Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54477

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Feiras e Exposicións de Ourense

ANUNCIO de licitación para contratar o servizo de montaxe de feiras 2017.

Unha vez que o Comité Executivo, en reunión ordinaria aprobou o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexerán esta licitación, faise público para os efectos da presentación de ofertas por parte dos licitadores interesados.

Entidade adxudicadora: Fundación Feiras e Exposicións de Ourense. Orzamento base de licitación (IVE excluído): 195.000,00 euros.

Páxina web para a consulta de pregos: www.expourense.org.

Prazo para presentar as ofertas: ata quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia. Lugar de presentación: Rexistro da Fundación (Expourense, Finca Sevilla, s/n, 32005 Ourense).

Ourense, 2 de decembro de 2016

Juan Carlos Parada Rúa
Presidente do Comité Executivo