Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20569

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de convocatoria de dúas prazas de policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 103, do 5 de maio de 2016, deuse publicidade ás bases reguladoras e á convocatoria das probas do proceso de selección, mediante oposición, para cubrir dúas prazas, vacantes no cadro de persoal deste concello, de funcionarios/as de carreira pertencentes ao corpo de policía local (categoría policía).

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O Barco de Valdeorras, 5 de maio de 2016

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde