Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 4843

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modifica o artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establecendo os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior e de grao medio que serán de aplicación para o curso 2016/17. O referido artigo modifica o establecido no artigo 36.1 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.

Así mesmo, o Decreto 114/2010, do 1 de xullo, determina no artigo 36.2 que a consellería con competencias en materia de educación regulará as probas de acceso para quen non cumpra os requisitos académicos de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. No artigo 37 disponse que a consellería con competencias en materia de educación convocará, cando menos unha vez ao ano, as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior.

De conformidade co exposto e no uso das competencias que se me atribúen na lexislación vixente,

DISPOÑO:

I. Disposicións de carácter xeral

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto a regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2016.

Artigo 2. Finalidade e persoas destinatarias das probas de acceso

1. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título de formación profesional básica, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuaren a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

2. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Artigo 3. Tribunal avaliador das probas

1. Co obxecto de garantir o acceso aos ciclos formativos de formación profesional en igualdade de condicións, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta, un secretario ou unha secretaria e un número suficiente de vogais segundo as áreas ou as materias avaliables.

O presidente ou a presidenta deberán ser un inspector ou unha inspectora de educación, ou ben un director ou unha directora dun centro público docente onde se impartan ensinanzas de formación profesional.

O secretario ou a secretaria e os/as vogais deberán ser membros dos corpos de profesorado de ensino secundario, de profesorado técnico de formación profesional ou de catedráticos/as de ensino secundario.

2. O tribunal avaliador desenvolverá as seguintes funcións:

a) Elaboración das probas e dos criterios de corrección.

b) Supervisión do proceso de corrección.

c) Publicación das listaxes provisorias e definitivas das persoas admitidas para a realización da proba.

d) Resolución provisoria e definitiva das solicitudes de exención da proba.

e) Resolución provisoria e definitiva de solicitudes de proba adaptada.

f) Resolución provisoria e definitiva de cualificacións das probas.

3. Ao tribunal avaliador poderán incorporarse os asesores ou as asesoras que cumpran para resolver as posibles exencións da proba, así como as solicitudes de adaptación para a súa realización, en caso de persoas que acrediten discapacidades.

Artigo 4. Comisións de realización das probas de acceso en centros educativos

1. Do desenvolvemento das probas responsabilizarase, en cada centro proposto e para cada grao, unha comisión de realización de probas nomeada pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por proposta do servizo provincial de Inspección Educativa. Tamén nomeará, polo menos, un inspector ou unha inspectora responsable provincial das probas de acceso, que se encargará da coordinación e da supervisión das comisións de realización da súa provincia.

2. As comisións de realización de probas de acceso aos ciclos formativos estarán integradas por:

a) Un inspector ou unha inspectora de educación, ou a persoa responsable da dirección do centro educativo onde se realicen as probas, que exercerá a presidencia da comisión.

b) Un número suficiente de vogais, que actuarán como vixilantes o día da proba, segundo o número de persoas participantes inscritas e os espazos onde se desenvolvan as probas.

Artigo 5. Funcións das comisións de realización das probas de acceso

1. As funcións das comisións de realización das probas de acceso serán as seguintes:

a) Organizar a realización da proba de acceso no instituto de educación secundaria ou centro integrado de formación profesional que corresponda.

b) Atender e resolver as incidencias orixinadas durante a realización da proba.

c) Formalizar as actas de seguimento do proceso de realización das probas.

d) Emitir as certificacións derivadas do proceso de realización das probas.

e) Calquera outra que lle encomende a Administración educativa no ámbito das súas competencias.

2. A Inspección Educativa supervisará o desenvolvemento das actuacións que se leven a cabo nas comisións de probas de acceso, para garantir así a calidade e a fiabilidade do proceso.

3. As comisións de probas de acceso realizarán a xestión das funcións encomendadas por medio dunha aplicación informática facilitada para tal efecto pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 6. Publicacións de listaxes

Quen desexar información puntual no relativo ás publicacións en todo o proceso do desenvolvemento das probas de acceso poderá dirixirse ao centro onde realizara a súa inscrición, ao centro onde realicen as probas ou ben á páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, onde se publicarán as listaxes correspondentes. Estas listaxes terán efectos de comunicación ás persoas que presenten reclamación.

Artigo 7. Información e orientación sobre o proceso de realización das probas de acceso

Todos os institutos de educación secundaria que impartan ciclos formativos de formación profesional e centros integrados de formación profesional deberán ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobre estas ensinanzas, así como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.

Artigo 8. Documentación do proceso

Os modelos coa información mínima que deben reflectir as actas de cualificación e as certificacións das probas de acceso son os establecidos nos anexos III, IV, V e VI.

Artigo 9. Probas de acceso adaptadas ás persoas que acrediten discapacidades

1. As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolveren a proba de acceso.

Quen solicite proba adaptada deberao facer constar expresamente no momento da inscrición e, soamente no caso de non ter que ser emitido pola Xunta de Galicia ou non dar o consentimento para a súa consulta, presentar o certificado do grao de discapacidade emitido polo organismo competente, así como o seu ditame técnico facultativo.

2. A adaptación da proba que deban superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de graos medio ou superior.

3. Os centros comunicarán a resolución de adaptación da proba ás persoas que a solicitasen. As listaxes provisoria e definitiva de proba adaptada poderán ser consultados na secretaría do centro onde se realizase a inscrición polas persoas interesadas ou por quen as represente; non serán publicadas na internet nin nos taboleiros de anuncios.

Artigo 10. Cualificación das probas de acceso a ciclos formativos

1. Segundo o disposto no artigo 40 do Decreto 114/2010, a cualificación de cada parte da proba será numérica, entre cero e dez puntos.

A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de catro puntos en cada parte, e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais. Será positiva a cualificación de cinco puntos ou superior. En caso contrario, a nota final cualificarase como «non apto/a».

2. Para os efectos de cálculo da nota final da proba de acceso, non se terán en conta as partes da proba de que a persoa participante fose declarada exenta. Así mesmo, no caso de exención de todas as partes da proba, a cualificación final expresarase como «exento/a».

3. Unha copia das actas de cualificacións definitivas, segundo o modelo correspondente dos anexos III ou V, será remitida aos servizos provinciais de Inspección Educativa, que procederán ao seu arquivamento. Así mesmo, a través da aplicación informática poderase obter unha copia delas en cada centro onde se realizase a proba, para o coñecemento das persoas interesadas, o seu arquivamento e a emisión das certificacións correspondentes.

Artigo 11. Validez das probas de acceso

De acordo co artigo 42 do Decreto 114/2010:

1. As probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior terán validez en todo o territorio do Estado. Nos ciclos formativos de grao superior, o acceso a cada un deles mediante proba quedará determinado de acordo coa parte específica desta.

2. Quen realice a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a supere na súa totalidade poderá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco en futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos en Galicia, durante un máximo de dous anos.

Artigo 12. Recursos

Contra a listaxe definitiva de persoas admitidas, a resolución definitiva de exencións, a resolución definitiva de probas adaptadas e as cualificacións definitivas da proba de acceso poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da correspondente listaxe definitiva, ante o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Protección de datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Alumnado», co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta mesma secretaría xeral técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a: sxfp@xunta.es.

Artigo 14. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Xa que logo, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. Ás solicitudes das persoas interesadas deberánselles achegar os documentos ou as informacións que se prevén nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, de ser o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 15. Modelos normalizados de formularios

Para calquera outro trámite distinto da presentación da solicitude, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

II. Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Artigo 16. Requisitos das persoas participantes

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.

Artigo 17. Datas e lugares de inscrición

A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2015/16. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 4 e 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.

Artigo 18. Presentación de solicitudes e inscrición

1. As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.

2. As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

Artigo 19. Estrutura e organización da proba

A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 38.3 do Decreto 114/2010. Cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte:

a) Parte sociolingüística:

– Lingua castelá.

– Lingua galega.

– Ciencias sociais.

b) Parte matemática:

– Matemáticas.

c) Parte científico-técnica:

– Ciencias da natureza.

– Tecnoloxía.

Artigo 20. Exencións

1. De acordo co artigo 38.4 do Decreto 114/2010, quen participe nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio poderá solicitar a exención total ou parcial da proba.

2. Poderán quedar exentas da totalidade da proba as persoas que acrediten unha das seguintes circunstancias:

– Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

– Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional inicial, de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

– Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

Estas persoas poden participar no proceso de admisión a ciclos formativos de grao medio, presentando directamente o certificado acreditativo correspondente.

3. As persoas que soliciten a exención parcial da proba deberán indicalo no momento da inscrición e poderán autorizar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para consultar os datos de certificacións académicas que tivesen que ser expedidas por centros de ensino público de Galicia e de titulacións non universitarias que tivesen que ser expedidas por outras administracións educativas do Estado. De non autorizaren expresamente esta consulta no anexo da solicitude, ou no caso de que lles sexa demandada, deberán presentar orixinal ou copia compulsada da documentación de acordo co seguinte:

a) Exención da parte sociolingüística da proba:

– Certificación académica de ter superados os ámbitos social e de comunicación dun programa de cualificación profesional inicial ou do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas.

b) Exención da parte matemática e da parte científico-técnica da proba:

– Certificación académica de ter superado o ámbito científico-tecnolóxico dun programa de cualificación profesional inicial ou do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas.

c) Exención da parte científico-técnica da proba, acreditando unha das seguintes circunstancias:

– Certificación académica de ter superados os módulos profesionais (exceptuando o módulo de formación en centros de traballo) dun programa de cualificación profesional inicial.

– Certificado de profesionalidade de calquera nivel, consonte o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade.

– Acreditación de, como mínimo, un ano de experiencia laboral en xornada completa, con independencia do campo profesional en que se traballase. As persoas interesadas deberán cumprir este requisito con anterioridade ao remate do período de inscrición para as probas.

No caso de traballadores e traballadoras por conta allea, a documentación para presentar será:

– Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a, onde conste a empresa e o período de contratación (vida laboral). No caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

No caso de traballadores e traballadoras por conta propia, a documentación para presentar será:

– Certificación do período de cotización no réxime especial de traballadores/as autónomos/as.

4. A resolución sobre a exención parcial ou total da proba corresponderá ao tribunal avaliador, consonte se indica no artigo 3 desta orde.

5. A resolución positiva de exención dalgunha parte da proba de acceso a ciclos de grao medio, consonte o disposto nesta orde, manterá a súa validez en futuras convocatorias.

Artigo 21. Relacións provisorias e definitivas de persoas admitidas e excluídas das probas

1. A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas da realización da proba farase pública o día 3 de maio. Esta listaxe dará información sobre a solicitude e a documentación presentada. No caso das exclusións farase indicación expresa dos motivos que as ocasionen.

2. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 4 ao día 9 de maio, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición. Así mesmo, durante o período de reclamación poderase presentar a documentación pendente de entrega do solicitado na folla de inscrición.

3. A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 16 de maio.

Artigo 22. Resolución das solicitudes de exención e de proba adaptada

1. A resolución provisoria de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 3 de maio. No caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

2. Contra estas resolucións provisorias as persoas interesadas poderán presentar reclamación desde o día 4 ao día 9 de maio, ambos os dous incluídos, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática.

3. A resolución definitiva de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 16 de maio. No caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

Artigo 23. Comisións de realización das probas de acceso

De acordo co establecido no artigo 4, con anterioridade ao 11 de maio cada xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunicará por escrito á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o seguinte:

– O nome do inspector ou a inspectora responsable provincial das probas de acceso.

– A relación de centros públicos onde se vaian constituír as comisións de realización das probas, así como os centros adscritos. O día 16 de maio farase pública esta listaxe en cada centro onde se realice a inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

– A relación das persoas integrantes das comisións de realización das probas, con detalle das funcións ou das tarefas que desempeñarán, en cada caso.

Artigo 24. Realización da proba

1. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2016 no horario que se indica a seguir:

– Ás 9.00 horas: presentación.

– Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

Artigo 25. Relacións provisorias e definitivas de cualificacións

1. A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 7 de xuño.

2. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 8 ata o día 10 de xuño, ambos incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición.

3. A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 23 de xuño.

Artigo 26. Emisión de certificacións

1. Todas as persoas participantes nas probas de acceso poderán solicitar as certificacións de realización da proba nos centros onde as realizasen ou onde se inscribiran, a partir do día 27 de xuño.

2. No caso de superación total da proba, a certificación que o acredite dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

3. Ás persoas que non superen a proba na súa totalidade esta certificación permitiralles conservar durante os dous anos seguintes as cualificacións obtidas nas partes superadas para as convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. A certificación recollerá, pola súa vez, as posibles exencións outorgadas, que manterán a súa validez para futuras convocatorias, sempre que se manteñan as mesmas circunstancias.

III. Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Artigo 27. Requisitos das persoas participantes

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para accederen a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Artigo 28. Datas e lugares de inscrición

A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2015/16 (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro). O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.

Artigo 29. Presentación de solicitudes e inscrición

1. As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.

2. As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

Artigo 30. Estrutura e organización da proba

A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 39.3 do Decreto 114/2010. Cada parte organizarase en probas de distintas materias conforme o seguinte:

a) Parte común:

– Lingua galega.

– Lingua castelá.

– Matemáticas.

b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos a que posibilita o acceso, segundo se establece no anexo VII. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba escollendo dúas das tres materias de que desexe ser examinada:

– Opción A: Economía da empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía e cidadanía.

– Opción B: Debuxo técnico, Tecnoloxía industrial e Física.

– Opción C: Ciencias da terra e ambientais, Química e Bioloxía.

Artigo 31. Exencións

1. De acordo co artigo 39.4 do Decreto 114/2010, quen participe nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior poderá solicitar a exención total ou parcial da proba.

2. Poderán quedar exentas da totalidade da proba as persoas que acrediten ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Estas persoas poderán participar no proceso de admisión a ciclos formativos de grao superior presentando directamente o certificado acreditativo correspondente.

3. As persoas que soliciten a exención parcial da proba deberán indicalo no momento da inscrición e poderán autorizar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para consultar os datos de certificacións académicas que tivesen que ser expedidas por centros de ensino público de Galicia e de titulacións non universitarias que tivesen que ser expedidas por outras administracións educativas do Estado. De non autorizar expresamente esta consulta no anexo da solicitude, ou no caso de que lles sexa demandada, deberán achegar orixinal ou copia compulsada da documentación de acordo co seguinte:

a) Exención da parte común da proba:

– Certificación de ter superada a proba de acceso a outros ciclos formativos de grao superior de réxime xeral non incluídos na opción pola que se presente, conforme o anexo VII desta orde.

– Certificación de ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

b) Exención da parte específica da proba, acreditando unha das seguintes circunstancias:

– Estar en posesión dun título de técnico auxiliar da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa. A correspondencia entre o título de técnico auxiliar e a familia profesional do Catálogo nacional de cualificacións profesionais determinará a opción da parte específica a que lle corresponderá a exención, segundo o establecido nos anexos VIII e IX desta orde.

– Superación dun certificado de profesionalidade de nivel dous ou superior dalgunha das familias profesionais. Terá exención da opción da parte específica correspondente, segundo a relación establecida no anexo VIII desta orde. Nas familias Marítimo-pesqueira e de Imaxe e Son, observarase o disposto no anexo IX desta orde en función da cualificación profesional incluída no certificado de profesionalidade. Se a cualificación profesional do certificado de profesionalidade presentado non figurase no anexo IX, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa determinará a opción da parte específica da proba de acceso a que lle corresponde a exención.

– Acreditación, como mínimo, dun ano de experiencia laboral en xornada completa en campos profesionais que se correspondan con cualificacións profesionais de nivel dous ou superior dalgunha das familias profesionais, segundo a relación do anexo VIII desta orde. Nas familias Marítimo-pesqueira e de Imaxe e Son, observarase o disposto no anexo IX desta orde en función da cualificación profesional incluída no certificado de profesionalidade. Se a cualificación profesional do certificado de profesionalidade achegado non figura no anexo IX, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa determinará a opción da parte específica da proba de acceso á que corresponde a exención.

As persoas interesadas deberán cumprir este requisito con anterioridade ao remate do período de inscrición para as probas.

No caso de traballadores e traballadoras por conta allea, a documentación para presentar será a seguinte:

– Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a, onde conste a empresa e o período de contratación (vida laboral). No caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

– Certificación da empresa en que se adquirise a experiencia laboral, segundo o modelo do anexo X desta orde, onde se fagan constar especificamente as actividades laborais desenvolvidas pola persoa interesada relacionadas co campo profesional que corresponda cos estudos que pretenda cursar, e número de horas dedicadas a elas.

No caso de traballadores e traballadoras por conta propia, a documentación para presentar será a seguinte:

– Certificación do período de cotización no réxime especial de traballadores/as autónomos/as.

– Memoria descritiva segundo o modelo do anexo X, realizada pola persoa interesada, das actividades desenvolvidas durante o exercicio profesional.

As persoas que teñan a condición de deportistas de alto nivel ou de alto rendemento poderán solicitar a exención da parte específica da proba no caso de escoller a opción C, consonte o establecido no artigo 9.3.a) do Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento, e no artigo 36.1.f) da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia. De non autorizaren a consulta da súa situación, cumprirá que acheguen á solicitude unha certificación da resolución de deportista de alto nivel ou de alto rendemento do organismo correspondente.

As persoas que posúan un título de técnico deportivo poderán solicitar a exención da parte específica da proba no caso de escolleren a opción C.

As persoas que posúan un título de técnico de artes plásticas e deseño poderán solicitar a exención da parte específica da proba no caso de escoller a opción B.

4. A resolución sobre a exención parcial ou total da proba corresponderá ao tribunal avaliador, conforme se indica no artigo 3 desta orde.

5. A resolución positiva de exención dalgunha das partes da proba de acceso a ciclos de grao superior, de acordo co disposto nesta orde, manterá a súa validez en futuras convocatorias.

Artigo 32. Relacións provisorias e definitivas de persoas admitidas e excluídas para as probas

1. A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 14 de marzo. Esta listaxe dará información sobre a solicitude e a documentación presentada. No caso das exclusións, farase indicación expresa dos motivos que as ocasionen.

2. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 15 ao 17 de marzo, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición. Así mesmo, durante o período de reclamación poderase achegar a documentación pendente de entrega do solicitado na folla de inscrición.

3. A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 11 de abril.

Artigo 33. Resolución das solicitudes de exención e de proba adaptada

1. A resolución provisoria de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 14 de marzo. No caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

2. Contra estas resolucións provisorias as persoas interesadas poderán presentar reclamación desde o día 15 ao 17 de marzo, ambos os dous incluídos, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática.

3. A resolución definitiva de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 11 de abril. No caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

Artigo 34. Comisións de realización das probas de acceso

De acordo co establecido no artigo 4, con anterioridade ao 4 de abril cada xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunicará por escrito á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o seguinte:

– O nome do inspector ou a inspectora responsable provincial das probas de acceso.

– A relación de centros públicos onde se vaian constituír as comisións de realización das probas, así como os centros adscritos. O día 11 de abril farase pública esta listaxe en cada centro onde se realice a inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

– A relación das persoas integrantes das comisións de realización das probas, con detalle das funcións ou das tarefas que desempeñarán, en cada caso.

Artigo 35. Realización da proba

A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 39.3 do Decreto 114/2010.

1. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 20 de abril de 2016 no horario que se indica a seguir:

– Ás 9.00 horas: presentación.

– Das 10.15 ás 13.30 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).

– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo a que se desexe acceder, segundo o anexo VII desta resolución).

2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

Artigo 36. Relacións provisorias e definitivas de cualificacións

1. A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 9 de maio.

2. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 10 ata o 12 de maio, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición.

3. A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 27 de maio.

Artigo 37. Emisión de certificacións

1. Todas as persoas participantes nas probas de acceso poderán solicitar as certificacións de realización da proba nos centros onde a realizasen ou onde se inscribisen, a partir do día 30 de maio.

2. No caso de superación da totalidade da proba, e en función da opción elixida, de acordo co anexo VII desta orde, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais en que se posibilitará o acceso a ciclos formativos de grao superior, nas condicións de admisión que se establezan.

3. Ás persoas que non superen a proba na súa totalidade, esta certificación permitiralles conservar durante os dous anos seguintes as cualificacións obtidas nas partes superadas para as convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. A certificación deberá recoller, pola súa vez, as posibles exencións outorgadas, que manterán a súa validez para futuras convocatorias, sempre que se manteñan as mesmas circunstancias.

IV. Disposicións

Disposición transitoria única

Para as persoas que superasen un programa de cualificación profesional inicial e realizasen o curso de preparación da proba de acceso a que fai referencia o artigo 41.5 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no cálculo final da nota da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio engadirase á media aritmética a puntuación resultante de multiplicar polo coeficiente 0,15 a cualificación obtida no devandito curso. Deberase solicitar e achegar a acreditación do curso de preparación á solicitude de inscrición nas probas de acceso.

Disposición adicional primeira. Certificados de superación das probas por resolución administrativa

As persoas que nas convocatorias de 2014, 2015 e 2016 superasen algunha das partes da proba de acceso de grao medio ou grao superior na Comunidade Autónoma de Galicia e estean en condicións, logo de rematado o proceso, de acreditar nas partes non superadas algunha das causas de exención previstas nesta orde, poderán solicitar certificación de superación da proba en calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ciclos formativos de formación profesional ou nos centros integrados de formación profesional.

Tamén o poderán solicitar as persoas que, aínda que non teñan partes superadas, estean en condicións de ter a exención de todas as partes da proba de acceso de grao medio ou grao superior.

A emisión destes certificados poderase realizar en calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2015/16.

A solicitude realizarase nos modelos do anexo I ou II, segundo corresponda, dirixida ao director ou á directora do centro, a partir da data en que se emitan os certificados da correspondente convocatoria ordinaria e ata o 30 de setembro de 2016.

Disposición adicional segunda. Vixencia das certificacións de superación das probas de acceso

1. A certificación de ter superada a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio, consonte o establecido na Orde do 1 de abril de 2002 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica, terán os mesmos efectos que a certificación da superación da proba de acceso a que se fai referencia no artigo 26 desta orde.

2. A certificación de ter superada a proba de acceso a un determinado ciclo formativo de grao superior, consonte a citada Orde do 1 de abril de 2002, manterá a súa vixencia ata a extinción do título correspondente establecido pola Lei orgánica 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo.

Logo de extinguido o título establecido pola Lei orgánica 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo, a devandita certificación permitirá o acceso aos ciclos formativos declarados equivalentes para os efectos académicos, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo se estableza no correspondente real decreto do título.

3. As certificacións de realización de probas de acceso emitidas ao abeiro da Orde do 2 de decembro de 2008 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo continuarán vixentes nos termos en que foron emitidas.

Disposición adicional terceira. Vixencia das resolucións de exencións da parte específica da proba de grao superior

Quen dispoña de resolución positiva de exención da parte específica da proba de grao superior, ao abeiro da Orde do 1 de abril de 2002 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica, modificada pola Orde do 30 de xaneiro de 2007, poderaa presentar en futuras convocatorias mantendo a súa validez sempre que a opción elixida, A, B ou C inclúa o ciclo para o cal se concedese a devandita exención.

Disposición adicional cuarta. Presentación e/ou corrección do documento oficial de identidade

Ás solicitudes xuntaráselles copia do DNI ou do NIE (só no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade). No caso de non dispor de DNI ou do NIE será preciso achegar o pasaporte ou un documento de identificación da Unión Europea.

De se detectaren erros no número do documento de identificación (DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade dun Estado da Unión Europea), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través dunha reclamación presentada na secretaría do centro de inscrición. A esta solicitude deberáselle xuntar unha fotocopia do documento de identificación, e deberá estar asinada polo director ou a directora do centro, que o comunicarán por vía de urxencia á Subdirección Xeral de Formación Profesional.

Disposición adicional quinta. Arquivamento e destrución das probas

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa será a encargada do arquivamento dos exames durante un mínimo de tres meses tras a súa finalización. Transcorrido este período, poderá procederse á destrución das probas contra as cales non se formule reclamación. No caso dos exames reclamados e dos impugnados, a documentación conservarase durante un período de cinco anos.

Disposición adicional sexta. Efectos económicos do tribunal e das comisións de realización de probas

Para os efectos previstos no artigo 26 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, o tribunal e as comisións de realización de probas consideraranse incluídos na categoría terceira.

Disposición adicional sétima. Tramitación de información

Os centros de inscrición e os de realización das probas tramitarán a información e a documentación referente ao alumnado participante a través da aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ou por calquera outro medio que esta determine.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e a aplicación do previsto nesta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 febreiro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO VII
Familias profesionais e ciclos formativos a que se pode acceder segundo a opción da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior

Proba de acceso superada

Familias profesionais e ciclos formativos a que dá acceso

Opción A

Administración e Xestión.

Comercio e Márketing.

Hostalaría e Turismo.

Servizos Socioculturais e á Comunidade.

Ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos (da familia profesional de Imaxe e Son).

Opción B

Artes Gráficas.

Edificación e Obra Civil.

Electricidade e Electrónica.

Enerxía e Auga.

Fabricación Mecánica.

Industrias Extractivas.

Informática e Comunicacións.

Instalación e Mantemento.

Imaxe e Son (agás o ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos).

Madeira, Moble e Cortiza.

Marítimo-pesqueira (agás o ciclo superior de Acuicultura).

Transporte e Mantemento de Vehículos.

Téxtil, Confección e pel.

Vidro e Cerámica.

Opción C

Agraria.

Actividades Físicas e Deportivas.

Imaxe Persoal.

Industrias Alimentarias.

Ciclo superior de Acuicultura (da familia profesional Marítimo-pesqueira).

Química.

Seguridade e Ambiente.

Sanidade.

ANEXO VIII
Exención da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior segundo a familia profesional en que se acredite unha cualificación profesional de nivel dous ou superior

Familias profesionais

Exención da parte

específica da proba

Actividades Físicas e Deportivas.

Opción C

Administración e Xestión.

Opción A

Agraria.

Opción C

Artes Gráficas.

Opción B

Comercio e Márketing.

Opción A

Edificación e Obra Civil.

Opción B

Electricidade e Electrónica.

Opción B

Enerxía e Auga.

Opción B

Fabricación Mecánica.

Opción B

Hostalaría e Turismo.

Opción A

Imaxe Persoal.

Opción C

Industrias Alimentarias.

Opción C

Industrias Extractivas.

Opción B

Informática e Comunicacións.

Opción B

Instalación e Mantemento.

Opción B

Madeira, Moble e Cortiza.

Opción B

Química.

Opción C

Sanidade.

Opción C

Seguridade e Ambiente.

Opción C

Servizos Socioculturais e á Comunidade.

Opción A

Téxtil, Confección e Pel.

Opción B

Transporte e Mantemento de Vehículos.

Opción B

Vidro e Cerámica.

Opción B

ANEXO IX
Exención da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior segundo as cualificacións profesionais de nivel dous ou superior que se acrediten

Familias profesionais

Cualificacións profesionais

Exención da parte

específica da proba

Imaxe e Son

IMS074_3 Asistencia á produción en televisión.

IMS221_3 Asistencia á produción cinematográfica e de obras audiovisuais.

IMS437_3 Asistencia á produción de espectáculos en vivo e eventos.

Opción A

IMS434_2 Animación musical e visual en vivo e en directo.

IMS435_2 Operacións de produción de laboratorio de imaxe.

IMS436_2 Operacións de son.

IMS075_3 Luminotecnia para o espectáculo en vivo.

IMS076_3 Animación 2D e 3D.

IMS077_3 Asistencia á realización en televisión.

IMS220_3 Asistencia á dirección cinematográfica e de obras audiovisuais.

IMS294_3 Cámara de cine, vídeo e televisión.

IMS295_3 Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos.

IMS296_3 Montaxe e posprodución de audiovisuais.

IMS438_3 Desenvolvemento de proxectos e control de son en audiovisuais, radio e industria discográfica.

IMS439_3 Desenvolvemento de proxectos e control de son en vivo e en instalacións fixas.

IMS440_3 Produción en laboratorio de imaxe.

IMS441_3 Produción fotográfica.

IMS442_3 Rexedoría de espectáculos en vivo e eventos.

Opción B

Marítimo-Pesqueira

MAP005_2 Confección e mantemento de artes e aparellos.

MAP006_2 Manipulación e conservación en pesca e acuicultura.

MAP009_2 Operacións en instalacións e plantas hiperbáricas.

MAP010_2 Operacións subacuáticas de reparación en flotación e reflotamento.

MAP011_2 Operacións subacuáticas de obra hidráulica e voadura.

MAP170_2 Operacións en transporte marítimo e pesca de baixura.

MAP171_2 Navegación en augas interiores e próximas á costa.

MAP231_2 Pesca local.

MAP495_2 Mantemento de instalacións en acuicultura.

MAP496_2 Operacións subacuáticas de salvamento e rescate.

MAP573_2 Mantemento dos equipamentos dun parque de pesca e da instalación frigorífica.

MAP574_2 Operacións de bombeo para carga e descarga en buques.

MAP575_2 Operacións de coordinación en cuberta e parque de pesca.

MAP591_2 Navegación e pesca marítima.

MAP592_2 Operacións de control do funcionamento e mantemento da planta propulsora, máquinas e equipamentos auxiliares do buque.

MAP593_2 Operacións portuarias de carga, estiba, descarga, desestiba e transbordo.

MAP619_2 Goberno de embarcacións e motos náuticas destinadas ao socorrismo acuático.

MAP234_3 Navegación, transporte marítimo e actividades pesqueiras.

MAP497_3 Inspección, localización e ensaios non destrutivos en ambientes hiperbáricos.

MAP498_3 Intervencións subacuáticas no patrimonio natural e cultural somerxido.

MAP499_3 Supervisión de operacións en complexos e sistemas hiperbáricos.

MAP576_3 Documentación pesqueira.

MAP577_3 Observación da actividade e control das capturas dun buque pesqueiro.

MAP594_3 Control do funcionamento e supervisión do mantemento da planta propulsora, máquinas e equipamentos auxiliares do buque.

Opción B

MAP007_2 Produción de alimento vivo.

MAP008_2 Engorda de peixes, crustáceos e cefalópodos.

MAP100_2 Engorda de moluscos bivalvos.

MAP101_2 Produción en criadeiro de acuicultura.

MAP102_3 Organización de lonxas.

MAP232_3 Xestión da produción de criadeiro en acuicultura.

MAP233_3 Xestión da produción de engorda en acuicultura.

Opción C

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file