Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53603

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 25 de novembro de 2016, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de ampliación do prazo para a presentación de ofertas no concurso de ideas, con intervención de xurado, para a ordenación urbanística da área da Panificadora do Plan especial de protección e reforma interior do barrio histórico (1046/400).

O Consello de Xerencia da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 18 de novembro de 2016, acordou ampliar o prazo de presentación de ofertas ata o 20 de xaneiro de 2017 (inclusive), no concurso de ideas, con intervención de xurado, para a ordenación urbanística da área da Panificadora (expediente 1046/400). Poderanse formular consultas á secretaría do xurado ata o 16 de decembro de 2016 (inclusive).

Vigo, 25 de novembro de 2016

Presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo