAC e recinto.

c) Especies, densidade final, quenda da especie, ....

d) Indicación de se os terreos se atopan en Rede Natura 2000, en zonas de protección lateral do camiño de Santiago ou se existen obxectos ou restos materiais que formen partigo do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia que regula o Decreto 232/2008, de 2 de outubro.

e) Orzamento: de acordo coas normas de redacción de proxectos.

f) Cartografía: planos sobre mapas oficiais e fichas Sixpac das parcelas para as que solicita a axuda. A planimetría do proxecto presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ó datum ETRS89, en ficheiro DXF ou similar (en soporte informático), obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. Os MVMC deberán presentar a maiores os planos a escala 1:25.000.

As agrupacións de propietarios terán que incluír nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie coa que participa cada membro da agrupación.

Nos planos presentados, deberá reflectirse indubidablemente onde se localizan os distintos tratamentos a efectuar na mesma parcela.

O ficheiro DXF ou similar deberá estar estruturado da seguinte maneira:

Elementos do plano

Nivel ou capa

Color

Límite de monte

1

Azul

Límite de mouteiras de actuación

2

Vermello

Pistas existentes

3

Verde

Devasas existentes

4

Amarelo

Puntos de auga existentes

5

Negro

Especies existentes na mouteira (texto)

6

Negro

Código de propietario

7

Negro (anexo II)

Ademais dos planos mencionados, a información que fai referencia ás actuacións previstas no parágrafo anterior, terá que ser aportada en soporte dixital en formato vectorial. Os arquivos estarán xeoreferenciados sobre o datum ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N e en formato shape (shp). Tendo que aparecer na correspondente táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto

g) Estudio básico de seguridade e saúde

Artigo 8. Superficies forestais mínimas, máximas para solicitar axudas e superficies excluídas

a) Superficie mínima:

1. Para montes veciñais en man común con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 hectáreas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas nun couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

2. Para montes veciñais en man común con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 5 hectáreas nun couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

3. Para as Sofor, asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, as entidades locais, cooperativas agrícolas, proindivisos, montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, comunidades de bens e outras persoas xurídicas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas nun couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

4. Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación mínima por solicitude será de 1 hectárea nun couto redondo, non admitíndose máis dun couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

b) Superficie máxima

1. Para comunidades de montes veciñais en man común a superficie de actuación máxima por solicitude será de 50 hectáreas, admitíndose máis dun couto redondo sempre e cando cada un deles supere a superficie mínima de 3 hectáreas para comunidades de montes veciñais en man común con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 hectáreas, e de 5 hectáreas para comunidades de montes veciñais en man común con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas.

2. Para as Sofor, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 50 hectáreas en como máximo tres unidades de superficie en couto redondo, sempre e cando o couto redondo supere a superficie mínima. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

3. Para as sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, proindivisos, montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as entidades locais, comunidades de bens e outras persoas xurídicas, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 25 hectáreas en como máximo tres unidades de superficie en couto redondo, sempre e cando o couto redondo supere a superficie mínima. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

4. Para propietarios particulares de xeito individual a superficie de actuación máxima por solicitude será de 15 hectáreas nun só couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

c) Excluiranse da superficie de actuación os enclavados de extensión igual ou superior a 100 m2, pistas, estradas,...

Artigo 9. Compromisos

Os beneficiarios das axudas comprometeranse expresamente ó cumprimento das condicións previstas nesta orde.

1. Compromisos de mantemento e conservación:

a) O titular comprométese a manter a masa conforme ás condicións de aprobación da axuda e a conservala durante cinco anos, contados a partir da data da comprobación final, e proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus xuros legais se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados silvícolas por partigo do solicitante.

b) No caso de agrupacións de propietarios:

– A responsabilidade do bo fin da actuación será esixible a cada propietario membro da agrupación.

– Os integrantes da agrupación comprométense a levar unha xestión conxunta da masa durante cinco anos, contados a partir da data da comprobación final.

c) No caso de pagamento indebido, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao que se engadirá, no seu caso os xuros conforme ao disposto no artigo 2 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, de 17 de xuño de 2014, os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pago para o beneficiario, indicado na orde de recuperación, que non poderá superar os 60 días e a data de reembolso ou dedución.

2. Se unha vez efectuada a solicitude e antes da aprobación, o terreo fora obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o beneficiario deberá comunicalo inmediatamente, por escrito, ao Servizo de Provincial de Montes, con obxecto de adecuar a memoria descritiva das actuacións á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

3. No caso de abandono ou destrución da masa por calquera causa, agás forza maior allea ó beneficiario, suspenderanse todas as axudas pendentes ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que se deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar no prazo máximo de un mes os feitos e circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de partigo da masa.

4. O beneficiario comprométese en todo momento a facilitar as tarefas de inspección ó persoal adscrito á Consellería do Medio Rural nas materias relacionadas nesta orde.

5. Nos montes conveniados que formen partigo do Sistema de Xestión Forestal Sostible da Xunta de Galicia, os beneficiarios das axudas comprométense a cumprir co establecido no «Manual de Boas Prácticas na Xestión Forestal Sostible», que forma partigo do «Sistema de Xestión Forestal Sostible da Xunta de Galicia.»

Artigo 10. Distribución do crédito e prioridades

1. Distribución do crédito.

a) Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 20, segundo o tipo de beneficiario:

a.1. Propietarios particulares de xeito individual: 10 %.

a.2. Asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, proindivisos, entidades locais, comunidades de bens, montes de varas, Sofor e outras persoas xurídicas: 45 %.

a.3. CMVMC con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 hectáreas: 20 %.

a.4. CMVMC con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas: 25 %.

b) Dentro de cada tipo de beneficiario segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

b.1. Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 12 cm: 2.500.000,00 €.

b.2. Rozas previas ás podas, e podas en masas de coníferas: 2.500.000,00 €.

b.3. Tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa comprendido entre os 10 e os 20 cm: 500.000,00 €.

b.4. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros: 500.000,00 €.

2. Prioridades.

Dentro de cada un dos apartados anteriores establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación:

a) Segundo o tipo de traballo solicitado:

1. Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 12 cm.

a) Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 12 cm acadando unha densidade final entre 900 e 1.100 pés/ha: 1 punto por hectárea de actuación.

2. Rozas previas ás podas, e podas en masas de coníferas: Esta actuación irá dirixida á creación de descontinuidade tanto horizontal coma vertical en masas de coníferas.

a) Primeiras podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima 4 m, con diámetro normal medio comprendido entre 7 e 15 cm e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha: 1 punto por hectárea de actuación.

3. Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masas comprendido entre os 10 e os 20 cm (consideraranse como tales aquelas cun mínimo dun 80 % de superficie ocupada por frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras e cunha densidade mínima destas de 400 pés/ha):

3.1. Rozas: 1 punto por hectárea.

3.2. Formación de guías nas que se manifeste nitidamente a dominancia apical e poda ata 1/3 da altura como mínimo: 2 puntos por hectárea.

3.3. Selección de abrochos: 2 puntos por hectárea.

3.4. Rareos: 1 punto por hectárea.

4. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros:

4.1. Rozas: 2 punto por hectárea.

4.2. Podas: 4 puntos por hectárea.

4.3. Tratamento fitosanitario: 1 puntos por hectárea.

4.4. Aumento da densidade dos soutos: 3 puntos por hectárea.

b) No caso de montes veciñais en man común que invistan o 40 % ou máis dos seus ingresos no último exercicio fiscal en melloras do monte, aplicarase a puntuación maior dos tres apartados seguintes:

• Investimentos de máis dun 40 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal: 10 puntos.

• Investimentos de máis dun 50 % e ata un 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal: 20 puntos.

• Investimentos de máis dun 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal: 30 puntos.

c) No caso de montes veciñais en man común sen ingresos nos últimos 3 exercicios fiscais:10 puntos.

d) Por cada membro da sociedade ou agrupación de propietarios particulares, da cooperativa agrícola, do proindiviso (copropietarios) ou da comunidade de bens (ata un máximo de 10): 1 punto.

e) No caso dunha sociedade ou agrupación de propietarios legalmente constituída con xestión conxunta: 10 puntos.

f) Sociedade de Fomento Forestal Rexistrada (Sofor): 50 puntos.

g) Monte cun instrumento de xestión rexistrado (Orde do 12 de xuño de 1998 pola que se crea o Rexistro de Proxectos de Ordenación e Plans Técnicos de Xestión de Montes.): 10 puntos.

h) Montes con certificación forestal co sistema PEFC ou FSC: 20 puntos. A data que se terá en conta á hora de computar os méritos será a correspondente ao derradeiro día de presentación de solicitudes.

i) Monte veciñal en man común sen convenio ou consorcio en toda a superficie clasificada da comunidade de montes: 10 puntos.

j) Zonas desfavorecidas (ver anexo VI): 10 puntos.

No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se cubra a totalidade do importe especificado nos distintos puntos, os importes sobrantes dos distintos puntos pasarán ós demais para facer fronte ós expedientes solicitados.

Artigo 11. Solicitudes.

1. A presentación das solicitudes realizarase opcionalmente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, excepto no caso de entidades locais, nas que as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Alternativamente, excepto para entidades locais, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A documentación complementaria poderase presentar por vía electrónica utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria, no caso de entidades locais, presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia nos que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3 Neste modelo formalizado de solicitude, inclúese unha declaración, ao abeiro do establecido no artigo 20.4 da Lei de subvencións de Galicia, no que o solicitante declara baixo a súa responsabilidade que todos os datos reflectidos na declaración responsable son certos, sen prexuízo da presentación da xustificación acreditativa dos requisitos que nela se reflicten, con anterioridade á proposta de resolución da concesión.

Entre outros datos, esta declaración responsable inclúe:

• Para todo tipo de titulares de terreos, excepto comunidades de montes veciñais en man común, a declaración responsable de ser titular dos terreos por propiedade ou por contrato de arrendamento ou xestión.

• Se a superficie de actuación atópase dentro da Rede Natura 2000.

4. O solicitante fará constar na declaración responsable se a superficie de actuación comprende zonas de protección lateral do Camiño de Santiago, se está afectada pola normativa de Patrimonio Cultural de Galicia, conforme ao Decreto 232/2008, do 2 de outubro e calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal.

Nestes casos, solicitarase de forma interna informe ao órgano competente por razón da materia e a aprobación da axuda será condicionada ao contido do informe da autoridade competente nesa materia, os traballos non poderán comezar ata o seu pronunciamento e deberán ser levados a cabo nas condicións que determine. O prazo de execución dos traballos que se estableza na resolución terán en conta este aspecto.

En caso de que dito informe sexa desfavorable non se poderá optar á axuda, agás no caso de que a superficie dispoña dun plan de xestión forestal aprobado e co informe favorable do departamento competente na materia.

Non se poderá conceder axuda sobre terreos que conteñan hábitats prioritarios.

5. Deberán presentar a solicitude correctamente completada conforme ao anexo I. A solicitude terá a consideración de declaración responsable. Os datos da solicitude que se citan de seguido:

– Datos da persoa solicitante. (nome, apelidos, DNI e enderezo completo)

– Datos do tipo de solicitante.

– Outros datos.

– Tipo de actuación e datos do investimento.

– Datos Sixpac.

Son esenciais para a súa priorización polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar a inadmisión da solicitude, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que tivera lugar.

Os datos que non veñan recollidos na solicitude non se terán en conta na priorización.

A persoa que asina a solicitude deberá declarar o seu nº de teléfono de contacto.

6. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos .Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://emediorural.xunta.es/oav.

Artigo 12. Prazos

1. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

2. Un mesmo propietario ou titular poderá solicitar axuda para as dúas liñas presentando solicitudes separadas.

3. Para cada liña soamente se poderá presentar unha solicitude por titular e ano e para os terreos que se atopen nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite, as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase empregar un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos. En cada impreso de solicitude unicamente se poderá solicitar axuda para un só tipo de actuación dos contidos no artigo 5.

4. Os traballos obxecto da subvención non poderán iniciarse antes da solicitude da axuda. No caso que se decida non esperar a aprobación definitiva do expediente, o solicitante deberá comunicar ao servizo de montes da provincia correspondente o inicio dos traballos cun mes de antelación. Neste período realizarase a inspección previa.

Artigo 13. Documentación

1. Documentación a presentar xunto coa solicitude (anexo I):

a) Documentación xeral:

a.1) No caso de persoas físicas solicitantes: fotocopia do DNI do solicitante no caso de que non se autorice expresamente a súa consulta.

a.2) No caso de persoas xurídicas solicitantes: fotocopia do NIF da persoa xurídica solicitante no caso que se denegue expresamente a súa consulta, fotocopia do DNI do representante deste e dos membros que constitúen os pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou as comunidades de bens, cando non autoricen a súa verificación no anexo III

As persoas físicas ou xurídicas que autoricen expresamente na súa solicitude ao órgano competente da Administración a comprobar a través de medios electrónicos os seu datos persoais non terán que presentar a copia do DNI ou NIF.

b) Documentación específica:

b.1) Para agrupacións formalmente constituídas en trámites de alta no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación o anexo II ou acordo de cesión.

b.2) Para proindiviso, de varas, fabeo, voceiros, de voces, abertais e comunidade de bens presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos seus compoñentes o anexo III «acordo de compromisos e obrigas».

c) No caso de IVE non recuperable conforme á lexislación vixente: declaración por partigo do beneficiario de non suxeición ou exención do imposto

2. Documentación a presentar unha vez sexa requirido pola administración de acordo co establecido no artigo 14.4 desta orde:

a) Documentación xeral:

a.1) Documentación acreditativa dos méritos reflectidos na declaración responsable.

a.2) As comunidades de montes veciñais en man común, as sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, cooperativas agrícolas, proindivisos, de varas, abertais, de voces, voceiros, de fabeo, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas e os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas deberán presentar o proxecto e unha copia en soporte informático (PDF ou similar), asinado por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal, e o nomeamento do director de obra.

a.3) Documento descritivo das actuacións, ou anexo V, no caso de propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas.

a.4) Unha copia compulsada do documento que acredite a propiedade dos terreos e no caso de titulares non propietarios do terreo, copia compulsada do contrato de arrendamento ou de xestión cunha duración equivalente, alomenos, ao período de compromiso da axuda.

b) Documentación para Comunidades de Montes Veciñais en Man Común:

b.1) Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan ao presidente da comunidade a pedir axudas á Consellería do Medio Rural para a execución das accións obxecto da solicitude.

b.2) Certificado de ingresos e reinvestimento en melloras no monte veciñal en man común (anexo IV).

c) Documentación complementaria:

c.1) Para agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas: NIF e documento acreditativo de constitución desta onde conste as persoas que forman partigo da dita sociedade ou agrupación.

A agrupación deberá estar de alta no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia á data do remate do prazo concedido no requirimento para achega da documentación acreditativa dos méritos.

c.2) No caso de cooperativas agrarias: copia dos estatutos.

c.3) No caso doutras entidades xurídicas: copia dos estatutos ou escrituras de constitución e acreditación da persoa física que as representa.

c.4) No caso de entidades locais: certificado do secretario municipal conforme foi informada a comisión de goberno da solicitude de axuda.

c.5) No caso dos proindivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo e as comunidades de bens deberán presentar a xustificación acreditativa da representación na persoa designada na solicitude mediante constancia fidedigna en documento público ou comparecencia persoal ante un funcionario desta administración pública.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Tramitación

1. O órgano competente para levar a cabo a tramitación desta orde de axudas é a Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

2. A solicitude presentada enviarase, revisarase e codificarase nos Servizos Provincias de Montes. As solicitudes que non tiveran enchido os campos obrigatorios establecidos no artigo 11.6 desta orde, non serán admitidas a trámite.

3. Os Servizos Provinciais de Montes examinarán as solicitudes presentadas e emitirán un informe no que se recollan todas as solicitudes que se axustan ás condicións requiridas nesta orde así como as que non se axustan indicando claramente a súa causa de incumprimento, e elevarano á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

A Subdirección Xeral de Recursos Forestais, como órgano instrutor, clasificaraas por orde decrecente segundo os criterios de prioridade establecidos no artigo 10 desta orde e emitirá un único informe no que se reflicte a relación de solicitudes admitidas e clasificadas na orde de maior a menor, especificando para cales existe suficiente dispoñibilidade orzamentaria, así como, as solicitudes que non poden admitirse a trámite por non ter recollido os datos mínimos que se esixen no artigo 11.6 desta orde.

4. De seguido, a Administración requirirá aos solicitantes para que os que existe suficiente dispoñibilidade orzamentaria, que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles acheguen:

a) A documentación acreditativa dos datos reflectidos na solicitude.

b) O proxecto xunto cunha copia en soporte informático (PDF ou similar), asinado por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal das actuacións que se levarán a cabo e o nomeamento dun director de obra. No caso dos propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, será suficiente con presentar cumprimentado o anexo V.

c) No caso de que a súa solicitude conteña defectos ou omisións, os subsanen, conforme se establece no artigo 72 da Lei 30/1992 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Neste requirimento, indicarase ademais de que se non se fixera terase por desistido da súa petición, previa notificación nos termos que se recollen no artigo 42 da citada Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999.

A notificación deste feito, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b), 60 e 61 da indicada Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e, producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia. Se a instrución do procedemento o aconsellase, o órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web, pola notificación individualizada de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

5. Os servizos provinciais de Montes analizarán a documentación xustificativa. No caso de discrepancia entre a solicitude/declaración xurada e a documentación acreditativa dos criterios obxecto da priorización na axuda, dado que se trata dun procedemento por concorrencia competitiva que afecta a terceiros, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

De selo caso que o proxecto sexa de cantidade económica superior ao estimado na solicitude prevalecerá a contía reflectida na solicitude.

De selo caso que no proxecto a superficie total das parcelas sobre as que se solicita a axuda non coincida coa superficie total indicada na solicitude, considerarase como unha discrepancia e a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

6 A Subdirección Xeral de Recursos Forestais emitirá un informe onde se reflicten os criterios de priorización, as solicitudes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo a estes criterios, cubriran a dispoñibilidade orzamentaria, os solicitantes que presentaron correctamente a documentación acreditativa a que se refire o artigo 13 desta orde, así como as incidencias que deran lugar ao decaemento en trámite de algunha solicitude e, elevará a súa proposta ao Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal para que, a súa vez a eleve á Conselleira do Medio Rural para a súa aprobación e posterior execución das actuacións.

Na aplicación do artigo 18.2 desta orde e do presente procedemento, requirirase a documentación xustificativa aos seguintes solicitantes que, de acordo coa clasificación a que se refire o artigo 14.3 desta orde, completen de novo a dispoñibilidade orzamentaria, procedendo seguidamente do mesmo xeito que se establece desde o artigo 14.4 desta orde, sempre que sexa no exercicio contable da 1ª anualidade.

7. O subdirector xeral de Recursos Forestais formulará a proposta de resolución e, de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e elevaraa ao Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal en base ás funcións delegadas pola Conselleira do Medio Rural.

A conselleira do Medio Rural resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

8. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

No caso de non recaer resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da mesma lei.

9. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresarán, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpoñelos.

Se a instrución do procedemento o aconsellase, o órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web, pola notificación individualizada de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

10. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 15. Inspección previas

Dous funcionarios da Consellería do Medio Rural realizarán unha inspección no campo para verificar as superficies, comprobar os datos da solicitude e comprobar a viabilidade dos traballos. Esta inspección poderase realizar antes da resolución de aprobación.Unha diferenza superior ao 10 % entre os datos aportados coa solicitude/documentación acreditativa e as comprobacións que resulten na inspección de campo implicará a denegación da axuda ou a revogación no caso de que xa estivera concedida. Os resultados das comprobacións feitas nas inspeccións previas serán comunicadas aos beneficiarios das axudas.

Artigo 16. Execución e certificación dos traballos

1. Na resolución de concesión, indicarse o prazo para a execución dos traballos que, con carácter xeral non será inferior a 2 meses. A data límite de xustificación da subvención será o 15 de novembro para a anualidade do 2016.

2. Dentro do prazo dun mes contado desde a notificación da resolución de concesión, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas a diferentes provedores e achegalas antes do remate do prazo de execución. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable.

3. Para os efectos do disposto no artigo 29 punto 2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, dado que existen módulos para cada unidade de obra que supoñen que, en ningún caso, o custo de execución dos traballos subvencionados poida ser superior ao valor de mercado, considérase gasto realizado o que foi efectivamente comprobado por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural.

4. O beneficiario poderá subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada, conforme ao previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia.

Conforme ao que establece o artigo 3.13 do RD 1582/2009, de 4 de decembro, sobre criterios para subvencionar os custos no marco dos PDRs cofinanciados polo Feader, no relativo a subcontratar o obxecto da actividade, non serán subvencionables os custos relativos aos subcontratos que aumenten o valor da operación sen achegar un valor engadido, nin os realizados con intermediarios ou asesores nos que o pagamento consista nunha porcentaxe do custo total da operación, a non ser que o beneficiario xustifique ese pagamento por referencia ao valor real do traballo realizado ou dos servizos prestados.

Os contratistas quedarán obrigados só fronte ao beneficiario que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade fronte á Consellería do Medio Rural.

5. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo.

Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas sempre que se acade o mínimo de actuación esixible para obter a axuda.

6. No caso de que o importe xustificado polo beneficiario coa notificación de remate dos traballos supere en máis dun 10 % o importe da comprobación final realizada polos dous funcionarios da Consellería do Medio Rural, reducirase a maiores a axuda a percibir resultante da comprobación final na diferenza entre ámbolos dous importes. Non obstante, non se aplicará ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe xustificado.

7. Poderán admitirse certificacións parciais, por petición por escrito do solicitante, para importes de certificación superiores a 12.020,24 €.

8. As prórrogas serán solicitadas motivadamente e cun mes de antelación ao remate do prazo para a execución dos traballos. Os servizos provinciais de Montes propoñeranas ao subdirector xeral de Recursos Forestais, quen elevará a proposta á ao Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal para a súa aprobación en base ás funcións delegadas pola Conselleira do Medio Rural para resolver. A duración máxima das prórrogas será de 6 meses, sen exceder o que establece o artigo 45 do Decreto 11/2009.

Artigo 17. Xustificación dos traballos subvencionables

1. Xunto coa notificación de remate dos traballos, achegarase a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes extremos:

– Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas. No caso dos propietarios particulares de xeito individual cuxa superficie de actuación sexa igual ou superior a 10 hectáreas, das comunidades de montes veciñais en man común, das sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, das cooperativas agrícolas, dos proindivisos, dos de montes de varas, abertais, de voces, voceiros, de fabeo, das comunidades de bens, das entidades locais, e doutras persoas xurídicas, a acreditación deberá estar asinada por un enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal.

– Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos no anexo VIII.

– Un detalle doutros ingresos ou axudas que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia e co balance final do proxecto (ingresos e gastos).

c) Arquivo gráfico (medición con GPS) en formato dixital DXF ou similar coa superficie afectada polos traballos subvencionados.

d) De selo caso, documentación da planta empregada de todas as especies incluídas no anexo I e XII Real decreto 289/2003: pasaporte fitosanitario, etiquetas e documentos do provedor consonte os modelos especificados no anexo IX do Real decreto 289/2003, e dos requisitos de calidade exterior no xeito en que sexan esixibles pola autoridade competente as especificacións recollidas no Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución.

e) Certificado final de obra emitido polo director de obra, excepto no caso de superficie inferior a 10 hectáreas, no cal figure unha relación valorada dos traballos executados.

f) Facturas e as correspondentes probas de pago efectivo

g) No caso de IVE non recuperable conforme á lexislación vixente: presentación por partigo do beneficiario da documentación oportuna para a emisión pola AEAT da xustificación de non suxeición ou exención do imposto.

h) Só no caso de montes veciñais en man común, xustificación do cumprimento da obriga de comunicación establecida no artigo 125.7 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia; recórdase, que as cotas mínimas de reinvestimento dos montes veciñais serán do 40 % de todos os ingresos xerados.

Artigo 18. Revogacións

1. A axuda revogarase, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos:

En xeral:

a) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destinar as axudas a fins distintos aos sinalados na solicitude.

b) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

c) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás entidades colaboradoras e aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

e) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na Lei 14/2006.

f) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables rexistrais ou de conservación de documentos, cando signifique a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade remitidas de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

g) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

h) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, segundo o establecido nesta orde, na Lei 9/2007 e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención

E, en particular:

j) Execución de menos do 80 % das accións previstas sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.

k) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente, ou se é o caso, da prórroga concedida.

l) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

m) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que impliquen obrigas por partigo do beneficiario.

Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora que se calcularán conforme á normativa vixente, en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pago para o beneficiario indicado na orde de recuperación que non poderá fixarse en máis de 60 días e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.

Se sé descobre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo devandito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído da axuda para a medida en cuestión durante o exercicio do Feader de que se trate e durante o exercicio do Feader seguinte.

2. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e coa orde establecida, sempre que sexa no exercicio contable da 1ª anualidade.

3. Naqueles supostos nos cales o importe das subvencións recibidas polo beneficiario excedan os custos da actividade, procederase a solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

4. De conformidade co disposto no Regulamento de execución (UE) 809/2014, da Comisión, de 17 de xuño de 2014, no seu capítulo III, en relación aos «Pagamentos indebidos e sancións administrativas». No artigo 63 atende a retirada total ou parcial da axuda e ás sancións administrativas que determina:

Os pagos calcularanse sobre a base dos importes que consideren admisibles durante os controis administrativos contemplados no artigo 48.

A autoridade competente examinará a solicitude de pago presentada polo beneficiario e determinará os importes admisibles. Ademais fixará:

a) O importe pagadero ao beneficiario en función da solicitude de pago e a decisión de concesión,

b) O importe pagadero ao beneficiario tras o exame da admisibilidade do custo que figure na solicitude de pago.

Se o importe fixado conforme a letra a) do parágrafo segundo supera o importe fixado conforme b) do mesmo parágrafo en máis dun 10 %, aplicarase unha sanción administrativa ao importe fixado conforme a letra b). O importe da sanción será igual a diferenza entre eses dou importes, pero non irá máis alá da retirada total da axuda.

Artigo 19. Controis

1. A Consellería do Medio Rural realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas.

2. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por partigo da Consellería do Medio Rural, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas e as instancias de control Comunitarias.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen realizar o pertinente control sobre o terreo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión reguladas no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

4. A Consellería do Medio Rural, ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014 , realizará controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude, así como, controis sobre o terreo antes do pago final dunha mostra que represente ao menos o 5 % do gasto público de cada ano civil, así como a posibilidade, no seu caso, de sometemento a controis a posteriori dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

Artigo 20. Financiamento

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, no exercicio do ano 2016, con cargo a aplicación orzamentaria:

• 12.20.713B.770.0. por un importe de 6.000.000,00 €.

Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. No suposto de procederse a dita ampliación, terase en conta o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Feader do 75 %, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 7,5 % e da Xunta de Galicia do 17,5 %.

Artigo 21. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Regulamento (UE) 640/2014 da Comisión, de 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade e no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade

Artigo 22. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 23. Obrigas

1. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida polos órganos de control da Consellería de Medio Rural, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, e as instancias de control Comunitarias no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas e a levar un sistema de contabilidade separado, ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde, onde se constatará a inversión efectivamente pagada antes do remate do prazo de execución.

2. O solicitante e o beneficiario están obrigados a realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

3. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á Consellería de Cultura e Turismo de conformidade coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.

4. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago seranlle comunicadas polo solicitante á Consellería de Cultura e Turismo, co obxecto de contar coa súa autorización previa de conformidade coa Lei 3/1996, de 10 de maio de protección dos camiños de Santiago.

5. O titular comprométese a conservar a masa conforme ás condicións de aprobación durante cinco anos, contados a partir da data da comprobación final dos investimentos, incluído o cartel identificativo.

Artigo 24. Avaliación de impacto ambiental

O solicitante deberá cumprir a normativa en materia de avaliación de impacto ambiental, en aplicación da Directiva 2011/92/UE e conforme ao disposto na normativa de axudas de estado, en concreto na Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental, se fora de aplicación, e no seu defecto o Real decreto lexislativo 1/2008, de 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, realizada e concedida antes da data de concesión da axuda individual.

Artigo 25. Medidas informativas e publicitarias

Conforme ao establecido no artigo 13 e no anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014, os beneficiarios das axudas deberán cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader naquelas actuacións de custe subvencionado superior a 10.000€. En particular, no caso de axuda pública total recibida superior a 50.000 €, o beneficiario colocará unha placa explicativa con información sobre o proxecto, na que se destacará a axuda financeira da Unión, así como a bandeira europea e o lema «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural».

Artigo 26. Comprobacións

1. O beneficiario comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a entidade concedinte, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvenciones e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación dos Regulamentos de execución (UE) nº 808/2014 e 809/2014 da Comisión de 17 de xullo de 2014.

2. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.

3. A Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, como órgano xestor, antes de levar a cabo a valoración das solicitudes de axuda, comprobará que os beneficiarios cumpren coas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. No caso de concesión da axuda, esta comprobación tamén se levará a cabo antes de cada pagamento.

Artigo 27. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorízase polas persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relaciones administrativas con la ciudadania y entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral de Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante Secretaría Xeral de Técnica mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería do Medio Rural, Secretaría Xeral Técnica, San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.es

Artigo 28. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das Administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice ao órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos esixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, en cuxo caso deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

3. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Disposición adicional primeira

As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas para o cese anticipado da actividade agraria e con calquera outro réxime de axuda comunitaria sobre a mesma superficie, coa excepción das inversións para incremento da capacidade de adaptación e valor medioambiental dos ecosistemas forestais ou para restaurar o potencial forestal danado por pragas, enfermidades, desastres naturais, catástrofes ou sucesos derivados do cambio climático.

Disposición adicional segunda

De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposición adicional terceira

De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposición derradeira primeira

Facúltase ao Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal para ditar as instrucións ou actos de aplicación que estime oportunas para executar esta orde.

Disposición adicional segunda

A presente orde entrará en vigor ao día seguinte ó sa súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2015

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

Cadro de importes subvencionables

Actuación

Investimento total

Importe subvencionable

Importe a

xustificar

(sen IVE)

1.1. Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio superior a 6 cm e inferior a 12 cm acadando unha densidade final entre 900 e 1.100 pés/ha

1.031,41

1.031,41

1031,41 +IVE

1.2. Trituración dos restos, picadura ou extracción para o aproveitamento como biomasa.

682,68

682,68

682,68 +IVE

1.3. Tope €/ha proxecto en rareos

coníferas

47,85

47,85

47,85 +IVE

2.1. Rozas previas á realización de podas en masas de coníferas

515,16

515,16

515,16 +IVE

2.2. Primeiras podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima de 4 m, con diámetro normal medio comprendido entre 7 e 15 cm e cunha densidade final máxima de 1.200 pés/ha

605,70

605,70

605,70 +IVE

2.4. Trituración dos restos, picadura ou extracción para o aproveitamento como biomasa.

682,68

682,68

682,68 +IVE

2.5. Tope €/ha proxecto en podas

coníferas

47,85

47,85

47,85 +IVE

3.1.Rozas

696,73

696,73

696,73 +IVE

3.2. Formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e a poda ata 1/3 da altura como mínimo.

508,40

508,40

508,40 +IVE

3.3. Selección abrochos

694,87

694,87

694,87 +IVE

3.4.Rareos

837,09

837,09

837,09 +IVE

3.5 Tope €/ha proxecto en frondosas

47,85

47,85

47,85 +IVE

4.1.Rozas

696,73

696,73

696,73 +IVE

4.2. Podas con funxicida

661,40

661,40

661,40 +IVE

4.3. Tratamento fitosanitario

131,87

131,87

131,87 +IVE

4.4. Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro híbrido resistente á tinta

194,77

194,77

194,77 +IVE

4.5. Tope €/ha proxecto en castiñeiros

47,85

47,85

47,85 +IVE

0. Cartel identificativo

255,00

255,00

255,00 +IVE