Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2016 Páx. 51342

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de novembro de 2016 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 28 de abril de 2016.

Pola Orde do 28 de abril de 2016, DOG do 20 de maio, regúlase o procedemento para a concesión das axudas económicas para o alumnado que realiza a formación práctica en centros de traballo durante o ano 2016.

O artigo 10 establece que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará o anuncio de exposición das listaxes definitivas das persoas beneficiarias, coa indicación da contía que lle corresponde a cada alumno, no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a exposición ao público das listaxes definitivas dos beneficiarios das axudas concedidas correspondentes ao ano 2016, prazo maio, e nas contías que se indican, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na Consellería de Presidencia, oficina de atención ao cidadán, e nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria