Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43411

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 1 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2016.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 168, do luns 5 de setembro de 2016, realízase a seguinte corrección:

Na páxina 39111, no punto 2.1 do artigo 15, onde di: «... ata 20 puntos.», debe dicir: «... ata 15 puntos.».