Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23599

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2016, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, pola que se establece a estrutura e o contido da información trimestral que se rende ao Parlamento de Galicia sobre o estado de execución orzamentaria.

O artigo 117.3 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, establece que, trimestralmente, a persoa titular da Consellería Economía e Facenda (hoxe Consellería de Facenda) debe dar conta ao Parlamento de Galicia, e en concreto á Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos, do estado de execución orzamentaria.

No marco desta obriga, a Orde do 1 de decembro de 1989 da Consellería de Economía e Facenda regula na sección 4ª do capítulo IV os estados que hai que render e a información que se debe subministrar ao Parlamento de Galicia, e establece, entre outras cuestións, que a información deberá ser formada pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e será elaborada con periodicidade trimestral. O artigo 71 da orde faculta a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma para determinar a estrutura dos estados en que se deberá reflectir esta información.

O 30 de xuño de 2015 a Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia, aproba unha proposición non de lei na cal se dispón que: «O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia para realizar as actuacións necesarias co obxecto de ofrecer e remitir á Cámara galega una máis completa información da execución orzamentaria que inclúa, ademais dos datos actuais relativos ás diversas seccións da Administración xeral, tamén os correspondentes a cada unha das entidades que conforman o orzamento consolidado da Comunidade Autónoma».

O obxecto da presente resolución é dar resposta á proposición non de lei da Comisión 3ª do 30 de xuño de 2015 e incorporar á actual información facilitada, a relativa ás entidades que integran o orzamento consolidado da Comunidade Autónoma, establecendo, así mesmo, a estrutura e o contido dos estados que se vaian remitir.

A información debe respectar a estrutura básica fixada pola orde, segundo a cal se debe presentar de forma separada información relativa a:

– Operacións de execución do orzamento de ingresos.

– Operacións de execución do orzamento de gastos.

– Operacións non orzamentarias.

– Tesouraría.

Incluirase a información de todas as entidades que conforman o perímetro de consolidación, tal e como é definido para cada exercicio pola Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma. Ademais, inclúese información resultante da consolidación de todas as entidades, isto é, sen ter en conta os datos relativos a transferencias internas entre elas.

A información obterase na súa totalidade partindo do sistema contable corporativo da Xunta de Galicia (XUMCO2), no cal se leva a contabilidade de todas as entidades que integran o perímetro de consolidación. Os datos extráense do sistema mediante procedementos automatizados, e é responsabilidade de cada entidade a veracidade e exactitude da información introducida no sistema.

Á vista do exposto nos parágrafos anteriores, e en uso das facultades que o artigo 71 da Orde do 1 de decembro de 1989 da Consellería de Economía e Facenda atribúe á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta resolución é establecer a estrutura e o contido da información sobre execución orzamentaria que a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma debe remitir con carácter trimestral ao Parlamento de Galicia.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

A información remitida fará referencia ás entidades que integran o orzamento consolidado da Comunidade Autónoma, de acordo coa definición do perímetro de consolidación fixada para cada exercicio pola Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma.

Os estados elaboraranse distinguindo a información relativa a:

a) Administración xeral.

b) Organismos autónomos.

c) Axencias públicas autonómicas.

d) Entidades públicas instrumentais de asesoramento ou consulta.

Na información da Administración xeral incluirase unha parte específica cos datos da execución consolidada de todas as entidades.

Artigo 3. Contido

De conformidade co establecido na Orde do 1 de decembro de 1989 da Consellería de Economía e Facenda, o contido da información que hai que facilitar será o seguinte:

a) Operacións de execución do orzamento de gastos.

b) Operacións de execución do orzamento de ingresos.

c) Operacións extraorzamentarias.

d) Tesouraría.

3.1. Operacións de execución do orzamento de gastos.

Na información correspondente ao exercicio corrente incluiranse datos relativos a:

– Créditos iniciais.

– Modificacións de crédito.

– Créditos vixentes.

– Retencións de crédito.

– Autorizacións de crédito.

– Gastos comprometidos.

– Obrigacións recoñecidas.

– Propostas de pagamento.

– Pagamentos ordenados.

– Pagamentos realizados.

Na información correspondente a exercicios pechados incluiranse datos relativos a:

– Obrigacións pendentes en 1 de xaneiro.

– Propostas de pagamento pendentes en 1 de xaneiro.

– Pagamentos ordenados pendentes en 1 de xaneiro.

– Modificación de obrigacións.

– Propostas de pagamento.

– Pagamentos ordenados.

– Pagamentos realizados.

3.2. Operacións de execución do orzamento de ingresos.

Na información correspondente ao exercicio corrente incluiranse datos relativos a:

– Previsións iniciais.

– Modificacións das previsións iniciais.

– Previsións definitivas.

– Compromisos de ingreso.

– Dereitos recoñecidos.

– Anulacións de dereitos.

– Recadación.

– Devolucións.

– Baixas e cancelacións de dereitos por outras causas.

Na información correspondente a exercicios pechados incluiranse datos relativos a:

– Saldos de dereitos pendentes de cobramento en 1 de xaneiro.

– Modificacións nos saldos.

– Dereitos anulados.

– Recadación.

– Baixas e cancelacións de dereitos por outras causas.

3.3. Operacións extraorzamentarias.

Incluiranse datos relativos a:

– Saldos en 1 de xaneiro.

– Ingresos.

– Pagamentos.

– Saldos ao final do período.

Con carácter específico, e para os casos de xestión recadatoria encomendada á entidade por outros entes, incluiranse datos relativos a:

– Dereitos pendentes de cobramento en 1 de xaneiro.

– Anulacións.

– Recadación.

– Cancelacións de dereitos por outras causas.

– Devolucións.

– Importes pendentes de pagamento á entidade ao 1 de xaneiro.

– Pagamentos á entidade.

3.4. Tesouraría.

Incluiranse datos relativos a:

– Conta de tesouraría, cun resumo dos ingresos e pagamentos do período.

– Situación de existencias (efectivo) en entidades financeiras, segundo os datos contables.

Artigo 4. Estrutura da información da Administración xeral

A información da Administración xeral divídese en catro tomos, estruturados da forma seguinte:

a) Tomo I: execución orzamentaria.

I. Execución orzamentaria do orzamento de gastos do exercicio corrente.

I.1. Resumo xeral por seccións.

I.2. Resumo xeral por capítulos.

I.3. Resumo xeral por programas.

I.4. Resumo por seccións-servizos.

I.5. Resumo por seccións-servizo-programas.

II. Execución orzamentaria do orzamento de ingresos do exercicio corrente.

II.1. Realización das autorizacións e previsións orzamentarias.

II.2. Conta de rendas públicas integrada.

II.3. Estado de execución do orzamento de ingresos.

III. Estado de residuos de orzamentos pechados.

III.1. Gastos.

III.1.1. Resumo por exercicios orzamentarios.

III.1.2. Resumo por capítulos de gastos.

III.1.3. Resumo por exercicios e seccións orzamentarias.

III.1.4. Resumo por exercicios e capítulos de gastos.

III.1.5. Resumo por capítulos e artigos.

III.2. Ingresos.

III.2.1. Conta de rendas públicas integrada.

III.2.2. Estado de execución do orzamento.

IV. Estado de operacións do tesouro (operacións extraorzamentarias).

IV.1. Debedores.

IV.2. Acredores.

IV.3. Partidas pendentes de aplicación.

IV.4. Movementos internos de tesouraría.

IV.5. Outras contas de relación.

IV.6. Operacións por IVE.

V. Estado de execución de recursos doutros entes públicos.

VI. Estado de depósitos e valores.

VII. Tesouraría.

VIII. Execución orzamentaria consolidada.

VIII.1. Ingresos consolidados por capítulos.

VIII.2. Gastos consolidados por capítulos.

VIII.3. Gastos consolidados por programas.

b) Tomo II: anexo de modificacións orzamentarias e situación dos créditos.

I. Anexo de modificación de créditos do orzamento corrente.

I.1. Resumo xeral por seccións.

I.2. Resumo xeral por capítulos.

I.3. Resumo xeral por programas.

I.4. Resumo por sección-servizos.

I.5. Resumo por sección-servizo-programas.

I.6. Información por sección-servizo-programa-aplicación orzamentaria.

II. Anexo de situación de créditos do orzamento corrente.

II.1. Resumo xeral por seccións.

II.2. Resumo xeral por capítulos.

II.3. Resumo xeral por programas.

II.4. Resumo por sección-servizos.

II.5. Resumo por sección-servizo-programas.

II.6. Información por sección-servizo-programa-aplicación orzamentaria.

c) Tomo III: anexo de execución do orzamento de gastos de exercicios pechados.

Inclúe un detalle por exercicio da execución do orzamento de gastos de exercicios pechados.

d) Tomo IV: anexo estatístico.

I.1. Resumo xeral por seccións.

I.2. Resumo xeral por capítulos.

I.3. Resumo xeral por programas.

I.4. Resumo por sección-capítulos.

I.5. Resumo por sección-servizos.

I.6. Resumo por sección-programas.

I.7. Resumo por sección-artigos.

I.8. Resumo por sección-servizo-programa-capítulos.

I.9. Resumo por sección-servizo-programa-artigos.

Artigo 5. Estrutura da información do Sergas

A información do Sergas estrutúrase nos seguintes puntos:

I. Anexo de modificación de créditos do orzamento corrente.

I.1. Resumo xeral por seccións.

I.2. Resumo xeral por capítulos.

I.3. Resumo xeral por programas.

I.4. Resumo por sección-servizos.

I.5. Resumo por sección-servizo-programas.

I.6. Información por sección-servizo-programa-aplicación orzamentaria.

II. Anexo de situación de créditos do orzamento corrente.

II.1. Resumo xeral por seccións.

II.2. Resumo xeral por capítulos.

II.3. Resumo xeral por programas.

II.4. Resumo por sección-servizos.

II.5. Resumo por sección-servizo-programas.

II.6. Información por sección-servizo-programa-aplicación orzamentaria.

III. Execución orzamentaria do orzamento de gastos do exercicio corrente.

III.1. Resumo xeral por seccións.

III.2. Resumo xeral por capítulos.

III.3. Resumo xeral por programas.

III.4. Resumo por sección-servizos.

III.5. Resumo por sección-servizo-programas.

IV. Execución orzamentaria do orzamento de ingresos do exercicio corrente.

IV.1. Realización das autorizacións e previsións orzamentarias.

IV.2. Conta de rendas públicas integrada.

IV.3. Estado de execución do orzamento de ingresos.

V. Información estatística da execución do orzamento de gastos.

V.1. Resumo xeral por seccións.

V.2. Resumo xeral por capítulos.

V.3. Resumo xeral por programas.

V.4. Resumo por sección-capítulos.

V.5. Resumo por sección-servizos.

V.6. Resumo por sección-programas.

V.7. Resumo por sección-artigos.

V.8. Resumo por sección-servizo-programa-capítulos.

V.9. Resumo por sección-servizo-programa-artigos.

Artigo 6. Estrutura da información do resto de entidades

A información de cada unha das entidades non incluídas nos artigos 4 e 5 desta resolución estrutúrase nos seguintes puntos:

I.1. Anexo de modificación de créditos do orzamento corrente.

I.1.1. Resumo xeral por capítulos.

I.1.2. Resumo xeral por programas.

I.1.3. Información por sección-servizo-programa-aplicación orzamentaria.

I.2. Anexo de situación de créditos do orzamento corrente.

I.2.1. Resumo xeral por capítulos.

I.2.2. Resumo xeral por programas.

I.2.3. Información por sección-servizo-programa-aplicación orzamentaria.

I.3. Execución orzamentaria do orzamento de gastos do exercicio corrente.

I.3.1. Resumo xeral por capítulos.

I.3.2. Resumo xeral por programas.

I.3.3. Información por sección-servizo-programa-aplicación orzamentaria.

I.4. Execución orzamentaria do orzamento de ingresos do exercicio corrente.

I.4.1. Estado das autorizacións e previsións orzamentarias.

I.4.2. Estado de execución do orzamento de ingresos.

I.5. Información estatística da execución do orzamento de gastos.

I.5.1. Resumo xeral por capítulos.

I.5.2. Resumo xeral por programas.

Artigo 7. Obtención da información

A Subdirección Xeral de Contabilidade obterá os datos directamente do sistema contable XUMCO2 utilizando procedementos automatizados.

Todas as entidades incluídas no ámbito de aplicación desta resolución deberán rexistrar as súas operacións contables no sistema contable XUMCO2, atendendo en todo momento aos principios de veracidade, exactitude e celeridade.

As oficinas encargadas de levar a contabilidade en cada unha das entidades son responsables da adecuación da información contable coa situación real de cada entidade así como da veracidade e exactitude dos datos introducidos no sistema.

Artigo 8. Remisión da información

A información obtida de acordo co disposto nesta resolución será remitida ao Parlamento de Galicia antes da finalización do trimestre seguinte a que se refire.

O procedemento para a remisión da información adecuarase á normativa xeral aplicable para a remisión de información da Xunta de Galicia ao Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2016

Almudena Chacón Pichel
Interventora xeral da Comunidade Autónoma