Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53061

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 28 de novembro de 2016 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se convocan para o ano 2016 as axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014/2020.

Mediante a Orde do 23 de decembro de 2015 (DOG núm. 247, do 29 de decembro), convocáronse para o ano 2016 as axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

As ditas axudas, en esencia, establécense para mellorar a estrutura produtiva das explotacións agrarias mediante o financiamento de investimentos en plans de mellora para as explotacións agrarias e a incorporación de mozos á actividade agraria en réxime de concorrencia competitiva.

A orde preveu para a medida de creación de empresas para os agricultores mozos (código orzamentario de proxecto 2016 00183) inicialmente un importe de dezaoito millóns de euros (18.000.000).

A orde, no seu artigo 21, prevé a posibilidade de incrementar a dotación orzamentaria con fondos adicionais, polo que se procede a ampliar a medida de creación de empresas para os agricultores mozos por un importe de cinco millóns setecentos mil euros (5.700.000).

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

1. A dotación orzamentaria prevista para as axudas á creación de empresas para os agricultores mozos, convocadas para o ano 2016, de acordo coa Orde do 23 de decembro de 2015 (DOG núm. 247, do 29 de decembro), increméntase no importe de cinco millóns setecentos mil euros (5.700.000) na aplicación orzamentaria 13.03.712B 772.0 (CP 2016 00183). O dito incremento efectúase do seguinte xeito:

– Aplicación orzamentaria 13.03.712B 772.0 (CP 2016 00183), para o ano 2016 en dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000); para o ano 2017 en dous millóns de euros (2.000.000) e para o ano 2018, nun millón douscentos mil euros (1.200.000).

2. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

3. A ampliación e o reaxuste das anualidades previstas no artigo único desta orde non afectan o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 23 de decembro de 2015.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural