Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 50019

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, da concesión administrativa da xestión integral da praza de abastos da Ponte número 2.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: 2016024511 (ref. 2431).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, da concesión administrativa da xestión integral da praza de abastos da Ponte número 2.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de concesión: oito anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 98350000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: ata 70 puntos.

– Investimento comprometido: ata 10 puntos.

– Modelo de xestión formulado: ata 20 puntos, subdivididos en:

• Horario: ata 5 puntos.

• Modelo de xestión: ata 15 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 450.354,84 euros.

b) Canon mínimo: 37.529,57 euros. IVE: 7.881,21 euros. Importe total: 45.410,79 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: valor do canon dun ano, impostos incluídos.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala na cláusula vixésimo oitava (doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala na cláusula vixésimo oitava (doc. 5) do prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala na cláusula vixésimo cuarta do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: rexistro xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, nº 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, nº 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 28 de outubro de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde