Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO de corrección de erros do prego de cláusulas administrativas particulares do servizo de axuda no fogar (SAF) e apertura dun novo prazo de presentación de ofertas.

A Xunta de Goberno local, en sesión que tivo lugar con data 22 de novembro de 2016, adoptou o seguinte acordo en relación co expediente de contratación do servizo de axuda no fogar (336/2016).

Primeiro. Rectificar o erro existente na cláusula 16.1, letra a), do prego de cláusulas administrativas particulares, aprobado pola Xunta de Goberno local con data 11 de outubro de 2016, de modo que a letra a) da citada cláusula queda redactada nos seguintes termos:

«a) Prezo ofertado á baixa *: máximo 55 puntos.

A empresa que oferte o prezo/hora de servizo máis baixo obterá a máxima puntuación e as que oferten prezo/hora tipo de licitación obterán 0 puntos. As restantes proposicións valoraranse de xeito proporcional en regra de tres simple.

A puntuación anterior distribúese do seguinte xeito, en función dos distintos tipos de prestacións:

– Hora ordinaria dependencia: máximo 40 puntos.

A empresa que oferte o prezo/hora ordinaria de servizo pola prestación de dependencia máis baixo obterá a máxima puntuación (40 puntos) e as que oferten prezo/hora correspondente ao tipo de licitación obterán 0 puntos. As restantes proposicións valoraranse de xeito proporcional en regra de tres simple.

– Hora ordinaria prestación básica: máximo 10 puntos.

A empresa que oferte o prezo/hora ordinaria de servizo pola prestación básica máis baixo obterá a máxima puntuación (10 puntos) e as que oferten o prezo/hora correspondente ao tipo de licitación obterán 0 puntos. As restantes proposicións valoraranse de xeito proporcional en regra de tres simple.

– Hora extraordinaria (domingos, festivos e sábados a partir das 15.00 h): máximo 5 puntos.

A empresa que oferte o prezo/hora extraordinaria de servizo máis baixo obterá a máxima puntuación (5 puntos) e as que oferten prezo/hora correspondente ao tipo de licitación obterán 0 puntos. As restantes proposicións valoraranse de xeito proporcional en regra de tres simple.

* A valoración do prezo ofertado realizarase excluíndo o imposto sobre o valor engadido.

Nos casos de presentación de ofertas por parte de entidades que estean exentas do IVE pola prestación deste servizo, o prezo máximo será o prezo/hora sen IVE establecido nestes pregos».

Segundo. Dado que xa foron presentadas ofertas tras a convocatoria da licitación, permitir a súa retirada polos licitadores que as presentaron e, de ser o caso, a presentación dunha nova, admitindo que calquera outro empresario interesado, en garantía do principio de non discriminación, poida presentar ofertas.

Terceiro. Abrir un novo prazo de oito (8) días naturais para presentación de novas ofertas contado desde o día seguinte á publicación do correspondente anuncio. Poderá concorrer calquera licitador interesado. Para o inicio do cómputo do prazo de presentación de novas ofertas terase en conta a data en que teña lugar a publicación do último anuncio (Diario Oficial de Galicia (DOG), Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPo) e no perfil de contratante municipal).

Cuarto. Notificarlles o presente acordo ás empresas que xa presentasen oferta e publicar anuncio de rectificación no Diario Oficial de Galicia (DOG), no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPo) e no perfil de contratante municipal.

Quinto. Adopción do presente acordo é competencia da Xunta de Goberno local, en virtude das delegacións adoptadas polo Concello en sesión plenaria do 30 de xuño de 2015, e debe darse conta ao Pleno na vindeira sesión que teña lugar, así como á Comisión Informativa en materia de benestar social.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso administrativo especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, sen que proceda a interposición de recurso potestativo de reposición, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Galicia (segundo proceda, arts. 8 ou 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), e de conformidade co establecido no seu artigo 46. Todo iso sen prexuízo da utilización de calquera outro recurso que considere pertinente. A interposición e tramitación deste recurso especial en materia de contratación suxeitarase ao disposto nos artigos 40 e seguintes do TRLCSP.

Vila de Cruces, 28 de novembro de 2016

Jesús Otero Varela
Alcalde