Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16566

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade das resolucións desta consellería, do 28 de marzo de 2016, de concesión e inadmisión de axudas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (publicada no Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

De conformidade co disposto no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro), e no artigo 11 da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, procédese por medio desta resolución a dar publicidade das resolucións da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 28 de marzo de 2016, polas que se conceden e inadmiten axudas solicitadas ao abeiro da citada Orde do 28 de decembro de 2015 (1ª resolución).

Os interesados poderán consultar a información detallada das resolucións no seguinte enderezo: https://ticketelectrico.xunta.es/dxem/consulta/ , así como no enlace habilitado na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Así mesmo, fáiselles saber aos interesados que contra as citadas resolucións, que son definitivas na vía administrativa, cabe interpor, de ser o caso:

1. Recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contando a partir do día seguinte á súa publicación, segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de 2 meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas