Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8568

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 18 de febreiro de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2014/15.

BDNS (Identif.): 301655.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

Alumnado que teña cursados estudos de formación profesional de grao superior en 2014/15 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e terminados en 2015, cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

Segundo. Obxecto

Premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2014/15 na Comunidade Autónoma de Galicia e rematou no 2015. O alumnado premiado poderá concorrer, logo da súa inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

Terceiro. Bases reguladoras

– Orde EDU/2128/2011, do 15 de xullo (BOE do 28 de xullo), que crea e regula os premios nacionais de formación profesional de grao superior establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Cuarto. Importe

23 premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 19.550 €, que non poderán exceder 850 € por premio.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Vinte días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria