Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9519

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2016 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

De acordo co previsto na Orde do 29 de abril de 2014, pola que se habilita e autoriza a Rede de centros para a modernización tecnolóxica de Galicia (Rede Cemit) para a formación e avaliación dos contidos formativos que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, anúnciase a convocatoria de probas presenciais de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (en adiante, Codix), que se desenvolverá de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto

Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro, tras a superación dunha proba presencial na cal se acreditarán os coñecementos, as capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.

Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarias da Rede Cemit.

Segunda. Contidos da proba

1. O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 Ofimática (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2, manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación, do Catálogo nacional de cualificacións. As capacidades e os criterios de avaliación do dito módulo formativo poden consultarse no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional de administración e xestión (BOE núm. 109, do 7 de maio).

2. A Rede Cemit ten publicados na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso Codix baixo a modalidade de autoformación como material de apoio para a preparación destas probas:

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.

• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.

• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.

• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.

• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

Terceira. Prazas convocadas, datas, lugar e horario

1. As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse de acordo co seguinte calendario:

Localidade

Provincia

Día

Hora

Nº prazas

Coruña, A-Eirís

Coruña, A

Mércores, 27 de abril

10.00

16

Ortigueira

Coruña, A

Mércores, 27 de abril

10.00

10

Ribeira

Coruña, A

Mércores, 27 de abril

10.00

11

Santiago Compostela

Coruña, A

Mércores, 27 de abril

10.00

16

Monforte de Lemos

Lugo

Mércores, 27 de abril

10.00

15

Ourense

Ourense

Mércores, 27 de abril

10.00

18

Pontevedra

Pontevedra

Mércores, 27 de abril

10.00

26

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 27 de abril

10.00

9

Valga

Pontevedra

Mércores, 27 de abril

10.00

10

Localidade

Provincia

Día

Hora

Nº prazas

Ames

Coruña, A

Xoves, 28 de abril

10.00

12

Fisterra

Coruña, A

Xoves, 28 de abril

10.00

10

Narón

Coruña, A

Xoves, 28 de abril

10.00

15

Fonsagrada, A

Lugo

Xoves, 28 de abril

10.00

10

Sarria

Lugo

Xoves, 28 de abril

10.00

17

Ourense

Ourense

Xoves, 28 de abril

10.00

18

Barco, O

Ourense

Xoves, 28 de abril

10.00

15

Estrada, A

Pontevedra

Xoves, 28 de abril

10.00

12

Guarda, A

Pontevedra

Xoves, 28 de abril

10.00

12

Vigo

Pontevedra

Xoves, 28 de abril

10.00

13

Localidade

Provincia

Día

Hora

Nº prazas

Coruña, A-Eirís

Coruña, A

Xoves, 28 de abril

16.00

16

Pontes de García Rodguez, As

Coruña, A

Xoves, 28 de abril

16.00

18

Santa Comba

Coruña, A

Xoves, 28 de abril

16.00

18

Santiago Compostela

Coruña, A

Xoves, 28 de abril

16.00

16

Xunqueira de Ambía

Ourense

Xoves, 28 de abril

16.00

9

Cañiza, A

Pontevedra

Xoves, 28 de abril

16.00

18

Pontevedra

Pontevedra

Xoves, 28 de abril

16.00

26

Localidade

Provincia

Día

Hora

Nº prazas

Boiro

Coruña, A

Venres, 29 de abril

10.00

10

Oroso

Coruña, A

Venres, 29 de abril

10.00

12

Pontedeume

Coruña, A

Venres, 29 de abril

10.00

10

Barreiros

Lugo

Venres, 29 de abril

10.00

11

Carballedo

Lugo

Venres, 29 de abril

10.00

7

Celanova

Ourense

Venres, 29 de abril

10.00

12

Cuntis

Pontevedra

Venres, 29 de abril

10.00

9

Lalín

Pontevedra

Venres, 29 de abril

10.00

18

Marín

Pontevedra

Venres, 29 de abril

10.00

16

Vigo

Pontevedra

Venres, 29 de abril

10.00

14

2. As probas de avaliación terán lugar nas dependencias das aulas Cemit de cada localidade indicada no punto anterior, localizacións que se poden consultar na web http://cemit.xunta.gal/centros.

Cuarta. Solicitudes de participación

1. As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse na páxina web de Cemit http://cemit.xunta.gal.

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede Cemit. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

4. A inscrición poderá realizarse a través da internet ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

5. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante e serán excluídos automaticamente aqueles solicitantes que figuren inscritos en mais dunha localidade ou horario.

6. Unha vez que remate o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base quinta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da Rede Cemit (http://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídos/das.

7. As persoas admitidas provisionalmente deberán aboar no prazo de cinco (5) días naturais desde a data da dita publicación a taxa de dez (10) euros correspondente aos dereitos de exame, serán excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.

8. Unha vez rematado o prazo para que as persoas admitidas aboen os dereitos de exame, e no caso de existiren prazas libres, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes.

Quinta. Criterios de selección

1. As prazas dispoñibles en cada localidade asignaranse por orde alfabética entre as persoas preinscritas en tempo e forma, aplicando o resultado dun sorteo público que se realizará unha vez remate o prazo de inscrición e cuxo lugar e data de realización se publicitará na páxina web de Cemit (http://cemit.xunta.gal).

2. No sorteo extraeranse dúas letras do abecedario que determinarán, correlativamente, a primeira e segunda letra do primeiro apelido. As dúas extraccións levaranse a cabo con todas as letras.

3. A orde de prelación comezará pola persoa solicitante cuxo primeiro apelido comece coas dúas letras extraídas e, se non houber ningunha, continuarase pola seguinte solicitante por orde alfabética, pasando de «ZZ» a «AA».

4. En caso de coincidencia no primeiro apelido entre varias persoas solicitantes, acudirase como criterio de desempate ao segundo apelido e nome, por orde alfabética. Cando os apelidos vaian precedidos de preposicións, conxuncións ou artigos, estes non serán tidos en conta.

5. As persoas que resulten seleccionadas poderán comunicar a súa renuncia a participar no desenvolvemento da actividade con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A dita renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.gal.

Sexta. Taxas de exame

1. Segundo o anexo 1 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 240, do 11 de decembro), o importe da taxa para inscribirse nas probas de obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática será de dez (10) euros.

2. Para a liquidación das taxas de exame deberán acceder preferiblemente por vía electrónica á Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia (http://www.conselleriadefacenda.es), seguindo a ruta: Oficina Virtual Tributaria -> Servizos de acceso libre -> entrar na Oficina Virtual -> Taxas, prezos, multas e sancións -> Pagamento telemático de taxas e prezos -> Iniciar.

Os datos para cubrir o impreso son os seguintes:

Consellería: 04 - Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Servizo: 024 - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Delegación: 13 - Servizos centrais.

Taxa: 304202 - avaliación da unidade de competencia.

Obxecto: certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

3. Tamén poderán optar por cubrir o impreso de autoliquidación que se lles facilitará ás persoas interesadas en calquera rexistro ou oficina de atención ao cidadán da Xunta de Galicia.

4. O xustificante de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, así como calquera documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente no enderezo formacion-cemit@xunta.gal, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para a comprobación da validez da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Sétima. Desenvolvemento das probas

1. As probas de avaliación presencial para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática teñen o seguinte formato:

Proba de avaliación:

Preguntas tipo test: número

Tempo dispoñible: minutos

Intentos

Respostas incorrectas: desconto

Superación: porcentaxe de respostas correctas

50

90

Un

Non

60 %

2. É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Levarase a cabo un único chamamento por orde alfabética.

3. As persoas participantes deben presentarse provistas do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

4. Para realizar a proba de avaliación é necesario que cada participante lembre as súas credenciais de acceso á Rede Cemit (usuario e contrasinal).

5. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos nin de ningún material adicional durante o desenvolvemento das probas de avaliación.

6. Na páxina web http://cemit.xunta.gal actualizarase e ampliarase a información sobre estas probas de avaliación presencial.

Oitava. Facultades da Amtega

1. Resolver aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e xestión das probas de avaliación. Así mesmo, correspóndelle prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. Modificar o desenvolvemento e contido das probas, as datas e os lugares, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

3. Expedir a certificación galega de competencias dixitais en ofimática a todas aquelas persoas que superen a proba da avaliación, segundo o disposto no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, que regula a citada certificación (Diario Oficial de Galicia núm. 229, do 30 de novembro).

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2016

María del Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia