Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23447

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016.

BDNS (Identif.): 307856

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias dos proxectos de investimento produtivo as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar empadroada ou ter o seu domicilio social e fiscal nalgún concello do ámbito territorial do grupo de acción local do sector pesqueiro (en diante, GALP) correspondente.

b) Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.

c) No caso de municipios densamente poboados nos que na estratexia de desenvolvemento local participativo (en diante, EDLP) non computa a totalidade da poboación (só a integrante do sector pesqueiro e as súas familias), poderán ser beneficiarias:

i. As persoas xurídicas e as persoas físicas integrantes do sector pesqueiro e as súas familias. (Para estes efectos, entenderase por familias as persoas físicas que conten, dentro da súa unidade familiar, cun membro de ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que sexa pescador/a, mariscador/a, acuicultor/a, ou persoa traballadora en activo relacionada coa actividade pesqueira ou que traballara neste sector de maneira significativa).

ii. As entidades públicas locais cuxos proxectos están dirixidos á poboación integrante do sector pesqueiro ou que presenten beneficios para o resto do territorio da zona pesqueira.

d) As persoas xurídicas beneficiarias dos proxectos produtivos limitaranse á categoría de peme, excepto as entidades públicas de carácter local, segundo a definición do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

e) Non ser unha empresa en crise, segundo a definición e as condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (2014/C249/01).

2. Poderán ser beneficiarias dos proxectos de investimento non produtivo:

1. Serán beneficiarias as seguintes entidades:

a) Confrarías de pescadores e as súas federacións.

b) Asociacións profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións.

c) Entidades sen ánimo de lucro integradas só por confrarías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro.

d) Entidades públicas locais.

e) Asociacións declaradas de utilidade pública.

f) Entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos algún dos seguintes:

1º. Fomentar as actividades náuticas.

2º. Promover os produtos pesqueiros do territorio.

3º. Fomentar o ambiente mariño e costeiro.

4º. Promover o patrimonio cultural marítimo-pesqueiro.

2. Nos municipios densamente poboados en que na EDLP non computa a totalidade da poboación poderán ser beneficiarias as entidades indicadas nas letras a), b), c) e d) do punto 1, cuxos proxectos están dirixidos á poboación integrante do sector pesqueiro e ás súas familias, ou que presenten beneficios para o resto do territorio da zona pesqueira.

3. Ademais, as entidades cumprirán os seguintes requisitos:

a) Ter o seu domicilio social e fiscal no ámbito territorial do GALP correspondente.

b) Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.

As entidades sinaladas nos artigos 6 e 7 poderán concorrer de maneira individual ou conxuntamente, como unha agrupación de entidades.

Segundo. Finalidade

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das EDLP, aprobados pola Consellería do Mar aos GALP.

Tamén é obxecto desta orde, convocar as axudas para el ano 2016 de acordo coas bases reguladoras.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020 e se convocan as correspondentes ao ano 2016.

Cuarto. Importe

O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2016 e a plurianualidade asociada ás axudas que se poidan conceder neste, alcanza o importe de nove millóns catrocentos trinta e oito mil seiscentos cincuenta e cinco euros con sesenta e oito céntimos (9.438.655,68 euros), repartidos nas seguintes anualidades e partidas orzamentarias:

Partida orzamentaria

Ano 2016

Ano 2017

Ano 2018

Totais

14.03.723C.770.0

3.932.773,00

1.769.747,85

1.376.470,55

7.078.991,40

14.03.723C.780.0

1.310.924,60

655.462,30

393.277,38

2.359.664,28

Total

5.243.697,60

2.425.210,15

1.769.747,93

9.438.655,68

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2016

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar