Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23535

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Nogais

ANUNCIO de exposición pública da aprobación provisional do Plan xeral de ordenación municipal.

De acordo co establecido no artigo 85 da LOUGA, o Plan xeral de ordenación municipal das Nogais, aprobado provisionalmente polo Pleno en sesión do 6.11.2015 e adaptacións en sesión do 22.4.2016, queda sometido a información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncio no DOG, no taboeiro de edictos e en dous xornais, La Voz de Galicia e El Progreso.

Durante o dito prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e nos xornais (último deles), as persoas interesadas poderán consultar o expediente nas oficinas municipais e formular as alegacións que xulguen oportunas.

As Nogais, 1 de xuño de 2016

Jesús Manuel Núñez Díaz
Alcalde