Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do contrato reservado dos servizos auxiliares de apoio para un proxecto de preservación ex situ do cabalo de pura raza galega que se desenvolverá no Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia (CREAG) en Sergude-Boqueixón (A Coruña), cofinanciado con fondos Feader PDR 2014-2020, medida 10, submedida 10.2, nun 75 % durante os anos 2016 a 2019 (expediente 3/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: contrato reservado dos servizos auxiliares de apoio para un proxecto de preservación ex situ do cabalo de pura raza galega que se vai desenvolver no Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia (CREAG) en Sergude-Boqueixón (A Coruña).

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: a duración do servizo será de 36 meses a partir da data da sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 50800000-3, 90920000-2, 90911200-8 e 15700000-5.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto suxeito a regulación harmonizada. Contrato reservado a centros especiais de emprego.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 198.000,00 €; IVE: 38.926,80 €. Importe total: 236.926,80 € cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 389.400,00 € (incluídas posibles prórrogas e ampliacións).

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondos Feader PDR 2014-2020. Medida 10, submedida 10.2. Porcentaxe cofinanciada: 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo as letras J e K da folla de especificacións do prego.

7. Garantía exixida: definitiva: polo carácter reservado do contrato, o licitador está exento de presentar garantías provisionais ou definitivas.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio posterior dereito, nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 61 80 e 981 54 67 97 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23663

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o 25 de xaneiro de 2016

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47) ou ben ao enderezo de correo electrónico.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 4 de febreiro de 2016. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, na data e na hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax ou correo electrónico a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

12. Outras informacións: de conformidade co disposto na disposición adicional quinta do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, e no artigo 26 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público de Galicia, resérvase a participación na presente licitación a aquelas empresas licitadoras que estean en posesión da cualificación de centros especiais de emprego e rexistradas no rexistro administrativo correspondente.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16 de decembro de 2015.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2015

P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural