Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a Resolución do 11 de novembro de 2016 pola que se outorga a Mariscos Ricamar, S.L. unha concesión experimental.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co disposto na Orde do 17 de setembro de 1998 pola que se regula o procedemento para o outorgamento de autorizacións temporais de carácter experimental en polígonos de viveiros de cultivos mariños, mediante a Resolución do 11 de novembro de 2016, da Consellería do Mar, outorgóuselle a Mariscos Ricamar, S.L. unha concesión experimental para a realización dun proxecto de cultivo de mexillón mediante a instalación de liñas de cultivo (long-line) nas cuadrículas 9, 10, 15, 16, 22, 23, 30, 31, 39, 40 e 48 do polígono A do distrito marítimo de Camariñas.

O proxecto foi sometido previamente á avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 13 de maio de 2016. O anuncio foi publicado no DOG núm. 107, do 7 de xuño.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica