Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete ao trámite de información pública a modificación do réxime de pesca do couto de pesca de Pontevea no río Ulla.

Segundo o disposto no artigo 15.3 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño), a Xefatura Territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Pontevedra somete a información pública o expediente para a modificación do réxime de pesca do couto de pesca de Pontevea no río Ulla, durante un prazo de 15 días.

O expediente está á disposición de todos aqueles que poidan ter interese nel na Xefatura Territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Servizo de Conservación da Natureza, na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 2º, 36003 Pontevedra, ou na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: http://www.cmaot.xunta.gal/, na epígrafe de pesca fluvial.

Pontevedra, 31 de outubro de 2016

Alberto Fuentes Losada
Xefe territorial de Pontevedra