Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de maio de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte denominado A Costa, solicitado a favor dos veciños do lugar da Eirexa, da parroquia do Sisto, concello de Dozón, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o 30 de xuño de 2015, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Dozón.

Parroquia: O Sisto.

Lugar: A Eirexa.

Nome do monte: A Costa.

O monte da Costa está formado por dúas parcelas catastrais de forma irregular e separadas por camiño.

Parcela 307, polígono 1.

Cabida: 31.880 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: Salvador Sobrino Golmar (parcela 444).

Sur: camiño público.

Leste: camiño público.

Oeste: camiño público.

Parcela 308, polígono 1.

Cabida: 2.528 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: camiño público.

Sur: camiño público.

Leste: camiño público.

Oeste: camiño público.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, así como presentar cantas alegacións, documentos ou información xulguen convenientes e, se for o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 20 de maio de 2016

Lorena Peiteado Pérez
Instrutora