Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34704

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación para a xestión do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (expediente 120763-301).

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Benestar Social. Nº de expediente: 120763-301.

2. Obxecto do contrato: descrición: as prestacións necesarias para o funcionamento do centro integral de inclusión e emerxencia social sito na rúa Marqués de Valterra, nº 6, e o desenvolvemento dos programas de:

Albergue.

Centro de acollida e inclusión.

Comedor social.

Centro de atención social continuada.

Centro de día de inclusión social.

Unidade de rúa.

Unidade de hixiene.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 4 anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 3.699.766,08 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos, que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, deles. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 12 de agosto de 2016.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: si.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 1 de xullo de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto 19.6.2015 e Acordo 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación