Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 15 de decembro de 2015, do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación de apertura do expediente sancionador 151/15.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que se cita a continuación a apertura de expediente sancionador instruído por infraccións da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 132, do 12 de xullo).

Nº de expediente: 151/15.

Denunciada: Xunca Blanca (Modesto Rodríguez Moreira).

Enderezo: r/ Mazarico, 3, 3º C, 36205 Vigo (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentaren ante o citado servizo as alegacións que consideren pertinentes.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 15 de decembro de 2015

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra