Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46919

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do exercicio 2016.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no segundo cuadrimestre do exercicio 2016, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data

sinatura

Importe €

2016

2017

Addenda ao acordo de colaboración, asinado o 20 de maio de 2013, entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Caixa Emprendedor XXI (grupo «La Caixa») para a organización do premio Emprendedor XXI.

6.6.2016

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Fundación Cidade da Cultura de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Redemprendia para a organización do evento «SPIN2016 Creando Cultura Emprendedora» en Santiago de Compostela (Cidade da Cultura de Galicia).

10.6.2016

100.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega (ACRUGA) co fin de acoller bolseiros/as de internacionalización.

4.7.2016

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster do Granito co fin de acoller bolseiros/as de internacionalización.

11.7.2016

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster del Naval Gallego (ACLUNAGA) co fin de acoller bolseiros/as de internacionalización.

11.7.2016

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Industrias Textiles de Galicia-Cointega Clúster Gallego Textil Moda co fin de acoller bolseiros/as de internacionalización.

11.7.2016

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) co fin de acoller bolseiros/as de internacionalización.

11.7.2016

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Bioga-Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida co fin de acoller bolseiros/as de internacionalización.

11.7.2016

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Clúster de Alimentación Ecolóxica de Galicia (AEG) co fin de acoller bolseiros/as de internacionalización.

11.7.2016

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Galega de Moldistas, Matriceiros e Afíns (AGMMA) co fin de acoller bolseiros/as de internacionalización.

11.7.2016

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) co fin de acoller bolseiros/as de internacionalización.

11.7.2016

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) co fin de acoller bolseiros/as de internacionalización.

11.7.2016

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) co fin de acoller bolseiros/as de internacionalización.

11.7.2016

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Working Capital Corporate Finance, S.L. co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

12.7.2016

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster Gallego de la Industria y Servicios de Apoyo al Desarrollo de las Energías Renovables y la Sostenibilidad Energética (Cluergal) co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

13.7.2016

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da «Revista Galega de Economía» no ano 2016.

14.7.2016

7.500,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as Sociedades de Garantía Recíproca Afigal e Sogarpo polo que se regulamenta a achega do Igape á dotación ao Fondo de Provisións Técnicas para a prestación de avais ás pemes galegas.

27.7.2016

4.000.000,00

Convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000,00 €, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Programa microcréditos).

2.8.2016

25.000,00

50.000,00

Convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas e medianas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000,00 €, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Programa de apoio financeiro ás pemes).

2.8.2016

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense e o Instituto Galego de Promoción Económica para Termatalia México.

30.8.2016

50.000,00