Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33395

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN de erros. ORDE do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Advertido un erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia do mércores 20 de xullo de 2016, é necesario efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 31.517, o artigo 4.6 queda redactado da seguinte forma:

«6. Ámbito temporal de aplicación das subvencións: as axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cadansúa modalidade, que se produzan e realicen entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan nesta orde para cadansúa modalidade».