Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o documento preliminar de modificación do Plan de xestión das augas salmoneiras do río Ulla: modificación do réxime de pesca do couto de Pontevea.

O Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño), establece no artigo 68 que as propostas dos plans de xestión dos recursos piscícolas serán elaboradas polos servizos provinciais de Conservación da Natureza. Así mesmo, no artigo 67 do antedito regulamento indícase que estes plans serán preceptivos en augas habitadas por salmón e reo.

Por proposta do Servizo de Conservación da Natureza, a Xefatura Territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Pontevedra resolve someter ao trámite de información pública o documento preliminar de modificación do Plan de xestión das augas salmoneiras do río Ulla: modificación do réxime de pesca do couto de Pontevea, durante un prazo de 15 días.

O expediente está á disposición de todos aqueles que poidan ter interese nel nas dependencias da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (San Lázaro, s/n, 15781), na Xefatura Territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (Servizo de Conservación da Natureza, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 2º, 36003 Pontevedra) e na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: http://www.cmaot.xunta.gal/, na epígrafe de pesca fluvial.

Pontevedra, 31 de outubro de 2016

Alberto Fuentes Losada
Xefe territorial de Pontevedra