Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48719

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2016 pola que se comunica a resolución de asignación de dereitos de pagamento único solicitada ao abeiro da Orde do 18 de febreiro de 2014.

Mediante a Orde do 18 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 37, do 24 de febreiro), a Consellería do Medio Rural e do Mar regulou a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e as axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2014.

O artigo 28 da citada orde dispón que as resolucións poderán ser notificadas mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (en diante, Fogga), segundo o disposto nos artigos 22 ao 26 do Real decreto 1680/2009, e de acordo coa Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 18 de febreiro de 2014, tramitou as solicitudes de dereitos de pagamento único da reserva nacional para a campaña 2014.

Por outra parte, de conformidade co artigo 7.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos do organismo autónomo Fogga, atribuíuse á Dirección do Fogga a potestade de resolver os procedementos de concesión de axudas que se tramiten no ámbito das súas competencias.

Base legal:

Orde do 18 de febreiro de 2014 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2014.

RESOLVO:

Comunicar que, unha vez examinadas as solicitudes de dereitos de pagamento único da reserva nacional para a campaña 2014 segundo a normativa aplicable, o presidente do FEGA resolveu aprobar a concesión dos importes en dereitos de pagamento único indicados ás solicitudes relacionadas no anexo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a presidenta do Fogga, no prazo dun mes de conformidade co disposto no artigo 5.2 do Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, e nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A presentación do recurso poderá facerse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO
Listaxe de solicitudes con asignación de importes de dereitos
da reserva nacional de pagamento único da campaña 2014

Provincia

Nº expediente

CIF/NIF

Solicitante

Importe (€)

A Coruña

152014190443

****7985Z

Muíño Reimúndez, Alejandro

6.570,61

Lugo

272014280950

****6713N

López Fernández, Martín

953,8

Lugo

272014260243

****8541M

Valcarcel Tallón, Miguel

957,85

Lugo

272014570735

****1525V

Núñez Carballo, José Manuel

520,39

Ourense

322014340070

****1307H

Alonso Nieves, Juan Luis

8.027,80

Ourense

322014860197

****7119T

Carracedo Primo, Julio

6.438,14

Ourense

322014850018

****5370C

López Hernández, David

3.787,60

Pontevedra

362014200310

****6161C

Pérez Novas, Antonio Gustavo

662,36