Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación do apoio técnico na posta en produción dos sistemas desenvolvidos no marco dos proxectos Hospital 2050 e Innova Saúde (expediente MA-SER1-16-041).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: MA-SER1-16-041.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: acordo marco de selección das empresas que poderán optar a executar os contratos para a prestación dos servizos de posta en marcha dos distintos subproxectos desenvolvidos no marco dos proxectos Hospital 2050 e Innova Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: catro anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 72000000-5.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de selección:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Metodoloxía de implantación

0-25

Metodoloxía de desenvolvemento

0-15

Proposta didáctica

0-10

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Prazo de garantía ofertado para os produtos obxecto dos contratos derivados

0-20

Medición do resultado das actividades realizadas nos contratos adxudicados utilizando a metodoloxía COBIT

0-15

Elaboración de vídeo descritivo das actividades realizadas nos contratos adxudicados e os seus resultados

0-7,5

Compromiso de difusión en medios públicos do proxecto e dos seus resultados

0-7,5

Criterios de adxudicación dos contratos derivados:

* Para as ofertas que deban incluír un plan de traballo:

Concepto

Puntuación

Plan de traballo

0-50

Oferta económica

0-40

Prazo total de execución

0-10

* Para as ofertas en que non se inclúa plan de traballo:

Concepto

Puntuación

Oferta económica

0-80

Prazo total de execución

0-20

4. Valor estimado do contrato: 25.000.000,00 euros.

5. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación excluído o IVE, de cada contrato derivado do marco.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver letras f) e g) da cláusula 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 12.12.2016.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2.11.2016.

11. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, fondo tecnolóxico.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos