Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 928

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

DECRETO 189/2015, do 23 de decembro, polo que se dispón o nomeamento dunha vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo. No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais, que son todos eles nomeados polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta das persoas titulares das consellerías.

O artigo 10.3 do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, sinala, entre outros vogais representantes da Administración autonómica, dous en representación da Consellería de Pesca Marisqueo e Acuicultura, actual Consellería do Mar.

En consecuencia, vistas as propostas de cesamento e nomeamento precisas para a renovación dun vogal representante da Consellería do Mar, por proposta da conselleira do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de decembro de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo único

O nomeamento de María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade como vogal titular do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería do Mar.

Santiago de Compostela, vinte e tres de decembro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar