Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25771

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de licitación do contrato de organización das Festas do Cristo do ano 2016.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Barco de Valdeorras, Praza do Concello, nº 2, 32300 Ourense. Órgano de contratación: Alcaldía e determinados actos da Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: servizos. Descrición: organización das Festas do Cristo do ano 2016, de acordo co establecido no prego de prescricións técnicas.

3. Procedemento e tramitación: aberto, ordinaria. Criterios de adxudicación: segundo a cláusula VII do prego administrativo.

4. Valor estimado do contrato: 64.049,59 euros.

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato sen IVE.

6. Obtención de documentación e información: Concello do Barco de Valdeorras, Praza do Concello, núm. 2, 32300, Ourense; teléfono: 988 32 02 02; telefax: 988 32 59 78; Correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org; perfil de contratante: www.concellodobarco.org.

7. Presentación de ofertas: 15 días naturais desde a última das seguintes publicacións: deste anuncio no DOG ou do anuncio de licitación no BOP ou no perfil de contratante, de acordo coa cláusula IX do prego administrativo.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos.

a) Criterios valorables en cifras ou porcentaxes: oferta económica (máximo 50 puntos).

b) Criterios non valorables en cifras ou porcentaxes: máximo 48 puntos.

9. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional segundo a cláusula X do prego administrativo.

O Barco de Valdeorras, 15 de xuño de 2016

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde