Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada en relación cun recurso de reposición.

Con data 10 de decembro de 2015 o director xeral da Función Pública ditou resolución respecto ao recurso de reposición formulado por Amelia Taboada Rodríguez contra a Resolución do 19 de maio de 2015 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Logo de tentar dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente de repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a Amelia Taboada Rodríguez a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor a interesada recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública