Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51491

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2184/2016).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 2184/2016 seguido por instancia de Fogasa contra Pollos Alvariza, S.L., Manuel María Lamas Calvo sobre despedimento disciplinario, se ditou sentenza con data do 17.10.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di:

Resolvemos que desestimamos o recurso de suplicación interposto polo Fondo de Garantía Salarial contra a sentenza de data 25 de setembro de 2015, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, en autos 380/2015, seguidos por instancia de Manuel María Lamas Calvo contra a empresa Pollos Alvariza, S.L. e sendo parte a recorrente, polo que debemos de confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada. Imponse á recorrente a condena en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Pollos Alvariza, S.L. con domicilio en Albariza, 3, Noia e actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza