De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril) polo que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia
DISPÓN:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos, a provisión dos postos que se relacionan no anexo desta resolución.
Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Cuarto. As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación á que se refiren as bases desta, presentaranse dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, preferentemente no Rexistro Xeral sito no segundo andar do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (rúa Dr. Ulises Romero, nº 1, 27003 Lugo), ou a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 21 de novembro de 2016
Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos
ANEXO
Denominación do posto: xefe/a de equipo Centro de Saúde de Fingoi |
Núm. de vacantes: 1 |
Denominación do posto: xefe/a de equipo Centro de Saúde de Viveiro |
Núm. de vacantes: 1 |