Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx. 52449

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Os artigos 21.1 e 26 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), establecen a posibilidade de conceder axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais e na transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais. As súas disposicións de aplicación desenvólvense nos regulamentos de execución (UE) nº 808/2014 e 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

Como resposta ás disposicións do citado Regulamento (UE) nº 1305/2013, a Xunta de Galicia elaborou o Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia para a etapa 2014-2020, na que se inclúe a medida 8.6 Investimentos en tecnoloxías forestais, co fin de mellorar a transformación, mobilización e comercialización dos produtos forestais para aumentar o seu valor e fomentar as prácticas forestais sostibles.

Estas axudas sométense ao Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

A Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 27.10 do Estatuto de autonomía ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais.

Conforme ás competencias atribuídas á Consellería do Medio Rural no Decreto 166/2015, do 13 de novembro e tendo en conta o Decreto 116/2015, do 4 de outubro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e o Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a Consellería do Medio Rural é o organismo competente para a xestión destas axudas, que teñen como obxectivos os seguintes:

– Fomentar a competitividade do sector forestal.

– Garantir a xestión sostible dos recursos naturais e a acción polo clima.

– Lograr un desenvolvemento territorial equilibrado das economías e comunidades rurais, incluíndo a creación e conservación do emprego.

O sector da transformación e comercialización de produtos forestais está considerado como un dos sectores estratéxicos para o desenvolvemento económico da zona rural e para a consolidación e diversificación do seu tecido empresarial. As empresas de aproveitamentos forestais e primeira transformación de produtos forestais son empresas que traballan unicamente no rural, no sector forestal. O monte é unha parte importante da economía en Galicia, con unha poboación maioritariamente rural, e a práctica totalidade das empresas de aproveitamentos forestais e primeira transformación de produtos forestais galegas están situadas no rural e traballan nos montes da zona, con persoal do entorno, co que implica de diversificación e dinamización da economía rural. En Galicia, a industria da serra ten unha gran importancia económica e social, abastecéndose fundamentalmente de madeira dos montes galegos, ademais da industria de pasta para papel e taboleiros. Está en aumento tamén nos últimos anos o aproveitamento doutros produtos forestais, especialmente a biomasa para producir enerxía.

Coa finalidade de lograr unha boa execución dos recursos dispoñibles e asegurar a calidade dos investimentos que se subvencionan, contémplase a plurianualización das axudas, penalizacións por non execución de investimentos aprobados, así como a adaptación das resolucións de axuda a modificacións dos proxectos investidores, todo isto garantindo os criterios de concorrencia competitiva aplicados na concesión das axudas e dentro do marco normativo establecido pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

2. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1 e 26 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello (DOUE do 20 de decembro de 2013, L347), e no establecido para as axudas para investimentos en tecnoloxías forestais e na transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais, do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (DOUE do 1 de xullo de 2014, L193).

3. Estas axudas convócanse de acordo coa Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, pola que se aproba o Programa de desenvolvemento rural de Galicia, e estarán cofinanciadas polo Feader nun 75 %, polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,5 % e pola Xunta de Galicia nun 17,5 %.

Capítulo I
Bases reguladoras das axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)
no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Artigo 2. Investimentos subvencionables

1. Poderanse subvencionar investimentos en activos fixos produtivos e plans de mellora de xestión empresarial en empresas de aproveitamento e primeira transformación de produtos forestais. Os investimentos a subvencionar deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de subvención. En ningún caso se poderán subvencionar investimentos que se utilicen para producir bens de consumo final.

2. O IVE non é subvencionable, salvo que, segundo o disposto no artigo 69.3 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, non sexa recuperable conforme á lexislación nacional sobre o IVE.

Artigo 3. Investimentos en activos fixos produtivos

1. Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento, transformación e comercialización dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). Os investimentos destinados a biomasa e outros produtos forestais distintos da madeira só serán subvencionables cando estos produtos teñan a súa orixe e se recollan no monte.

2. Non se considerarán substitucións de investimentos, salvo no caso de incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción, no que se subvencionará o diferencial de custo. Non se considerarán substitucións cando o novo investimento vai traballar no sitio doutro similar que estea totalmente amortizado e que se considere obsoleto, sen valor comercial como equipo de segunda man.

Non será subvencionable ningún proceso que de como resultado un produto de consumo final.

3. Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes:

a) Bens de equipo e instalacións en empresas de recollida, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros (cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). No caso de produtos forestais alimentarios non se considerarán os investimentos relativos ao acondicionamento.

b) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal: asteladoras, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa.

c) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.

d) Procesadoras, autocargadores, arrastradores forestais e outros equipos de corta e/ou saca de madeira, así como as adaptacións e implementos. Os implementos deberán ir instalados en equipos propiedade da empresa.

e) Equipos tractocargadores completos e implementos forestais dos mesmos (Os tractores deberán ter cabinas adaptadas para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións exixiranse tamén aos tractores orientados á recollida de biomasa, limitándose o importe da máquina tractora ao 60 % do valor do equipo).

f) Rozadoras, en número non superior ós equipos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa.

g) Instrumentos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa.

h) Maquinaria e instalacións para procesado da biomasa forestal para producir enerxía: astelado, almaceamento, clasificación, caracterización, secado e acondicionamento da biomasa forestal. Só serán subvencionables cando a biomasa teña a súa orixe e recollida no monte. Non é subvencionable a fabricación de pellets nin ningún proceso que de como resultado un produto de consumo final. Non é subvencionable a obra civil, excepto a necesaria para o acondicionamento do parque de materia prima e produto (sempre e cando non se trate dun produto de consumo final) e para a instalación dos equipos.

i) Maquinaria e instalacións de primeira transformación da madeira en serras que non superen os 10.000 m3 de madeira en rolo empregada para aserrado. Non é subvencionable a obra civil, excepto a necesaria para o acondicionamento do parque de rolla ou táboa e para a instalación dos equipos.

Artigo 4. Investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial

Poderán ser obxecto de subvención os servizos externos de diagnóstico e implantación de medidas correctoras, salvo adquisición de maquinaria, nas seguintes actuacións:

a) Implantación, e certificación se procede, na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade forestal para o control de custos, calidade e mantemento.

b) Implantación e certificación da cadea de custodia de madeira certificada, e/ou normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.

Artigo 5. Beneficiarios

Os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser peme (pequena e mediana empresa) do sector forestal radicada en Galicia. Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.

b) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:

– Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do importe do mesmo.

– Ventas por importe superior ó triplo do investimento (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).

– Amortizacións máis beneficios superior á sexta parte dos investimentos (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).

– Contratos de venda ou prestación de servizos por importe superior o investimento.

– Estudio de viabilidade asinado por profesional cualificado.

c) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) (ou certificación da Axencia Tributaria relativa ao mesmo) e unha declaración xurada do solicitante de que a empresa cumpre coa normativa ambiental.

As empresas con instalacións fixas deberán estar inscritas no Rexistro de Pequenos Produtores de Residuos.

d) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de subvención e un contrato de prevención de riscos laborais.

e) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor), de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. As empresas con instalacións fixas deberán estar inscritas no Rexistro Industrial.

f) Deberán ter, polo menos, o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ó remate do prazo concedido para xustifica-lo investimento. Non será necesario cumprir este requisito nas subvencións inferiores a 60.102 euros. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, no seu caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

g) Non poderán ser beneficiarios aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, apartado 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014. Conforme a este regulamento, unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

1º. Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

2º. Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

3º. Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida no punto 3º.

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria, comprobándose a veracidade desta declaración nos controis sobre o terreo que se realicen.

Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

h) Deberán estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Artigo 6. Exclusións

Non será subvencionable:

a) A adquisición de terreos, edificacións e mobiliario.

b) A adquisición de maquinaria usada.

c) Os tributos recuperables polo beneficiario, como o IVE.

d) A renovación de maquinaria que non implique incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción. Neste caso valorarase unicamente a diferenza de custo.

e) Os gastos de reparación e mantemento.

f) Os investimentos destinados á manipulación ou comercialización de produtos de países non comunitarios.

g) Investimentos destinados ó comercio polo miúdo.

h) Investimentos e actuacións con axudas financiadas con outros fondos comunitarios ou con fondos non comunitarios se a axuda total supera o 50 % do investimento.

i) Motoserras, rozadoras manuais e outras ferramentas manuais.

k) Os investimentos en materiais non duradeiros, tales como os equipos de protección individual.

l) Investimentos en instalacións ou equipamentos que se utilicen para producir un ben de consumo final.

m) A construcción de camiños e os procesos de comercialización ou transformación a gran escala.

n) Os investimentos iniciados antes da solicitude de axudas ao abeiro da convocatoria na que se solicita a axuda e/ou sen constancia oficial de non terse iniciado con anterioridade á solicitude no caso de investimentos en parques intermedios ou en instalacións de primeira transformación de produtos forestais.

Artigo 7. Importe das axudas

1. Os investimentos en bens de equipo, recollidos no artigo 3, terán unha subvención básica dun 30 %, que poderá incrementarse ata un máximo do 40 % dos gastos elixibles segundo os criterios indicados no anexo II.

Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial recollidos no artigo 4 subvencionaranse con unha axuda dun 40 % dos gastos elixibles.

2. Estas axudas poderán acumularse con calquera outra axuda estatal, sempre que ditas medidas de axuda se refiran a investimentos subvencionables diferentes, ou con calquera outra axuda estatal de fondos non comunitarios en relación cos mesmos custos subvencionables, unicamente se tal acumulación non supera o 50 % de axuda, de acordo co indicado no artigo 8 do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014.

3. A axuda máxima por solicitante limitarase a 150.000 euros.

Artigo 8. Concesión das axudas

A concesión de axudas axustarase aos principios de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade, segundo o artigo 5.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A dispoñibilidade orzamentaria limitará o número de expedientes a aprobar.

Artigo 9. Baremación dos investimentos

Establécese un baremo de puntuación para seleccionar os investimentos a aprobar. Para iso, ordénanse cada un dos investimentos solicitados de maior a menor puntuación, de acordo co baremo que se indica a continuación. A puntuación resultante será a suma da aplicación dos baremos indicados nos apartados a) e b). Co obxectivo de acadar un nivel mínimo de calidade dos proxectos de investimento subvencionados, establécese un nivel mínimo de puntuación de 50 puntos no apartado b) para poder optar a subvención. Aquelas solicitudes que non acaden esta puntuación mínima serán rexeitadas.

a) Segundo o obxecto de investimento:

Baremo

Plans e ferramentas de xestión empresarial

200

Investimentos en bens de equipo de empresas de aproveitamento de produtos silvícolas non madeireiros excepto maquinaria para aproveitamento comercial da biomasa forestal

170

Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa

150

Instrumentos de medición de masas forestais

110

Equipos tractocargadores completos, autocargadores, arrastradores e outros equipos de saca de madeira

110

Procesadoras forestais e taladoras

110

Rozadoras (excluíndo as rozadoras manuais)

100

Equipos completos e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal, asteladoras, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa

150

Implementos forestais de maquinaria de desembosque

80

Maquinaria e instalacións para primeira transformación de madeira ou biomasa

150

b) Segundo as características da empresa:

Baremo

Por cada punto porcentual de incremento de axuda, segundo o anexo II (máx. 100)

10

Por cada unidade resultante da aplicación da seguinte fórmula: [(V+T)/I] -1

V: importe do volume de ventas da empresa; I: suma dos investimentos solicitados;

T: importe de contratos de saca ou servicio (máx. 60)

10

Empresas de nova creación (as creadas dentro dos 12 meses anteriores á publicación da convocatoria), como iniciativa de desenvolvemento local

20

Xerentes de idade inferior, na data de publicación desta orde, a 55 anos ou descendentes en activo na empresa.

20

Empresas con mulleres xerentes, na data de publicación desta orde

20

Empresas situadas en concellos desfavorecidos (anexo III)

30

Empresas establecidas nos concellos que estean comprendidos na franxa tampón de 20 qm coa fronteira de Portugal que define a Orde do 22 de marzo de 2012 pola que se establecen medidas sobre a sanidade vexetal nunha área demarcada polo organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (anexo IV)

30

Solicitantes que con algunha axuda concedida no anterior período Feader (2007-2015) en que houbo un incumprimento que causase a perda de dereito ao cobramento da totalidade da axuda concedida

- 30

Solicitantes con subvencións concedidas no anterior período Feader (2007-2015) nas que en dúas ou máis delas xustificaron menos accións de incremento da porcentaxe de axuda e puntuación no baremo que as presentadas no momento da solicitud de subvención

- 20

Investimentos en proxectos innovadores, entendendo como tales os que dan lugar a novos produtos inexistentes no mercado na data de publicación da convocatoria

50

Artigo 10. Selección dos investimentos a aprobar

1. Aprobaranse os investimentos por orde de maior a menor puntuación de acordo co baremo indicado. En caso de empate na puntuación de corte, e que non haxa orzamento suficiente para conceder a subvención a todos os investimentos coa mesma puntuación, ordenaranse estes segundo o importe de subvención percibida pola empresas nos últimos tres anos de menor a maior, e irase aprobando a subvención para estes investimentos ata esgotar o orzamento. No caso dun novo empate, ordenaranse os investimentos empatados de maior a menor segundo o número de postos de traballo de persoas menores de 25 anos, mulleres ou persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social teña a empresa ou se comprometa a crear, e irase aprobando a subvención ata esgotar o orzamento. No caso dun novo empate, concederase en primero lugar a subvención ás empresas situadas en zonas desfavorecidas, en segundo lugar aos investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial e en terceiro lugar aos investimentos en bens de equipo de empresas de aproveitamentos de produtos silvícolas non madeireiros excepto maquinaria para aproveitamento comercial da biomasa forestal. De persistir o empate, subvencionaranse por orde os investimentos de maior a menor importe.

2. No cumprimento dos principios de eficacia e utilización dos recursos públicos, no caso de que algún dos beneficiarios renuncie á axuda, o importe desta, xunto con outros remanentes, se os houbera, poderase destinar á aprobación das solicitudes para as cales non houbese dotación orzamentaria suficiente no momento da resolución da concesión, mantendo a orde de priorización obtida no baremo.

Artigo 11. Solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

A documentación complementaria poderá presentarse electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

3. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electrónicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Documentación a presentar para a solicitude

1. Os interesados deberán presentar a seguinte documentación dirixida á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal:

a) Solicitude, asinada polo representante legal da empresa ou persoa acreditada mediante poderes para actuar como representante legal, dirixida á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde. No caso de non estar asinada polo representante legal, deberá aportar documentación xustificativa da acreditación por parte da empresa.

b) Deberase aportar contrato, factura pro forma ou similar de 3 provedores distintos, con indicación do prazo de entrega, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren. As ofertas solicitadas para cada gasto non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

A Administración fará comprobacións dos prezos de mercado, comprobando que as facturas proforma se axustan aos ditos prezos.

O investimento subvencionable elixirase conforme a criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta máis económica.

c) Certificación da condición de peme, segundo o anexo V. Os empresarios autónomos deberán cubrir os apartados b) e) e f). Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último ano pechado. No emprego incluiranse os autónomos que traballen na empresa. Este anexo debe ser presentado tamén cuberto cos datos de cada unha das empresas vinculadas ou asociadas coa solicitante. Presentarase un anexo por cada empresa.

d) Memoria onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo VI da presente orde.

e) Ficha cos datos da empresa, segundo as distintas follas do anexo VII, con todos os datos cumprimentados que procedan segundo o tipo de empresa e asinada na última folla.

f) Copia dos seguintes documentos:

1º. Último imposto de sociedades. No seu defecto, deberán presentar declaración do IRPF, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta, a través de medios electrónicos, por parte do órgano competente da Administración.

2º. Copia cotexada do NIF do solicitante, no caso de ser unha persoa xurídica, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta a través de medios electrónicos, por parte do órgano competente da Administración, ou copia cotexada do DNI, no caso de ser unha persoa xurídica, só no caso de non autorizar expresamente a súa consulta.

3º. Vida laboral dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria na que solicite a axuda, tanto para o réxime xeral como para o agrario. No caso de que nalgún dos réximes non teña traballadores, debe presentar certificado da seguridade social de non ter traballadores no dito réxime.

4º. Último recibo de pagamento dos autónomos da empresa.

5º. Documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou certificación da Axencia Tributaria relativa ao mesmo, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta, a través de medios electrónicos, por parte do órgano competente da Administración.

6º. Póliza do seguro de responsabilidade civil e recibo actualizado.

7º. Contrato dun servizo de prevención de riscos laborais e recibo actualizado.

g) Documentación xustificativa da viabilidade da empresa, segundo o indicado no artigo 5.

h) No caso dos investimentos do artigo 4 (plans e ferramentas de xestión empresarial): memoria asinada detallada do contido a desenvolver.

i) No caso de acondicionamento ou instalacións en parques intermedios:

1º. Plano asinado onde veña reflectida a situación do parque.

2º. Comunicación previa no concello.

k) No caso de investimentos para biomasa: contrato de subministración de biomasa ou xustificación documental de que o investimento está orientado a un aproveitamento comercial da biomasa.

l) No caso de investimentos en empresas de primeira transformación de madeira ou outros produtos forestais:

1º. Plano asinado coa ubicación da industria e planos asinados de planta coa distribución de edificacións, maquinaria e instalacións, onde veñan reflectidos os investimentos a realizar.

2º. No caso de instalacións que así o requiran, comunicación previa no concello.

3º. Acreditación da presentación da comunicación previa do inicio de actividade ou apertura do establecemento establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida, ou licenza de actividade para as solicitudes de licenza tramitadas antes da entrada en vigor da devandita lei.

4º. Inscrición no Rexistro Industrial.

5º. Documento de inscrición/autorización no Rexistro de Produtores de Residuos.

6º. As empresas de primeira transformación de madeira deberán presentar documentación acreditativa do límite de 10.000 m3 de madeira en rollo empregada para aserrado.

m) No caso de substitucións de investimentos: memoria razoada da necesidade e os beneficios esperados pola substitución e fotocopia da documentación dos equipos que van ser substituídos.

n) No caso de empresas vinculadas ou asociadas coa empresa solicitante:

1º. Copia das contas anuais do último exercicio pechado de cada unha das empresas.

2º. Vida laboral dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria na que solicite a axuda, tanto para o réxime xeral como para o agrario. No caso de que nalgún dos réximes non teña traballadores, debe presentar certificado da seguridade social de non ter traballadores no dito réxime.

2. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos

Tamén se poderá acceder a través da Oficina agraria virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://emediorural.xunta.es/oav

Artigo 13. Documentación a presentar para incrementar a porcentaxe de axuda e a puntuación no baremo

Para xustificar a realización de accións para incrementar a porcentaxe de axuda e a puntuación no baremo deben presentar a documentación que a continuación se relaciona. Esta documentación non é obrigatoria para a tramitación do expediente, só para os efectos do incremento de axuda e puntuación indicados.

a) Para os cursos de formación: diploma acreditativo ou certificación emitida polo organismo que dou o curso. Para cursos aínda non realizados, deberase aportar compromiso mediante declaración responsable, acompañado de informe favorable da asociación sectorial ou organismo capacitado para a realización do curso.

b) Contrato e recibo actualizado de externalización das garantías dos traballadores.

c) Recibo de pagamento da cota ou certificado xustificativo de pertencer a asociación profesional do sector.

d) Xustificación de ter a cadea de custodia certificada.

e) Xustificación de ter un plan de control da calidade ou mellora da xestión certificado.

f) Xustificación documental de ser empresa de comercialización conxunta: escritura de constitución e copia do modelo 347 presentado do último ano pechado.

g) Compromiso ou xustificación de creación de postos de traballo fixos.

h) Documentación xustificativa de xerente menor de 55 anos ou descendentes en activo na empresa: anexo XII, de autorización de consulta de identidade, ou copia do DNI no caso de non autorizar a consulta, e nómina do mes da publicación da orde ou, no seu defecto, documentación oficial que demostre a xerencia.

i) Documentación xustificativa de muller xerente: anexo XII, de autorización de consulta de identidade, ou copia do DNI no caso de non autorizar a consulta, e nómina do mes da publicación da orde ou, no seu defecto, documentación oficial que demostre a xerencia.

k) No caso de empresa de nova creación, escritura de constitución ou, no seu defecto, documentación oficial xustificativa.

Artigo 14. Tramitación e concesión de axudas

1. A tramitación corresponde á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

Presentada a solicitude, revisarase e, no caso de que conteña defectos ou omisións, concederase un prazo de dez días hábiles para a súa subsanación, coa indicación de que si non se fixera terase por desistido da súa petición, previa notificación nos termos que se recollen no artigo 20.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. A notificación deste feito, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b), 60 e 61 da Lei 30/1992, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Consellería do Medio Rural, á cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia. Se a instrución do procedemento o aconsellase, o órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web pola notificación individualizada, de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

No caso de investimentos en acondicionamento de parques intermedios ou instalacións neles, ou en instalacións ou maquinaria en empresas de primeira transformación de madeira ou outros produtos forestais, o solicitante deberá solicitar a comprobación de non inicio dos investimentos no anexo da solicitude, non podendo inicialos antes de que se realice a inspección comprobatoria.

2. Todas as solicitudes presentadas polo mesmo solicitante serán consideradas como unha soa a efectos de tramitación. Non se exixirá a presentación dos documentos que obren en poder da Xunta de Galicia, debendo o solicitante indicar para elo o órgano e procedemento administrativo ante o que aportou tal documentación.

3. A Subdirección Xeral de Recursos Forestais, como órgano xestor, valorará as solicitudes de axuda seguindo os criterios regulados no artigo 9, emitindo un informe en base ao cal formulará a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A distribución das anualidades nas axudas individuais realizarase en base ás previsións de execución comunicadas polos beneficiarios no anexo VII e aos condicionantes orzamentarios indicados nas correspondentes convocatorias.

5. Correspóndelle á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal resolver as solicitudes presentadas por delegación da conselleira do Medio Rural.

A resolución individual e motivada notificarase ao interesado.

6. O prazo máximo para resolver e notificar as resolucións é de cinco meses, contados a partir do día seguinte da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Unha vez transcurrido este prazo, as solicitudes que non tiveran unha comunicación de aprobación de axuda, poderán entenderse desestimadas segundo o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de resolver pola Administración.

7. Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural. O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes se o acto fose expreso. Se non o fose, o prazo será de tres meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto. Transcurridos os ditos prazos, unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo sen perxuízo, no seu caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. O prazo para a interposición do dito recurso contencioso-administrativo será de dous meses se o acto fose expreso ou de seis meses se non o fose, a contar desde o día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 15. Documentación a presentar para a solicitude de cobramento

1. Para a percepción dos pagamentos, sexan pagamentos parciais ou totais, deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Solicitude de cobramento da subvención (anexo VIII).

b) Copias cotexadas das facturas orixinais, así como copias cotexadas dos documentos bancarios de pagamento.

c) Relación ordenada dos investimentos e os pagamentos efectuados (anexo XI).

d) Declaración do beneficiario sobre axudas solicitadas, concedidas e/ou obtidas para os mesmos investimentos, segundo o anexo IX, cos datos actualizados.

e) No caso de IVE non recuperable conforme á lexislación vixente: declaración por parte do beneficiario de non suxeición ou exención do imposto.

2. No último pagamento presentaranse os seguintes documentos:

a) Actualización da ficha cos datos da empresa, segundo o anexo VII da orde.

b) Memoria (anexo X), indicando as actuacións executadas, as medidas correctoras implantadas e a súa importancia na actividade futura do beneficiario.

c) Xustificantes das accións contempladas no anexo II que se presentaron para incrementar a porcentaxe de axuda.

d) Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral do beneficiario desde o inicio do ano no que se solicitou a axuda ata a data de xustificación final dos investimentos, coa relación de traballadores e as datas de alta e baixa, ou certificado de non ter traballadores se é o caso. Presentarase para os réximes xeral e agrario.

e) Últimos recibos dos autónomos da empresa anteriores á xustificación do cobramento.

f) Certificado de conformidade do provedor da factura presentada e do pagamento correspondente, onde figure o importe e a data da factura e do pagamento e o obxecto facturado claramente identificado, con marca, modelo e número de bastidor, e facendo constar que se trata dun equipo novo.

g) Específicas dos investimentos obxecto de subvención:

1º. Plans e ferramentas de xestión empresarial: informe de seguimento do plan con detalle das accións correctoras.

2º. Maquinaria móbil: certificado de homologación (ou, no caso de vehículos de rodas, ficha técnica e permiso de circulación) do conxunto máquina base –modificacións– apeiros instalados no que conste o ano de fabricación da máquina, e seguro do vehículo ou de responsabilidade civil da empresa con indicación expresa do vehículo. Ademais, deberase presentar a mesma documentación dos equipos do mesmo tipo subvencionados anteriormente ou dos que os substituíron. Deberá tamén presentar certificado orixinal do fabricante do equipo subvencionado, con indicación do número de chasis e ano de fabricación, así como copia do facsímil do fabricante do número de chasis.

3º. Parques intermedios de rolla ou biomasa e primeira transformación de produtos forestais: no caso de realizarse instalacións, deberán presentar certificado de fabricación e homologación e certificado de conformidade coa normativa medioambiental e de seguridade industrial vixente das instalacións realizadas. No caso de obra civil, certificado do director de obra de que cumple coa normativa ambiental, de seguridade industrial e demais normativa vixente. No caso de investimentos que así o requiran, acreditación da presentación da comunicación previa da realización do investimento con toda a documentación requirida. As empresas de primeira transformación de produtos forestais deberán presentar a actualización dos novos equipos no Rexistro Industrial e deberán presentar un plano en planta das instalacións asinado onde se reflicta claramente o investimento realizado.

4º. No caso de subvencións a equipos ou instalacións que dean lugar a novos residuos na empresa, deberán presentar copia da solicitude rexistrada de inclusión do novo residuo no Rexistro de Produtores de Residuos.

Artigo 16. Xustificación do investimento

1. Nas facturas deberá figurar claramente especificado o obxecto facturado e, no caso de maquinaria, deberán figurar os datos identificativos, marca, modelo e número de bastidor.

As facturas presentaranse en orixinal e marcaranse cun selo, indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, indicando, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

2. Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

3. Con carácter excepcional, admitiranse pagamentos en metálico cando o seu importe, individual ou en conxunto por provedor, non supere os 1.000 euros; neste caso o pagamento xustificarase mediante certificación expresa, asinada, datada e cuñada polo provedor, en que se faga constar a recepción do importe facturado e o medio de pagamento empregado, así como o compromiso do provedor de someterse ás actuacións de control e comprobación na súa contabilidade da realidade do pagamento. Esta certificación acompañará á factura preceptiva.

Para gastos que non superen os 300 euros admitirase como xustificante de pagamento a factura asinada e selada polo provedor en que figure a expresión «recibín en metálico».

4. Poderanse subvencionar investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing) ou calquera outra figura análoga, subvencionándose neste caso unicamente o importe correspondente á opción de compra.

5. Unha vez presentada a solicitude de cobramento final realizarase a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados. Os equipos subvencionados non poderán comezar a traballar ata que se realice dita inspección na Comunidade Autónoma de Galicia. O feito de que se comprobe na inspección que o equipo comezou a traballar ou que presente evidencias de que a máquina é usada, ocasionará a perda do dereito ao cobramento da subvención. O beneficiario pode solicitar a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados antes de presentar a solicitude de cobramento, debendo acompañar a factura dos investimentos realizados. No caso de obra civil ou instalacións non poderán ter comezado a usarse.

6. Poderase solicitar calquera documentación adicional relacionada co investimento subvencionado en caso de dúbida sobre o cumprimento das condicións establecidas na presente orde.

Artigo 17. Procedemento de pagamento

1. Unha vez comprobada a documentación presentada e realizada a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados, a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal emitirá a correspondente proposta de pagamento.

2. De acordo co Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderanse realizar pagamentos a conta. Os pagamentos a conta non superarán o 80 % da subvención concedida.

3. Os pagamentos a conta adaptaranse ao establecido no artigo 63 do Regulamento nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Os ditos pagamentos a conta, cando o importe da primeira anualidade supere os 18.000 euros, serán garantidos mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca e deberá alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación previsto na convocatoria. O referido aval depositarase a disposición da Consellería do Medio Rural na caixa xeral de depósitos da Xunta de Galicia e deberá cubrir o 100 % do importe a percibir na primeira anualidade da subvención. O certificado de depósito do aval presentarase na solicitude de cobramento da primeira anualidade xunto co resto da documentación, nos prazos que se establezan para a xustificación da primeira anualidade da subvención. Este certificado de depósito devolveráselle ó interesado unha vez se comprobe, mediante inspección in situ, a realización material do obxecto da subvención, así como as restantes condicións da subvención. Estes avais poderán ser liberados no suposto de que se constitúan para pagamentos a conta correspondentes a fases ou partes do investimento susceptibles de avaliación independente e se comprobe a realización do investimento.

4. O pagamento da porcentaxe adicional aos investimentos en activos produtivos, recollido no artigo 7, queda condicionado á execución das accións que incrementan a axuda e ao seu seguimento por parte da empresa.

Artigo 18. Modificación da resolución e reintegros da axuda

1. Se no transcurso da tramitación do expediente de axudas o solicitante precisara introducir modificacións ó mesmo para unha mellor xestión empresarial, solicitará autorización da Consellería do Medio Rural, xustificando as razóns do cambio e acompañando a oportuna actualización do expediente que contemple as variacións do proxecto orixinal. O prazo para solicitar a modificación da resolución será ata os dous meses anteriores á finalización do prazo para a xustificación dos investimentos. Poderanse modificar as resolucións individuais de axuda, sempre que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de selección aplicados para a concesión das axudas, sen que poida supor discriminación a terceiros.

A modificación realizarase mediante resolución da conselleira do Medio Rural, previa instrución do correspondente expediente de modificación e proposta motivada da Subdirección Xeral de Recursos Forestais, aplicando os criterios de selección do artigo 9.

2. O incumprimento das condicións establecidas nesta orde e as indicadas na resolución de concesión de subvención, así como o encontrarse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda de dereito á axuda.

3. Serán causa de reintegro de subvención as circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Se o beneficiario percibira pagamentos parciais e a execución parcial non cumprira os obxectivos iniciais previstos ou as accións do anexo II comprometidas, así como as condicións da resolución, procederase á tramitación do expediente de reintegro da subvención percibida máis os xuros de demora, que se calcularán en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de sesenta días, e a data de reembolso ou dedución, de acordo co Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

4. No caso de que se xustificasen investimentos por menor importe do aprobado, a subvención a pagar será proporcional ós investimentos xustificados, sempre que estes sexan susceptibles de avaliación independente e cumpran os fins previstos inicialmente.

5. A non xustificación en prazo da realización dos investimentos suporá a perda do dereito da subvención.

A non xustificación en prazo da primeira anualidade suporá a perda do dereito da segunda anualidade da subvención.

6. No caso de que o importe xustificado polo beneficiario na solicitude de cobramento supere en máis dun 10 % o importe da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural, reducirase a maiores a axuda a percibir resultante da comprobación final na diferenza entre ambos importes. Non obstante, non se aplicará ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe non subvencionable.

7. Se se descubre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de que se trate quedará excluído da axuda e recuperaranse todos os importes que foran abonados por dito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído das seguintes axudas durante o período de vixencia do PDR 2014-2020.

Artigo 19. Controis

1. A Consellería do Medio Rural realizará os controis que considere oportunos co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas, en especial a contabilidade e/ou a xestión técnico-económica da maquinaria e o cumprimento dos compromisos adquiridos coa concesión da subvención.

2. A Consellería do Medio Rural realizará os controis administrativos, controis sobre e terreo e controis a posteriori previstos no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade. Os controis administrativos realizaranse sobre o 100 % dos expedientes presentados e os controis sobre o terreo sobre un mínimo dun 5 % do gasto público declarado á Comisión no ano natural correspondente. Os controis a posteriori faranse sobre unha mostra do 1 % como mínimo do gasto público declarado á Comisión.

3. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por parte da Consellería do Medio Rural, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, así como das instancias comunitarias de control respecto das operacións cofinanciadas con Feader.

Artigo 20. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Regulamento (UE) nº 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade e no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

Artigo 21. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións consideradas na concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 22. Obrigas

1. O beneficiario da axuda está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como das instancias comunitarias de control respecto das operacións cofinanciadas con Feader.

2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. O beneficiario non poderá substituír os equipos subvencionados anteriormente polos equipos obxecto de subvención e deberá manter os investimentos subvencionados e os requisitos que condicionaron a obtención da axuda, durante un período mínimo de 5 anos, a contar desde a data do último pagamento da axuda.

4. O beneficiario está obrigado a apuntar na contabilidade da empresa, de forma separada ou ben cun código contable axeitado para todas as transaccións relativas á operación, os movementos relativos ás subvencións percibidas, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice ao órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia nos que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, en cuxo caso deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 24. Información e publicidade

Conforme ao establecido no artigo 13 e no anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 808/2014, as empresas beneficiarias das axudas deberán cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader. En particular, no caso de investimentos que reciban unha axuda pública superior a 50.000 euros, o beneficiario colocará unha placa explicativa con información sobre o proxecto, na que se destacará a axuda financeira da Unión.

Artigo 25. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta orde, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería do Medio Rural/Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.es

Capítulo II
Convocatoria de axudas para 2016

Artigo 26. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2016 as axudas reguladas por esta orde. As solicitudes, documentación, condicións e procedemento de xestión das axudas serás as establecidas con carácter xeral nos artigos anteriores.

Artigo 27. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 28. Prazo de xustificación

O prazo de xustificación finalizará o 15 de setembro de 2016 e o 31 de maio de 2017, segundo a anualidade que corresponda. Poderanse conceder prórrogas de cada anualidade, de acordo co artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, previa solicitude razoada realizada cunha antelación superior a dous meses antes do remate do prazo de xustificación.

Artigo 29. Financiamento

1. As axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.713B.770.0, código de proxecto 2016 00211, con 7.000.000 millóns de euros para o ano 2016 e 3.000.000 millóns de euros para o ano 2017. Este orzamento poderá verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Esta convocatoria tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Deste xeito a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente, nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2016, no momento da resolución.

2. A Consellería do Medio Rural, chegado o caso, poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento da presente orde, cando o incremento derive de:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

c) No suposto previsto no artigo 25.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, no seu caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que esta publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Disposición adicional primeira. Compatibilidade das axudas

As axudas serán compatibles con outras que non teñan fondos da Unión Europea ata un máximo de subvención global do 50 % do custo do investimento.

Disposición adicional segunda. Outras regulamentacións

No non previsto nesta orde observarase o disposto no Regulamento (UE) nº 1305/2013, no Regulamento de execución (UE) nº 808/2014, no Regulamento de execución (UE) nº 809/20014, no Regulamento delegado (UE) nº 640/2014, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Facúltase ao director xeral de Ordenación e Produción Forestal para ditar cantos actos e instrucións estime oportunos para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2015

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

ANEXO II
Accións e porcentaxe de incremento da axuda

Accións que incrementan a axuda

(nos investimentos en activos fixos produtivos)

Incremento da axuda

Por cada curso de formación específico da actividade forestal cunha duración mínima de 20 horas, realizado por traballadores da empresa desde o 1.1.2015 (máximo 2 cursos)

1 %

Por dispor de contrato de externalización das garantías dos traballadores

1 %

Por pertenza a asociación profesional do sector

1 %

Empresas coa cadea de custodia certificada nos últimos cinco anos ou con certificación anterior a cinco anos e que acheguen actualización da certificación

1 %

Plan de control da calidade e/ou mellora da xestión empresarial certificado por auditor autorizado

1 %

Empresas de comercialización conxunta

5 %

Por cada posto de traballo fixo creado ou convertido de eventual a fixo, ata un máximo de 2

1 %

Por cada posto de traballo fixo creado ou convertido de eventual a fixo, para mulleres, persoas de idade inferior a 25 anos ou persoas con discapacidade, ata un máximo de 2

2 %

Os cursos de formación deberán ter un recoñecemento oficial. Non se contabilizarán os propios dos plans de seguridade laboral. Para valorar os cursos de formación poderase aportar un compromiso mediante declaración xurada, acompañado de informe favorable da asociación sectorial ou organismo capacitado para a realización do curso. Os traballadores deberán estar en activo na empresa.

As empresas de nova creación poderán aportar compromiso de realización das accións.

Plans de adaptación á cadea de custodia e de mellora da xestión empresarial: no momento da solicitude bastará contrato ou orzamento comercial da acción e memoria en detalle do contido a desenvolver.

Só puntuará a creación dos postos de traballo fixos na empresa ou a conversión de eventual a fixo que se faga a partir da data de publicación da orde. Para a súa valoración poderase presentar un compromiso mediante declaración xurada.

Estas accións serán comprobadas na inspección final, analizando se efectivamente foron incorporadas ó funcionamento normal da empresa.

ANEXO III
Listado de concellos desfavorecidos

missing image file

ANEXO IV
Concellos comprendidos na franxa tampón de 20 qm coa fronteira de Portugal

Provincia

Concellos

Ourense

Arnoia (A), Baltar, Bande, Beade, Blancos (Os), Bola (A), Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Celanova, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Gudiña (A), Laza, Lobeira, Lobios, Melón, Mezquita (A), Monterrei, Muíños, Oímbra, Padrenda, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, Trasmirás, Verea

Pontevedra

Arbo, Baiona, Crecente, Gondomar, Guarda (A), Neves (As), Nigrán, Oia, Rosal (O), Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui