Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27202

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 15 de xuño de 2016 pola que se amplía o crédito da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2016 (códigos do procedemento IN412A - IN412B).

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ditou a Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2016 (códigos do procedemento IN412A - IN412B), publicándose no Diario Oficial de Galicia núm. 249, do 31 de decembro de 2015.

O artigo 2 das bases reguladoras da Orde do 28 de decembro de 2015, relativo ao obxecto e réxime das subvencións, considera a opción de que a Administración incremente o crédito orzamentario nos supostos de que se produza unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou ben existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. A publicación da ampliación de crédito deberá facerse polos mesmos medios que a convocatoria, non implicando a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

O artigo 4 das bases reguladoras da Orde do 28 de decembro de 2015, relativo ao financiamento e concorrencia, establece que se destinará unha contía de 1.700.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.20.733A.780.0. para a concesión destas axudas, que terán a modalidade de subvención.

Co obxecto de atender un maior número de solicitudes de axuda considérase necesario incrementar o crédito orzamentario inicial polo que se procede a efectuar unha modificación orzamentaria incorporando crédito na partida 09.20.733A.780.0 por importe de 100.000,00 euros.

Por todo isto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Modificar o artigo 4 das bases reguladoras da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 28 de decembro de 2015, no referente ao crédito orzamentario da partida 09.20.733A.780.0, pasando de 1.700.000,00 euros á cantidade final de 1.800.000,00 euros.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2016

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria