Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54475

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para o sinalamento de aliñacións na N-525, tramo I, núcleo da Susana.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 20 de outubro de 2016, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para o sinalamento de aliñacións na N-525 (tramo I-núcleo da Susana), segundo o proxecto formulado de oficio pola sección de planeamento.

Segundo. Someter o expediente a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.

A documentación sometida a información pública abarcará todos os documentos do expediente tramitado, e incluirá:

– O resumo executivo que exixe o artigo 25.3 do Real decreto lexislativo 7/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

– A resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación ambiental con data do 22 de agosto de 2016, pola que se formula o Informe ambiental estratéxico.

Durante o trámite de información pública, remitirase a modificación inicialmente aprobada a informe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.

Terceiro. En cumprimento do que dispón o punto 7 do artigo 60 da LSG, o Concello trasladará a documentación á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, a fin de que por este órgano se outorgue audiencia aos municipios limítrofes e se soliciten os informes sectoriais autonómicos que resulten preceptivos.

O acordo de aprobación inicial determina ex lege, por aplicación do artigo 47.2 da LSG, a suspensión do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial.

Cuarto. Ao abeiro do previsto polo artigo 85.2 do Real decreto 1812/1994 (Regulamento xeral de estradas), instar, perante o Ministerio de Fomento, un novo procedemento para fixar, no tramo correspondente á ordenanza 11, a liña de limitación de edificabilidade de acordo coa aliñación proposta no PXOM vixente.

O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas. Na páxina web do Concello www.santiagodecompostela.gal, poderase consultar a documentación sometida a información pública.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

O alcalde
P.D. (DEC/3997/2015, do 18 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade