Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada, da subministración e entrega de 2.100 pares de botas de extinción para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (expediente 4/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e entrega de 2.100 pares de botas de extinción para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de entrega será 60 días desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 35113000-9 e 18830000-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 205.800 €, IVE (21 %): 43.218 €. Importe total: 249.018 €.

Valor estimado: 205.800 €.

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras I e J da folla de especificacións.

7. Garantía exixida: definitiva: do 5 % orzamento de licitación (IVE excluído): 10.290 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo posterior dereito de San Caetano, nº 4, 1º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 59 93 88 (consultas administrativas); 981 54 60 56 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23782

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, non sendo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo a este rexistro único dentro do prazo de admisión sinalado. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47) ou ben ao enderezo de correo electrónico.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, non sendo que for sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2015

P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural