Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33857

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 8 de xullo de 2016 pola que se constitúe o Colexio Rural Agrupado de Caldas de Reis da provincia de Pontevedra.

Examinado o expediente sobre a constitución do Colexio Rural Agrupado de Caldas de Reis, tramitado pola Xefatura Territorial de Pontevedra e de conformidade co Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria.

En virtude do establecido no artigo 6.3 do devandito regulamento, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Constitución do centro

Constituír o Colexio Rural Agrupado de Caldas de Reis, cos datos que figuran no anexo desta orde.

Artigo 2. Composición do centro

Integrar no Colexio Rural Agrupado de Caldas de Reis os colexios e escolas, que se suprimen como tales, de: EEI de Carracedo (código 36013151), EEI de Godos (código 36013931), EEI de Saiar (código 36013886), EEI de Santo André de Cesar (código 36013175).

Artigo 3. Profesorado

O profesorado de cada unha das escolas agrupadas e aquel que se poida asignar eventualmente integraranse no colexio rural obxecto de constitución.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día 1 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Caldas de Reis.

Localidade: Saiar.

Enderezo: Sequeiros, s/n (36656).

Centro: Colexio Rural Agrupado de Caldas de Reis.

Código: 36024938.

Unidades: 4 unidades de educación infantil.

Localidades

Unidades

EI

EP

Carracedo

1

0

Godos

1

0

Saiar

1

0

Santo André de Cesar

1

0

Postos de traballo

Educación infantil

5

Educación primaria

0

Filoloxía inglesa

1

Educación musical

1

Educación física

1

Pedagoxía terapéutica

0

Audición e linguaxe

1

Departamento de orientación

0

Total postos

9