Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15349

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16.

BDNS (Identif.): 304563

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2015/16 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Segundo. Obxecto

Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2015/16 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos na orde.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16.

Cuarto. Importe

20 premios extraordinarios cunha dotación total de 20.000 €, que non poderán exceder os 1.000 € por premio.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria