Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx. 52731

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (746/2014).

Álvaro Garrido Rodríguez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, polo presente edicto

Anuncio:

Que no presente procedemento ordinario, seguido por instancia de Serafín Rodríguez Rodríguez, José Luis Rodríguez Rodríguez e Milagros Rodríguez Rodríguez fronte a Carola Andrea Rodríguez, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Vistos por min, Ana María Gómez Bande, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario sobre aceptación de herdanza, seguidos ante este xulgado baixo o número 746 do ano 2014, por instancia da procuradora Sra. Álvarez Coscolin, asistida do letrado Sr. González Fernández, en nome e representación de Serafín, José Luis, Milagros Rodríguez Rodríguez e, como demandada, Carola Andrea Rodríguez, en situación de rebeldía procesual, cuxas circunstancias persoais constan nas actuacións.

Resolvo:

Estimar totalmente a demanda interposta pola procuradora Sra. Álvarez Coscolin, asistida do letrado Sr González Fernández, en nome e representación de Serafín, José Luis e Milagros Rodríguez Rodríguez e, como demandada, Carola Andrea Rodríguez, en situación de rebeldía procesual, e:

Declárase a plena eficacia e validez do poder xeral outorgado por Carlota Andrea Rodríguez, o 6.8.1998, ante o cónsul xeral de España en Buenos Aires, Jaime Rodríguez-Ponga y Salamanca, número de protocolo 934, así como da escritura de compravenda outorgada con data do 10 de decembro de 1998 ante o notario de Ourense, Sr. Pol González, número de protocolo 4703.

Como consecuencia do anterior, declárese que Carola Andrea Rodríguez aceptou de forma tácita a herdanza do seu finado pai Roberto Rodríguez Rodríguez e dos seus avós Celia Rodríguez Rebollido e Serafín Rodríguez Castro.

Condénase a demandada a se ater a tales declaracións, con condena a ela en custas.

Modo de impugnación. Mediante recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditou a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expor as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna. Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigos 456.2 e 458 LAC).

E ao estar a dita demandada, Carola Andrea Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 27 de outubro de 2015